Fariña, vai por ti!!

noviembre 6, 2008 at 1:01 am 2 comentarios

Hoxe, como é lóxico e normal, tocaría falar de Obama. Quen non coñece a Obama?. Fai uns meses para aquí é un home tremendamente popular, e máis que o vai a ser, posto que pasou de ser Senador dos Estados Unidos –case nada- a Presidente do que din que é o país máis poderoso do mundo.

Pero eu non vou a destacar, nin loubar as virtudes de Obama, xa que o máis doado nestes intres é falar ben del, e subirse ao carro exitoso deste político ao que fai algo máis dun ano a maioría dos que escribimos del non tiñamos nin idea de quen era.

Eu hoxe quero falar de Javier Fariña, e quero falar del porque foi o primeiro que me falou dun Senador negro que se chamaba Obama, e que era un crack. Segundo Xavi, ía a chegar lonxe. Pero esto díxomo fai catro ou cinco anos –non lembro ben a data exacta-. Faloume da súa brillante intervención na convención demócrata e da súa traxectoria ata ese momento.

Fariña non é ningún vidente, nin ningún visionario, é sinxelamente un rapaz ao que lle gustan cousas que a outros lle pasan desapercibidas ou simplemente non lle interesan; en ocasións eu lle teño dito que é algo friki. Pero quen de nós non ten algo de friki?. Pero nesta ocasión creo que merece unha mención especial e un recoñecemento, xa que el veu algo fai anos nun tal Obama, que ninguén tiña visto. E cando agora todos e todas falan de Barack, como se cease nas súas casas todos os fins de semana, hai uns meses se lle preguntan por ese nome, moitos dirían que é un xogador da NBA, ou un actor de Hollywood.

Anuncios

Entry filed under: Persoal, Política. Tags: , .

Yes we can. Oxalá!! PSOE Fascistas

2 comentarios Add your own

  • 1. farinaperez  |  noviembre 6, 2008 en 12:20 pm

    Xa sabes, estás invitado a unha mariscada…. jejjejejej.
    Recordoume Fran o outro día que no 2004 cando descubrimos Obama falamos dunha candidatura de Hillary Clinton presidenta e Obama como vicepresidente, naquel momento era un castelo no ire, pero pecamos de pesimistas, manda carallo.

    Non somos videntes, nin eu nin ti nin nadie, simplemente cando miras as cousas e te paras a pensar tes mellores datos para facer pronósticos, aínda así fallas moitas veces. Realmente ti tamén fas bos pronósticos porque eres eficiente no teu traballo, eu aínda recordo cando antes das municipais dixeches que o Partido Socialista ia conseguir as alcaldías de Padrón e Dodro e me quedei cunha cara de “!comooo!” pero de que fala Blas, incluso pensei que era unha broma que me xogaba o Blas.

    Nada o da mariscada era de broma ehhhh?

  • 2. freiman  |  noviembre 11, 2008 en 9:58 pm

    * Veremos que sucede a partires do 20 de Xaneiro. Bush, ó diaño, deixa un país un mundo en descomposición. En EE.UU. hastra ós “paletos” chegan a Presidente. O “país máis rico” non ten Sanidade universal, nin outras axudas ó modo Europeo. A Guerra de Irak foi una venganza dun tolo pra restablecer á honorabilidade de seu pai. En Afganistán, onde morreron nas últimas horas soldados españois, non ai un coordinación axeitada é uniforme pra poñer a andar ó país. Non aí que olvidar que foron ós “usacos” quenes armaron ós talibáns frente ós soviéticos. Tampouco aí que olvidar que son ós “usacos” quenes arman ó Estado de Israel, con isto non quero manifestarme en contra dos xudeos, de relixión. Os “sionistas” son “terroristas”. Quen esté interesado que lea ha historia do nacemento do Estado hebreo có placet da ONU.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2008
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: