Archive for septiembre 20, 2008

A oitava Festa

Acabo de chegar á casa da Festa d@s Socialistas que celebramos, novamente, en Vilagarcía. Este acto pon o final a dous meses de traballo, pero especialmente a un importante esforzo durante as últimas semanas para preparar que todo saíra ben. E teño que dicirvos que foi un éxito, foi o ano que máis compañeiros e compañeiras acudiron a esta “Festa” que celebra xa a súa oitava edición. Dicíao o propio Secretario Xeral durante a súa intervención, que “foi alá polo 2001 cando lle dicía a Antón Louro que tiñan que organizar unha festa socialista”, e da semente posta en Culleredo en xuño do 2001 chegamos a este ano, onde unhas sete mil persoas acudiron a Fexdega a celebrar este evento que sirve para que nos vexamos e xuntemos xente de Malpica ou de Vilardevós, de O Barco ou de Foz, de Boiro ou de Mos, … E compartamos unha xornada festiva.

Esta Festa -a deste ano- lonxe da polémica xurdida nalgún medio de comunicación, sobre a razón pola que non asistiu Zapatero, foi algo máis que todo iso; foi a culminación a un traballo realizado, a unha xestión ben feita –con erros, seguramente-, pero a unha xestión que fixo cambiar Galicia, e que sobre todo fixo que os galegos e as galegas puidesen comprobar que hai outra forma de facer política e de gobernar.

Respecto á organización da Festa direivos que o éxito débese especialmente aos millerios de compañeiros e compañeiras que acuden a ela, pero tamén ao traballo dos Secretarios Provinciais –Modesto, Lucho, Pachi e Moisés– e dos seus equipos de traballo. Pero, direivos unha cousa, sen a xente da Rúa do Pino, sen os da “O” non sería posible, por iso cando hoxe o Secretario Xeral me deu as grazas a min durante a súa intervención, tamén llas estaba dando a Eviña, a Víctor, a Castiñeiras, a Ánxela, a Cruz, a Chus, a Paula, a Patricia, a Marquiños, …, a todos e todas, que en maior ou en menor medida, participaron na organización da Festa.

Grazas a todos e a todas. E vémonos na próxima festa.

septiembre 20, 2008 at 8:35 pm 11 comentarios


Calendario

septiembre 2008
L M X J V S D
« Ago   Oct »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.