Sete días sen fumar!!

noviembre 5, 2008 at 12:48 am 4 comentarios

Paquete de Ducados

Mañá fai unha semana que non probo o Ducados. Algo incrible, especialmente para os que están comigo todos os días, xa que creo que ningún deles pensou que puidera aguantar tanto. Eu tampouco, a verdade!!.

Teño que confesarvos que o primeiro e o segundo día paseino mal, Fernando conta por aí que estaba moi irascible. Mentira!!. Pero o que si é certo que houbo algúns momentos que sería capaz de fumarme unha folla dunha planta das que hai polos despachos do Pino. Confesareivos tamén que Eva ten un Ducados gardado por si algún día me da o mono, e necesito unha dose urxente de nicotina, grazas!!

Pero o problema de deixar de fumar é que case gasto máis en caramelos de eucalipto que no propio tabaco, e como me dixo alguén estes días –non me lembro quen foi-: “agora respiras de marabilla, pero vaiche a subir o azucre no sangue”; e é certo, esta semana, entre os caramelos de eucalipto e a abstinencia de nicotina teño os pulmóns abertos a tope.

Non sei o que aguantarei sen volver a caer no vicio do Ducados, aínda que espero que sexa por moito tempo, a última e única vez que o intentei estiven once meses. Tamén sei que non é doado, e sobre todo agora que empeza a pre campaña e a campaña electoral, pero por intentalo que non quede.

Contareivos tamén que a mellor frase que levo escoitado ata o de agora sobre a miña rehabilitación foi de Nerea, a miña filla pequena, que cando llo dixen dille en voz alta a meu pai: “papi deixou de fumar!!, como dirían os italianos, mamma mia!!”.

A.M.

Entry filed under: Barbanza, Boiro, Galicia, Persoal. Tags: , .

DE-MA-GO-XI-A !!! Yes we can. Oxalá!!

4 comentarios Add your own

  • 1. Javier Mazaricos  |  noviembre 5, 2008 a las 3:09 pm

    Moi ben compañeiro, a ver qu exa che facía falta deixalo, polo menos un tempo, xa que era moito o que fumabas. Con un pouco de coraxe aguantarás, xa que eu levo sete anos. Un saúdo

  • 2. Rubin de Cendoya  |  noviembre 5, 2008 a las 8:13 pm

    Bienvenido.

    Ya llevo también unos siete años.

    No sé si es el sitio para contarlo, pero ten presente que no estarás rehabilitado hasta que en lugar de soñar con cigarros, vuelvas a soñar con chicas.

    Salud

  • 3. Fernando  |  noviembre 6, 2008 a las 10:06 pm

    Animo home eu levo 21 ano se levar un pito a boca e non podes imaxinar o ben que se esta sen fumar.
    So o que deixa de fuma sabe o dano que fai o puto tabaco.
    Unha aperta

  • 4. freiman  |  noviembre 11, 2008 a las 10:04 pm

    * Enhoraboa. Non fumo, aínda que fixen “pinitos” sobor de todo ca pipa. Meu pai era coma tí do “Ducados”. Non abusen do azucre, pero por unha tempada mellor iso có tabaco. Iso mata. Meus parabens. ¡Cuidate!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2008
L M X J V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O meu Twitter

  • RT @ConcelloAmes: 💕Animando á solidariedade! A unidade móbil de doazón de sangue estará o 16 e 17 de setembro no #Milladoiro, no cruce da R… 3 days ago
  • RT @ConcelloAmes: 💠Organizamos o XII Campionato de Galicia Absoluto de 5K en ruta, en colaboración con @atletismogalego. 🎽Será o 26 setembr… 3 days ago
  • RT @ConcelloAmes: Reanudamos os programas #Amessan e #Sanauga con novidades❗️ 💚Amessan incorpora baile en liña e bailoterapia 💚Sanauga inc… 3 days ago
  • RT @carlosecue: Dice el Financial Times que la decisión de Sánchez sobre la energía mete presión a otros países de la UE que tienen también… 3 days ago
  • RT @ConcelloAmes: MERC@MES | Mañá 15 de setembro comeza a 2ª fase da campaña de tarxetas bono, até o 15 de novembro. ✨Poderedes adquirir os… 3 days ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: