Consejo Federal de Política Municipal

octubre 24, 2008 at 12:33 pm 1 comentario


Este fin de semana, no noso xa tradicional percorrido por Galicia, tocamos en Vigo (Eva, Víctor e eu). Como di Eva: “parecemos a Panorama”. Onte saímos de Santiago á unha do mediodía é ás dúas estábamos en Ourense nunha comida de Mar e Ricardo cos Alcaldes e Alcaldesas da provincia de Ourense. Por certo, xantou con nós o bo amigo e camarada nesto da blogosfera Eladio Osorio.

Ao rematar de xantar saímos cara a Vigo, ao Hotel Hesperia onde estamos aloxados, e despois cara ao Hotel Los Escudos, no que se celebra este quinto Consejo Federal de Política Municipal. Esta edición trata sobre as políticas de emprego nos concellos, e a organización consta cunha asistencia de medio cento de alcaldes, alcaldesas e concelleiros e concelleiras de toda España.

Hoxe, á unha é a apertura na que estará Emilio –o Presi-, xunto con Abel Caballero e Antonio Hernando –o Secretario de Política Municipal Federal. Ademais durante estes dous días de traballo e debate estarán, por exemplo, Ricardo Varela, os ministros Celestino Corbacho e Elena Espinosa, Pedro Castro (o presidente da FEMP), os alcaldes socialistas da grandes cidades, Paz Felgueroso (alcaldesa de Gijón), Pepe Blanco, etc.

Non cabe dúbida de que vai a ser un fin de semana interesante e productivo, pero sabedes que a min gústame darlle outra óptica a este blog, e do que levamos aquí quero destacarvos dúas cousas. A primeira que estou co compañeiro Dani Casal, blogger de pro que agora está traballando en Ferraz (en Política Municipal); e outra, as magníficas vistas que hai neste hotel, as cales podedes ver no meu Flickr.

Seguireivos contando.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE, PSOE. Tags: , , , , .

Ese fistro de ecoloxista O menú da discordia

1 comentario Add your own

  • 1. Eladio Osorio Montenegro  |  octubre 24, 2008 en 5:57 pm

    Á “Panorama” parecédesvos polos quilómteros que facedes, pero no tema do caché seguro que Moas vos ten algo máis controlados.

    Hoxe saía na prensa que os da “Panorama” nun día de verán pola semana cobran 12.000 € por actuación e que teñen todo ocupado ata final de 2011…

    Quen vos dera ser a Panorama, je, je ;))

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

octubre 2008
L M X J V S D
« Sep   Nov »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: