Archive for noviembre 6, 2008

PSOE Fascistas

ugio_giana

O pasado martes visitaron de madrugada a Rúa do Pino uns impresentables. Uns valentes que só se atreven a actuar con nocturnidade, ás agachadas e coa cara tapada. Uns rapaces que se auto proclaman independentistas e que din que queren que Galicia sexa unha nazón. Pero esta loita á que xogan, ás veces pode resultar perigosa, porque se atreven a poñer bombas , e xa se sabe o que pode pasar con eses “xoguetes” –lémbrome agora da discoteca Clangor de Santiago-.

Estes defensores da Nazón, termo que debe ter a súa orixe na palabra Nazi, xa que intentan impoñernos algo, que eles queren e pensan, a toda costa e pola forza, a pesares de ser unha minoría moi…moi minoritaria.

Pois ben, estes individuos na súa visita á sede Nacional do PSdeG deixáronnos unhas pintadas chulísimas no acceso, ademais de atacar o rótulo da entrada. Individuos que nos chaman fascistas (“PSOE Fascistas”, escribiron), e piden a liberdade dun tal Ugio e Giana, os cales creo lembrar que están na cadea e esperando sentencia por algo tan inocente como poñer unha bomba na sucursal de Caixa Galicia en Santiago, e previamente viaxar nun coche roubado e ter documentación falsa. Bahh!!. Unha tontería!!. Se a culpa ao final é dos represores espanhois.

Anuncios

noviembre 6, 2008 at 9:12 pm 25 comentarios

Fariña, vai por ti!!

Hoxe, como é lóxico e normal, tocaría falar de Obama. Quen non coñece a Obama?. Fai uns meses para aquí é un home tremendamente popular, e máis que o vai a ser, posto que pasou de ser Senador dos Estados Unidos –case nada- a Presidente do que din que é o país máis poderoso do mundo.

Pero eu non vou a destacar, nin loubar as virtudes de Obama, xa que o máis doado nestes intres é falar ben del, e subirse ao carro exitoso deste político ao que fai algo máis dun ano a maioría dos que escribimos del non tiñamos nin idea de quen era.

Eu hoxe quero falar de Javier Fariña, e quero falar del porque foi o primeiro que me falou dun Senador negro que se chamaba Obama, e que era un crack. Segundo Xavi, ía a chegar lonxe. Pero esto díxomo fai catro ou cinco anos –non lembro ben a data exacta-. Faloume da súa brillante intervención na convención demócrata e da súa traxectoria ata ese momento.

Fariña non é ningún vidente, nin ningún visionario, é sinxelamente un rapaz ao que lle gustan cousas que a outros lle pasan desapercibidas ou simplemente non lle interesan; en ocasións eu lle teño dito que é algo friki. Pero quen de nós non ten algo de friki?. Pero nesta ocasión creo que merece unha mención especial e un recoñecemento, xa que el veu algo fai anos nun tal Obama, que ninguén tiña visto. E cando agora todos e todas falan de Barack, como se cease nas súas casas todos os fins de semana, hai uns meses se lle preguntan por ese nome, moitos dirían que é un xogador da NBA, ou un actor de Hollywood.

noviembre 6, 2008 at 1:01 am 2 comentarios


O máis ollado

Calendario

noviembre 2008
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.