Xuntanza de Bloggers

octubre 11, 2008 at 12:32 pm 3 comentarios

Este mércores 15 de outubro imos a xuntarnos os “bloggers” socialistas galegos. Xa tiveramos unha primeira intentona durante a celebración do 11º Congreso Nacional do PSdeG, pero aquel fin de semana de tolos –digoo polo traballo- foi imposible, aín que un bo número deles tivemos ocasión de saudarnos.

Pero este mércores, esperamos que todos aqueles e aquelas que teñades un blog, e poidades, acudades á Rúa do Pino e charlemos durante un rato sobre a blogosfera socialista en Galicia; e, poñamos cousas en común. Ata o de agora xa algúns e algunhas camaradas xa confirmaron a súa asistencia:

Mar Barcón, Eladio Osorio, José Luis Prieto, Diego Pena, Loli Rodríguez, Fidel Martín, Adriana Viz, Fran Martínez, Nacho Filgueiras, Javier Fariña, Enrique Barreiro, Julian Reina, Isa Lema, María Torres, Andrea Fernández, Delfín Feal, …; aínda que esperamos que asistan moitos e moitas máis.

Lembrade, a xuntanza é o mércores 15 ás catro e media da tarde na Rúa do Pino, e se queredes asistir só tendes que mandarme un mail ou confirmar no Facebook.

Actualizado (13/10/2008). Máis confirmacións: Xabier Pita, Iván Puentes, José Manuel Lage, Tamara Canosa, Eva Tomé (que está a crear un blog), Fernando Bragado, Pedro Armas e Nacho Filgueiras; por agora. Ademáis participarán por vídeo conferencia: Dani Casal e Enrique Vaqueiro que están traballando en Madrid. Por certo, aproveitar para darlle as grazas a Dieguiño -o informático do Pino- porque é o único responsable de que a vídeo conferencia funcione. Grazas Champi!!.

A nova desta xuntanza foi posteada ademais por varios dos convidados e convidadas a esta xuntanza:
Eladio Osorio, Diego Pena, Delfín Feal, Dani Casal, Xuventudes Socialistas de Galicia, Loli Rodríguez.

Ademais, recollen a xuntanza no Galicia Confidencial.

Actualizado (14/10/2008). Seguen chegando as confirmacións por parte dos compañeiros e compañeiras con blog. Que me lembre agora Xabier Carro, Lalo Gómez, varios compañeiros de A Coruña (José Antonio López,Jesús Fernández, Rubén Saavedra, Gloria del Valle, Marta Dopico e Pablo Arangüena).

Ademais escribiron sobre a xuntanza:
Iván Puentes, Socialistas de O Pereiro, Fidel Martín , Javier Fariña e o xornal dixital Código Cero.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , , .

“Una Rosa Blanca” Bravo Fernando!!

3 comentarios Add your own

  • 1. frmartinez  |  octubre 12, 2008 en 6:37 pm

    Ola Blas!

    Por suposto que estarei no Pino para coñecer aos compañéiros/as bloggers e charlar sobre as posibilidades das NTIC nestes novos tempos.

    Precisamente con esa intención elaborei no meu blog unha breve análise sobre o estado da cuestión e unha indirecta serie de propostas posibles de progreso. Un breve post que é un pequeno avance do que me gustaría dicirvos o próximo mércores.

    A todos/as vós, que pasades por aquí, gustaríame que o visitarades e me dixeráde-la vosa opinión:

    http://frmartinez.wordpress.com/2008/10/12/obama-no-ipod-touch/

    Apertas a todos/as.

  • 2. TSSDT  |  octubre 14, 2008 en 6:50 pm

    Boas amigo Blas! Acabo de coñecer o teu blogue, comentarche que non podo acudir ao Pino xa que me encontro traballando, pero dicirche dende aqui que contes co eu apoio para todalas iniciativas do PSdeG-PSOE, ainda que teño as miñas discrepancias no meu concello, sigo e seguirei sendo socialista a todolos efectos. Espero que a reunión consiga os fins previstos. Un saúdo socialista. TSSDT

  • 3. Naceu a Galisfera « Blas García  |  octubre 21, 2008 en 10:56 pm

    […] a Galisfera!!. O pasado 15 de outubro, durante a xuntanza de bloggers socialistas démoslla a coñecer aos asistentes; en principio a intención era mantela en segredo, pero non foi […]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

octubre 2008
L M X J V S D
« Sep   Nov »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: