Archive for agosto, 2008
Loli Rodríguez, intervención no 11º Congreso
Podería falar de Loli Rodríguez Amoroso, a Secretaria Xeral das XSG; podería falar tamen de Loli, a amiga, de Cari. Pero non me chegaría este blog para poñer todo o que penso dela.
Po iso, para que vos a coñezades, par que sepades que é Loli a de Xuventudes, para que a coñezades como política e como socialista recoméndovos que escoitedes e vexades a súa intervención na apertura do 11º Congreso do PSdeG.
Loli, es única, es xenial. E que aprendan eses que din se atreven a xulgar e a criticar á mocidade, eses que o saben todo,…, pero que non entenden nada. Eses profesionais da crítica, que nunca son capaces de lanzar unha proposta positiva.
Amaral, que grandes!!
Non dubidamos este martes, en canto nos enteramos, de ir a ver a Amaral ao concerto que deu en Santiago, concretamente na Praza do Obradoiro. Realmente a espectacularidade do entorno misturado co marabilloso escenario de Amaral presaxiaba unha noite intensa e cargada de boa música, e ao remate da actuación ao mellor caían unhas cantas “copiñas”.
E así foi, o grupo de Zaragoza non nos decepcionou a ningún dos asistentes, e en especial ao noso grupo, o cal era bastante numeroso: Eviña, Diego, Fernandito Martínez, Lage e Loli, Iván e Marta, Marita Wers e Alberto, Mary e Pablo Jartin, Azu, Nacho e Lidia, e creo que ningún máis. A voz de Eva Amaral é sinxelamente divina, e Aguirre toca maxistralmente a guitarra. Fixádevos se debeu de estar ben o concerto, que era asombroso ver a Lage, a Fernando e ao propio Iván dando saltos; confesareivos que Fernando cada vez que daba un salto semellaba o derrubamento da catedral, e é o bo que ten ir con el a un concerto, que cada vez que baila consigue un espazo amplo ao seu redor.
Pois iso, o concerto xenial e moi animado, e Amaral conta cun directo espectacular. Así que se tendes ocasión, non dubidedes en ir a velos.
Comentarios