Grazas a todos!!

julio 29, 2008 at 1:38 am 7 comentarios

Os da "O"

Xa rematou o Congreso, despois de meses de duro traballo o día 27 veuse cumprido un novo reto. Tivemos fallos, pero iso é normal, é como lle dixen a Eva, os fallos son de dous tipos: os que só vemos os que organizamos os actos e os que aprecia todo o mundo. Nós afortunadamente tivemos do primeiro tipo.

A verdade é que o fin de semana foi duro e moi…moi axetreado, pero mereceu a pena os nervios, o “stres”, o cansancio, os quilómetros percorridos polo Pazo de Congresos, as horas roubadas ao sono, as discusións. Todo pagou a pena. Aínda que o peor deste Congreso foron as decepcións que me ocasionaron algunhas persoas pola súa falla de respecto e polo nulo tacto nas relacións humanas, xa que os que non valoran o traballo moito menos son capaces de valorar ás persoas.

Para min o traballo en equipo é fundamental para que as cousas saian ben, porque non existen os superheroes, por iso non me cansarei de agradecer o traballo dos meus compañeiros e compañeiros de RÚA DO PINO -así, en maiúsculas- cada un na súa faceta: Chus, ao teu ritmo, pero cumprindo; Cruz, vales máis do que cres; Casti, que grande es; Diego, sempre preocupado e tan responsable; Víctor, o home tranquilo; Fernando, unha gran persoa e un excelente profesional; Eva, que podo dicir que non che dixera; non quero esquecerme de Xusto, Pauliña e Patricia, nin de Ánxela, que aínda que non estivera –polo seu matrimonio- e parte da equipa (como di Casti). Pero ademais dos da “O” tamén están os que nos botaron unha man durante a fin de semana: Palomi, Mila, Conchi, Bea, Fontenlos, Javi García, Marisa e o marido, Eva, Loli, Ana, Oli, Natalia e a xente de Santiago, os de Vigo, os de Lugo –non poño os seus nomes porque non me lembro-; seguro que me esquezo de alguén, e se é así perdoade. Grazas tamén aos Albertos, sempre está todo OK; á xente de Konkret; á rapaza das fotocopiadoras; e, como non a Manuela e ao persoal do Pazo de Congresos. Moitas grazas a todos e a todas.

Pero ademais das satisfacción polo traballo ben feito, o fin de semana deparoume varias alegrías, as máis importante foron poder ver a tres amigos na nova executiva, tres amigos que son a nova xeración do PSdeG, que son o presente dun Partido polo que merece a pena seguir loitando e traballando. Noraboa Lage, Loli e Iván, merecedes estar onde estades, e máis arriba, pero todo chegará, non me cabe dúbida.

O 11º Congreso rematou, e ábrese unha nova etapa no PSdeG, a cal, espero vivir con intensidade e con ilusión, entregado á causa, loitando polo socialismo e por unhas siglas nas que creo por enriba de todo.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , , .

Vaia día!! Amaral, que grandes!!

7 comentarios Add your own

  • 1. Enrique Castro  |  julio 29, 2008 en 12:07 pm

    ¡ Enhoraboa !

  • 2. frmartinez  |  julio 29, 2008 en 1:54 pm

    O socialismo faise día a día. As siglas constrúense paso a paso. E a realidade do socialismo e das siglas a constrúen as persoas. Con persoas coma ti, Blas, e con todos os/as compañeiros/as, socialismo e PSdeG son o presente e serán o futuro de Galiza.

    Noraboa e grazas polo voso labor.

  • 3. Iván  |  julio 29, 2008 en 5:20 pm

    Mil gracias, Blas, polo teu apoio, polo moitísimo que aprendín nos dous anos que puden traballar ao teu lado e, sobre todo, polo moito que curras por todos nos e por este partido; somos moitos os que sabemos aprecialo.

    Nestes catro anos verémonos seguro con máis frecuencia, porque che prometo que a Secretaría de Deportes vai currar moito, tanto que ao remate do mandato da actual executiva a túa barriguiña e a miña van ser só un leve recordo do pasado.

    Ánimo e moitas apertas 😉

  • 4. Eladio Osorio Montenegro  |  julio 30, 2008 en 2:48 pm

    Que queres que che diga, Blas….
    Un 10 enorme para todos/as. Unha aperta moi grande, gracias por todo e descansade que o merecedes

  • 5. Tamara  |  julio 30, 2008 en 5:00 pm

    A FORZA DO PINO!!!!!!!

  • 6. Nico  |  julio 31, 2008 en 12:10 pm

    Como xa lle ecribín a Eva: BRAVO!!!.
    Agora tomade un descansiño que dentro de pouco hai que sacalo todo…

  • 7. rojillo  |  agosto 4, 2008 en 10:33 am

    Blas, gracias a todos los implicados en la organización del 11º Congreso. Hicisteis que nos sintiéramos entre compañeros y, sobre todo, amigos. Los amigos están siempre ahí. Los “conocidos”, “próximos”, “afines”, son como los taxis, que cuando hay mal tiempo escasean. Hacía buen tiempo en Santiago. Corren buenos tiempos para nuestro partido y da gusto ver la cantidad de compañeros y amigos que nos juntamos para debatir, mejorar estructuras, hacer propuestas y renovar ilusiones… http://www.rojillo.com

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

julio 2008
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: