A oitava Festa

septiembre 20, 2008 at 8:35 pm 11 comentarios

Acabo de chegar á casa da Festa d@s Socialistas que celebramos, novamente, en Vilagarcía. Este acto pon o final a dous meses de traballo, pero especialmente a un importante esforzo durante as últimas semanas para preparar que todo saíra ben. E teño que dicirvos que foi un éxito, foi o ano que máis compañeiros e compañeiras acudiron a esta “Festa” que celebra xa a súa oitava edición. Dicíao o propio Secretario Xeral durante a súa intervención, que “foi alá polo 2001 cando lle dicía a Antón Louro que tiñan que organizar unha festa socialista”, e da semente posta en Culleredo en xuño do 2001 chegamos a este ano, onde unhas sete mil persoas acudiron a Fexdega a celebrar este evento que sirve para que nos vexamos e xuntemos xente de Malpica ou de Vilardevós, de O Barco ou de Foz, de Boiro ou de Mos, … E compartamos unha xornada festiva.

Esta Festa -a deste ano- lonxe da polémica xurdida nalgún medio de comunicación, sobre a razón pola que non asistiu Zapatero, foi algo máis que todo iso; foi a culminación a un traballo realizado, a unha xestión ben feita –con erros, seguramente-, pero a unha xestión que fixo cambiar Galicia, e que sobre todo fixo que os galegos e as galegas puidesen comprobar que hai outra forma de facer política e de gobernar.

Respecto á organización da Festa direivos que o éxito débese especialmente aos millerios de compañeiros e compañeiras que acuden a ela, pero tamén ao traballo dos Secretarios Provinciais –Modesto, Lucho, Pachi e Moisés– e dos seus equipos de traballo. Pero, direivos unha cousa, sen a xente da Rúa do Pino, sen os da “O” non sería posible, por iso cando hoxe o Secretario Xeral me deu as grazas a min durante a súa intervención, tamén llas estaba dando a Eviña, a Víctor, a Castiñeiras, a Ánxela, a Cruz, a Chus, a Paula, a Patricia, a Marquiños, …, a todos e todas, que en maior ou en menor medida, participaron na organización da Festa.

Grazas a todos e a todas. E vémonos na próxima festa.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , .

Casa de tolos Falar por falar

11 comentarios Add your own

  • 1. Xoan  |  septiembre 20, 2008 en 9:27 pm

    Noraboa Blas. Estás facendo unha gran labor, que pena que homes coma ti non militen no nacionalismo.

    Gustei moito deste escrito teu:
    “Dudo mucho que Emilio Pérez Touriño ponga la vista entre la militancia socialista para poner en marcha dicha renovación. Aquí en Galicia prima la lealtad a la persona frente a una visión crítica para construir. Aquí en Galicia nadie responde con afirmaciones, aquí se responde con preguntas. Aquí en Galicia los acuerdos se adoptan bajo formas de relación como lo hacen las familias, en casa, en una mesa camilla y con pocos testigos. Aquí en Galicia hubo un cambio de gobierno, un gobierno de progreso, un buen gobierno, si, un buen gobierno. Pero muchas de las connotaciones culturales, rancias y ancestrales de la Galicia de siempre, que es la peor de sus enemigos siguen ahí. Con gobierno de progreso o sin el.

    Yo no he percibido los cambios ni las renovaciones anunciadas. Sin embargo seguiré apoyando a este gobierno de Emilio.”

  • 2. blas  |  septiembre 20, 2008 en 9:36 pm

    Grazas Xoan polo teu comentario e os teus parabéns.

    Sobre o escrito que me atribues, direiche que non é meu. Creo que estás errado no autor.
    Fundamentalmente por dúas razóns: porque non comparto o que aí se pon, e porque eu escribo sempre en galego.

  • 3. Xoan  |  septiembre 20, 2008 en 10:05 pm

    Perdona Blas. Recibín o escrito que te peguei no primeiro post en Abril deste ano e dixeronme que era teu. Ahora comprobei que todo foi un malentendido.
    Quen me remiteu o texto, parece que o sacou de:
    http://www.enriquecastro.net/?p=920
    O de vilagarcia demostra a valia da xente coma tí.
    http://www.europapress.es/galicia/noticia-tourino-erige-pp-partido-moroso-no-reconocer-deuda-galicia-20080920192938.html

  • 4. blas  |  septiembre 21, 2008 en 12:24 am

    Amigo Xoan, hai un refrán que di que “rectificar é de sabios”, e ti fixéstelo e ademais rapidamente.

    Darche as grazas novamente, e invitarche a pasar por este espazo cando queiras.

  • 5. Dordo  |  septiembre 21, 2008 en 1:30 am

    Sí, Blas, sí. Xa ves cómo é a vida: uns de festa e outros a sufrir. Veño dunha reunión na que os veciños de Corrubedo tentamos defendernos da brutal expropiación forzosa ca que a Xunta “socialista” (u-lo socialismo?) nos vai a quitar o noso para agasallar a unha multinacional do peixe. Para nos defender do Plan Acuicola, vaia. Pero claro, iste é o socialismo do rostro inhumano do século XXI: quitárllelo aos máis humildes para llo dar aos ricos. Socializar perdas e privatizar beneficios. Se Pablo Iglesias levantara a cachola!, qué arrepío ver a xente coma vós deturpando a historia do partido da rosa e o puño.
    Que che aproveite a festa, Blas, que non hai mal que cen anos dure nin goberno que non sexa volteado polo pobo.

  • 6. Chis  |  septiembre 21, 2008 en 3:38 pm

    Xa sabes que eu penso que, tendo en conta a cantidade de xente que houbo, e, a pouca axuda que tivemos foi un milagro que todo saíse tan ben….

    Onte confirmoúse que os MIRAGRES EXISTEN….

  • 7. Nico  |  septiembre 21, 2008 en 6:03 pm

    Parabéns Blas, mágoa non poder acudir por outros compromisos,a do ano que ven vai ser máis bonita…teremos aínda máis motivos.

    Un saúdo

  • 8. Eladio Osorio Montenegro  |  septiembre 21, 2008 en 6:15 pm

    Agora hasta fas rimas e todo, estás feito un artista:
    ” xente de Malpica ou de Vilardevós, de O Barco ou de Foz, de Boiro ou de Mos…”

    Espero que sigas durmindo igual de ben logo das loubanzas hacia ti do Presi… 😉

    Noraboa por todo

  • 9. Iván Puentes  |  septiembre 21, 2008 en 6:28 pm

    Noraboa! Hasta que os levamos xa uns cantos actos de partido ás nosas costas, saímos onte de Vilagarcía coas pilas a tope. Había e hai un ambiente de ilusión e de gañas colectivas que é o que sempre precede ás grandes ocasións.

    Apertas, neno!

  • 10. rojillo  |  septiembre 21, 2008 en 11:21 pm

    Pola B: ¡Bravo, Blas!
    Pola O: ¡Olé ós da O!
    Pola V: ¡Viva Vilagarcía!
    Pola Z: …………………….

  • 11. Juan García  |  octubre 11, 2008 en 10:18 pm

    Blas, estas facendo un bo traballo, non te coñezo me parece, algúns dos da “O” que nombras os coñezo fai tempo, non pude estar en Vilagarcía este ano, o ano pasado si estiven, xa sei por compañeiros que estivo moi ben.
    Gostame o teu blog.
    Un saúdo e boa sorte.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

septiembre 2008
L M X J V S D
« Ago   Oct »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

O meu Twitter

  • @xaime Puff!! Non sei eu como vai ese estudo, en Ames hai alomenos dous e non aparece nada pintado no mapa 1 day ago
  • Esta noite sobre as 23.30 h. houbo un incendio en Fraíz, na parroquia de Viduído. Dúas cuadrillas da Xunta, GES... fb.me/3cUZrlMJn 1 day ago
  • RT @policia: En estos momentos, operación policial en #Cambrils ante posible ataque terrorista. ¡Evita estar en la calle! Permanece en cas… 2 days ago
  • RT @policia: 🚩Por respeto a las víctimas y a sus familias, por favor, NO compartas imágenes de heridos en atropello de #Ramblas de Barcelona 2 days ago
  • Esta tarde houbo un incendio forestal perigoso en Aldea Nova que saltou ata Os Batáns. Afortunadamente os medios... fb.me/F9WAJiw1 4 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: