1502,63 euros

septiembre 14, 2008 at 8:53 pm 3 comentarios

1502,63 euros!!. Esa é a sanción que lle vai a impoñer ao Xuíz Tirado o Consello Xeral do Poder Xudicial, por non executar a sentencia existente contra o asasino de Mari Luz. Que podemos pensar agora os cidadáns da xustiza?. Podemos crer que é imparcial, efectiva, seria, rigurosa; e que se aplica de igual xeito para todos?. Quizais a Xustiza non teña nada que ver neste vergonzoso caso, senón que os culpables son os individuos que a aplican, individuos con tan pouca responsabilidade coma o Xuíz Tirado, ou os tres membros do Poder Xudicial que botaron a favor de impoñerlle este “castigo”.

Non cabe dúbida de que o corporativismo tamén se da no mundo da xudicatura, e non se xulga do mesmo xeito a un todopoderoso Xuíz como se xulgaría a un pobre drogadicto, ou a calquera outra persoa que cometese un delito ou unha falta coma o que cometeu este “honorable” home. En definitiva, ao final non todos somos iguais, senón que case sempre son máis iguais os que máis poder teñen.

Anuncios

Entry filed under: Persoal.

Jueves Casa de tolos

3 comentarios Add your own

  • 1. Rubin de Cendoya  |  septiembre 14, 2008 en 10:44 pm

    Blas, pienso que debieras moderar algo la demagogia.

    Para que no pasen esos casos, casi llegaría con que los políticos le dedicaseis más dinero a la administración da justicia.

    Dada tu responsabilidad política, debieras conocer que en cada juzgado hay montones de papeles viejos sin resolver, esperando un momento libre para darles curso.

    Ese juez sólo tuvo la mala surte de que de un papel de esos miles, saliera el asesino.

    Saude.

  • 2. Pablo  |  septiembre 15, 2008 en 11:17 am

    Aparte de coincidir con Rubín, ao mellor a solución ao problema tamén está aquí, xa que Blas incide niso da “igualdade”:

    “Un enema que elimine de una vez por todas la soberbia y el enchufismo de sus entrañas”. Artigo enteiro en
    http://www.soitu.es/soitu/2008/09/15/tveldescodificador/1221458826_044057.html

  • 3. Delfín Feal  |  septiembre 16, 2008 en 10:06 am

    Miramos segundo nos conveña; a parte de haber montóns de papeis nos xulgados, que sí que os hai, houbo un erro, cunha consecuencia grave, moi grave= MORTE. Ese erro pagarase a precio de saldo.
    Non quero entrar en tópicos: “sempre foi así”, “quen ten plata fode e mata”, “quen fixo a lei fixo a trampa”, “un tápase ao outro”….pero a parte de ver hai que mirar, ou viceversa que xa non sei.
    Lembro hai uns cantos anos, que a un pai de familia por roubar unha galiña caéronlle tres anos de cárcere (roubo con violencia -rotura de porta de galiñeiro-), e aos que roubaron miles de millóns (de euros e das antigas pesetas) eso si, sin romper nada, pagaron a fianza (cos cartos roubados) e están a esperar a que caduquen os expedientes por “defecto de forma”.
    Outro tópico: “..de roubar, roubar dabondo para que dé para todos”…
    Se hai problemas, arranxemolos.
    Saúdos compañeiro.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

septiembre 2008
L M X J V S D
« Ago   Oct »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: