Archive for septiembre 3, 2008

Carpe diem

Levo un mes de vacacións na blogosfera. Un mes!!. A verdade é que desde que colguei o meu blog na rede nunca estivera tanto tempo sen escribir. É certo!!, estoume volvendo un cibervago; e iso que houbo cousas sobre as que escribir: as olimpiadas, o frustrado adianto electoral, as declaracións de Quintana e Núñez Feijoo –xa parecen os Tonechos cos seus scketchs-, a entrevista a Aznar en El Mundo, o desgraciado accidente do Spanair JK5022, a operación de nariz da princesa Letizia, a visita a Galicia de Zapatero, …. Pero, eu preferín facer folga de dedos caídos e non teclear nada de nada no ordenador.

Pero, que non teclease nin unha soa vocal no ordenador non quere dicir que estivese de vacacións todo o mes, máis ben todo o contrario. As vacacións remataron antes do previsto e a volta á Rúa do Pino adiantouse, por iso me pregunto durante estes días que é iso do síndrome postvacacional. Pero, teño que confesarvos que para min traballar é case unha droga, co cal tampouco é que me queixe, e moito menos este ano, xa que foi unha volta distinta e con moita actividade. Ademais, de iniciar unha nova etapa laboral grazas ás modificacións xurdidas tras o 11º Congreso do PSdeG, no que Mar Barcón pasou a pilotar a intendencia na nave socialista, e iso sempre é un incentivo.

Quero rematar cunha frase, que seguramente coñeceredes, e que a min durante estes últimos días acompañoume a diario: Carpe Diem. Aínda que esto último, non ten demasiada relación co post en xeral, teño a necesidade de compartila. Misi, carpe diem.

septiembre 3, 2008 at 12:54 am 5 comentarios


Calendario

septiembre 2008
L M X J V S D
« Ago   Oct »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.