Vaia día!!

julio 27, 2008 at 2:57 am 11 comentarios

Son as dúas e media da mañá e seguimos currando no Pazo de Congresos. Javier Castiñeiras e Eva Tomé preparando o guión para o acto de clausura; Diego coas resolucións das ponencias, e eu rematando a escaleta. Bueno tamén está Fernando Martínez, ao cal agradecemos pola súa compaña.

O sábado foi moi intenso, e empezou dun xeito bastante gafe. Ás dez e media –media hora antes de empezar- fallaron todas as impresoras –e tiñamos varias-, xusto cando máis falta facían. Pero ao final, e un minuto antes de empezar conseguimos que funcionase unha. Moito me lembrei do anuncio ese da compañía de seguros que di que cando pasa algo, sempre pasa do peor xeito.

Os quilómetros percorridos durante este día foron varios, pois calculade: se Casillas durante un partido da Eurocopa percorría catro quilómetros –aínda non son capaz de entender como- nos hoxe case fixemos o Camiño de Santiago desde Triacastela.

Por eso, entenderedes que non puidese escribir nada e que agora tampouco teña moitas ganas. Ademais, aínda queda algo de traballo.

Un saúdo, e grazas a todos os bloggers que asistiron a este Congreso, e que lograron un éxito na rede; en especial aos compañeiros de Madrid: César Calderón, Dani Casal, Carlos Hidalgo, Verónica Ruíz e José Luis Prieto, ao cal xa temos adoptado como galego.

Anuncios

Entry filed under: Política, PSdeG-PSOE. Tags: , .

Que pasaría?? Grazas a todos!!

11 comentarios Add your own

  • 1. José-Luis Prieto  |  julio 27, 2008 en 10:53 am

    Non, Blas, o agradecemento debe ir en senso contrario. Ademais, eu nunca sentínme no PSM como estou acollido no PSdeG.

    Ah! Noraboa polo traballo organizativo do Congreso que fixestes os mozos do “Equipo O” (de “O” Pino)

  • 2. nieves lema  |  julio 27, 2008 en 11:44 pm

    Noraboa Blas polo traballo destes días, e todas esas horas que tiveches que adicarlle á organización do Congreso.Apertas

  • 3. Dani  |  julio 28, 2008 en 10:11 am

    Animo, noraboa e descansa estes días que o tes ben merecido.

  • 4. Isa Lema  |  julio 28, 2008 en 3:00 pm

    Noraboa Blas, polo traballo ben feito. Así da gusto vir a un Congreso!!! E noraboa tamén ao resto do equipo do Pino. Menuda organizaçao!!!

  • 5. ana  |  julio 28, 2008 en 5:43 pm

    Xa lle dei a miña noraboa a Eva, pero de verdade que foi un pracer disfrutar do congreso, e eu que sei o que é organizar un congreso desas dimensións noutros ambitos, mais que podo deciir que tendes unha capacidade impresinante.
    Valedes moito…

  • 6. Delfín Feal  |  julio 28, 2008 en 6:02 pm

    Era impresionante ver como bulían os da “O”, coma dí José Luis Prieto. Vos tedes a experiencia de ter estado noutros congresos, a miña era a primeira vez, e o máis chamativo para mín foron os SMS para irnos indicando os tempos de plenario e votacións,…e a parte da zoa de encontro na rede había a rede inalámbrica, que permitía escribir dende calquer lugar do Pazo de Congresos, e aproveitei para actualizar o meu software, que a eiba que temos por esta esquiniña de CABANAS é moita. Pero todo se andará
    Ao mesmo tempo, sen estar integrado na sección de Blogger’s, víase unha boa representación, e polo que fun vendo tiveron éxito e agradecemento.
    A pesares de ser reiterativo: apertas e parabéns aos da “O”.

  • 7. Delfín Feal  |  julio 28, 2008 en 6:07 pm

    Tedes que perdoar a miña torpeza co teclado, quixen escribir eiva.
    Xa sabedes, sair dun fin de semán destes, arrancar un luns traballando, e tentar falar en inglés cuns novos veciños que viñeron a tomar un café hai uns momentos, pois…eso que me perdoedes.

  • 8. Diego  |  julio 28, 2008 en 8:37 pm

    Parabéns polo gran traballo que fixestes para que saíra tan ben este 11 Congreso Nacional do PSdeG. O meu recoñecemento e agradecemento a todos os compañeiros e compañeiras que co voso traballo fixestes realidade este Congreso.

  • 9. ITO  |  julio 28, 2008 en 9:21 pm

    Hola compañeiro, supoño que esto leeralo ala polo dia 3 ou 4 de Agosto, cando xa o mundo non che funque na orella, cando a auga do sella che emborrache, e pases a resaca (literal non poetico). O primero he darche a noraboa, e moi raro que se faga todo ben, teñoche que mandar os do tour. Segundo me contou Eva, que cambias de Xefe, mellor dito Xefa. Di no seu blog que espera estar a tua altura, ollo, cando un de arriba de ti di eso, mal rollo, vaiche dar mas caña que o pai de Arturo en Abanqueiro. Como ves, escribo en clave, por que esto dos blogs he o que teñen, que o lees ti e mais ela se quer. Que nada xa che deixo, lein o seu blog, bueno , parte do seu blog, parece unha boa tia, sote os dous. Marchei do congreso as duas e cuarto, por que algo pasara he non me foran votar a min a culpa, sinto non quedar o final e eso que xa estaba ben colocado, una pena, ademais a comida en Treites he “sajrada”. Agora xa sabes quen son he, un saudo amigo.

  • 10. blas  |  julio 29, 2008 en 12:57 am

    Grazas a todos polos vosos comentarios. A verdade é que o equipo da “O” -gustame moito ese nome José Luis- e excelente, aínda que a maioría das veces pasemos desapercibidos.

    Nunca me cansarei de agradecer o traballo e a dedicacións dos meus compañeiros e compañeiras: Eva, Diego, Casti, Fernando, Víctor, Cruz, Chus. Porque, para organizar un Congreso como este é necesario contar cun bo equipo, e eu asegúrovos que na Rúa do Pino hai, ademais de traballadores e traballadoras, hai boas persoas.

    Grazas José Luis, Nieves, Dani, Isa, Ana, Delfín, Diego, ITO -xa sei que es- polas vosa felicitacións, xa que de vez en cando a todos nos gusta que nos den cariño e nos valoren o traballo.

  • 11. blas  |  julio 29, 2008 en 1:02 am

    Fernando, perdoa por esquecerme de ti. Sabes que che aprecio moito, e ti es unha parte fundamental da “O”.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

julio 2008
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: