PSOE Fascistas

noviembre 6, 2008 at 9:12 pm 25 comentarios

ugio_giana

O pasado martes visitaron de madrugada a Rúa do Pino uns impresentables. Uns valentes que só se atreven a actuar con nocturnidade, ás agachadas e coa cara tapada. Uns rapaces que se auto proclaman independentistas e que din que queren que Galicia sexa unha nazón. Pero esta loita á que xogan, ás veces pode resultar perigosa, porque se atreven a poñer bombas , e xa se sabe o que pode pasar con eses “xoguetes” –lémbrome agora da discoteca Clangor de Santiago-.

Estes defensores da Nazón, termo que debe ter a súa orixe na palabra Nazi, xa que intentan impoñernos algo, que eles queren e pensan, a toda costa e pola forza, a pesares de ser unha minoría moi…moi minoritaria.

Pois ben, estes individuos na súa visita á sede Nacional do PSdeG deixáronnos unhas pintadas chulísimas no acceso, ademais de atacar o rótulo da entrada. Individuos que nos chaman fascistas (“PSOE Fascistas”, escribiron), e piden a liberdade dun tal Ugio e Giana, os cales creo lembrar que están na cadea e esperando sentencia por algo tan inocente como poñer unha bomba na sucursal de Caixa Galicia en Santiago, e previamente viaxar nun coche roubado e ter documentación falsa. Bahh!!. Unha tontería!!. Se a culpa ao final é dos represores espanhois.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Política, PSdeG-PSOE, PSOE. Tags: , , , .

Fariña, vai por ti!! Moción de censura en Mos?

25 comentarios Add your own

  • 1. Juan José Milego Fernández  |  noviembre 6, 2008 en 10:29 pm

    Non é o primeiro nin sera o ultimo. Os nacionalistas amosan as agachadas os seus sentimentos mais radicais. Unha mostra ven clara son estas pintadas as cales repitense en varios concellos. O chantaxe politico, o desprestixio institucional ou personal cando e donde conven, son armas dos que queren inpoñer a razon por riba do sentido comun.
    A magoa e que lle damos alas.

  • 2. Remixio  |  noviembre 6, 2008 en 11:32 pm

    Home, Juan José, dentro dese termo “nacionalistas” que ti usas con carácter tan xeral e acusatorio hai tendencias moi distintas, como seguramente sabes. Os nacionalistas de AMI e toda esa trapallada Ugio-Giana non teñen moito que ver cos nacionalistas de Quintana, paréceme a min, cando menos nos seus medios para alcanzar uns fins que si poden ser parecidos. É como se a nós, por ser socialistas, nos metesen no mesmo saco que a Pol Pot ou Mao-Tse-Tung, que tamén se reclamaban desa tradición.

  • 3. Anonadado  |  noviembre 6, 2008 en 11:38 pm

    Eu son independentista e non me sinto preto desa xente. Condénoa tanto ou máis ca vostede.
    Comprendo o seu enfado, pero non que aproveite para soltar unha do calibre “Nazón, termo que debe ter a súa orixe na palabra Nazi”. “Nazón” tamén aparece no himno de tódolos galegos.

    E que Galiza sexa unha nación non é un querer, nen un desexo, é unha realidade que hai que recoñecer oficialmente, e democráticamente(obviamente)

  • 4. Pablo José Maseda Rubal  |  noviembre 7, 2008 en 10:19 am

    Amigo Juan José, non confundas nacionalismo con un paisano con un “esprai”, ademáis decirche que os nacionalistas nunca estivemos precisamente “ás agachadas”.

  • 5. xiabre  |  noviembre 7, 2008 en 11:08 am

    Creo que darlle publicidade a estos “breves” que escreben polas paredes coma quen pinta unha porta de vater, é darlle demasiada categoría. Actuan coma descerebrados borrachos de fin de semana.
    Si hai “graffiteiros” con peor mensaxe no mundo que estos , eu non os coñezo, agora as súas “mensaxes” son
    do mesmo calibre que aquelas outras que eu leía cando era moza e que asinaban os “Guerrilleros de Cristo Rey”.
    ¡Que pouca distancia hai entre uns e outros!

  • 6. Dani  |  noviembre 7, 2008 en 11:20 am

    Alguns impresentables parecidos fixeron o mesmo na sede de Moratalaz e nas pasadas eleccions romperon os cristais, que vida mais comoda ten que ter alguns para ter tempo de sair a debuxar pola noite e que os unicos temas de preocupación sexan istos .

    Todo o noso apoio. Abrazos

  • 7. José Manuel Lage  |  noviembre 7, 2008 en 1:15 pm

    Unha anécdota que non debe deixarnos indiferentes. O PSOE combatiu e combate ós fascistas. Tamén a aqueles “fascistas” que actúan a través da violencia, como é o caso da bomba na sucursal de Caixa Galicia en Santiago.

    Nós creemos no estado de dereito e polo tanto nun sistema garantista e democrático, no que cando se comete un delito e se proba xudicialmente iso ten consecuencias.

    Os nacionalistas sexan nacionalistas españois ou nacionalistas galegos están inseridos a través de organizacións políticas no sistema democrático, co cal non convén confundirse de debate, e mezclar ós aprendices da “kale borroka” coas organizacións políticas democráticas.

    Galicia como País é unha realidade política e social con características propias dentro dun Estado que se chama España. Unha nación de nacións, un estado plurinacional, o que queirades …

    En todo caso amigo Blas non precisamos deles para defender que Galicia é unha nación porque podemos facelo dende o noso partido, dende as nosas propostas, dende a nosa presencia institucional, e dende a forza do socialismo galego.

    Este tipo de comportamentos, en todo caso, son reprobables e súmome ó teu sentimento, amigo Blas.

  • 8. xerardo  |  noviembre 7, 2008 en 3:35 pm

    Non cre que se deberían nacionalizar as eléctricas ante de consentir subas do 31%?
    Unha aperta
    Xerardo

  • 9. benito  |  noviembre 7, 2008 en 10:00 pm

    El facismo, siempre creó el malestar, llamando facistas a sus contrarios para que así devirtuar su propia veguenza, como dice el refrán, “el ladrón piensa que todos son de su condición”

    Pero eso no es lo importante, lo que verdaderamente importa es la situación actual.
    Mientras amparamos a banqueros con los reguardos, éstos siguen cobrando salarios millonarios, sin que le importe muchos los parados que halla, o las electricas piden subas astronomicas mientras éllos despilfarran el dinero en salarios de sus ejecutivos o inversiones ficticias, hay que pensar en la medida de hacer mixtas las empresas para que halla control.

  • 10. kotty84  |  noviembre 7, 2008 en 11:12 pm

    PP es facista no Psoe

    http://chinuka.wordpress.com/

  • 11. freiman  |  noviembre 7, 2008 en 11:19 pm

    * Tolos aínos en todo-los lados, maís ós tolos aí que controla-los. Galicia ou Galiza é de por sí unha nación ou nazón. Outra cousa é ó que algúns predican que é: Galicia nación independente. ¿A onde imos con iso? A ningures.
    Recordo ala po-la etapa da transición que algúns do BNG que calzaban zocos, estiveron de moda, daban couces por debaixo dasmesas cando non comulgabas con eles. Desta etapa tamén coñezo a Ánxo Guerreiro, progresista de aquela maneira.
    Polo demáis non me parece acertada á comparación de “Nazón” con “Nazi”. Eiquí, Blas, te pasaches.
    Ós politícos deben ser honrados e parece-lo. Nestres intres ós do BNG, xa se ve ó que acontece coa Ánxela Bugallo, están de capa caída. É coa “In-dependencia” da “Lei de Dependencia” máis. Hoxe na Residencia Asistida de Maiores de Oleiros iban guindar un chea de comida tras celebrar a “Festa do Magosto”. A dependencia deixa moito que desexar.
    Aproveito pra comentar ó tema da proposta de incremento do 31 % no recibo da luz (voltaxe/amperios). Me parece excesivo pero… cos Gobernos de Aznar conxelaron ás tarifas é iso pasou ó debe. Alguén tera que pagalo. Canto máis se pospoña máis habrá que pagar.
    Fai unhas semáns, unha mulleriña afirmou a idea de outro respeuto de non pagar impostos. Eu lle dixen: Ten razón señoriña, ninguén debería pagar impostos, pero… daquela que lle paga ós soldos ós mestres, ós médicos, que fai ás estradas,… A mulleriña non tardou nin cinco minutos en huir do lugar.
    Un saúdo.

  • 12. Rubin de Cendoya  |  noviembre 7, 2008 en 11:37 pm

    Blas, ánimos. Ojalá sepáis sacar las consecuencias debidas del asunto.

    El totalitarismo nacionalistas tiene esas cosas, y ahí estáis muy cerca de ellos.

    Ojalá alguien reflexione y se replantee alianzas indebidas.

    De momento tenéis la ventaja de que aún no matan.

    Saludos

  • 13. Jose Luis  |  noviembre 8, 2008 en 7:43 am

    Si el PP es fascista, ¿por qué se le critica cuando no pacta con el Gobierno ZP? ¿Cuando no le dice amén? Si es fascista, de verdad, se pasa de él y a otra cosa… O no es fascista, o lo es sólo cuando y para lo que al PSOE le interesa. Si el PSOE es fascista, ¿Por qué cojones hay bipartito?. Y, de paso, ¿si los del BNG son antifascistas, pero tienen tendencias fascistas -al parecer, BLOG dixit-, ¿por qué no se van a un psiquíatra, a ver si se soluciona tanta esquizofrenia?

    Menos insultos, menos “cordones sanitarios”, más colaboración.

    Y, si no, ¡Insurrección tributaria!!

  • 14. Nicolás Susena  |  noviembre 9, 2008 en 1:47 pm

    Estimado/a:

    Desde nuestro blog “Color Esperanza” deseamos enlazarnos a tu blog. Enlázanos y déjanos un comentario en nuestro blog para que te enlacemos a ti también.
    http://www.coloresperanza.tk

    Saludos,
    el coordinador

  • 15. Oubiña presidente  |  noviembre 9, 2008 en 10:49 pm

    Estou con Juan José, aínda que habería que puntualizar o contexto, os seus comentarios reflicten o modus operandi do seu entorno local, basta con asistir ós plenos que el frecuenta. Sen embargo, as pintadas son ferramentas febles, sen importancia. Olvidémonos das pintadas, máis ainda cando un panadeiro (non de pan por suposto) reconvertido a político resulta elixido (democráticamente, esto é o peor) para dirixir o seu partido no ámbito local. Vexamos máis aló das pintadas.

  • 16. Encarna  |  noviembre 12, 2008 en 12:17 am

    Blas no le dés mas importancia siempre que solo sean pintadas. Ya sabemos que algunos les molesta que Galicia cambiase de gobierno pero eso es lo que realmente importa que por fin Galicia pueda ser gobernada por el PSOG.

  • 17. Estanis  |  noviembre 12, 2008 en 4:54 pm

    Nada que no supieramos, aunque veo un poco sensacionalista la notica…
    Visto desde ese punto de vista.. ¡Buen Trabajo!

    Saludos !!!

  • 18. Millan Fernandez  |  noviembre 16, 2008 en 7:17 pm

    Os fascistas son os intolerantes e os que empregan violencia, do tipo que sexa, contra quen pensa diferente. Pero creo que non se debe de mezclar a esta xente con nacionalistas, nin con nazis, nin caer nas trampas semánticas e simbólicas do nacionalismo español….(simplemente loitan contra os seus fantasmas, o seu medo, os seus mitos ou canalizan a sua condicion marxinal, social ou intelectual, por esta vía…)
    Que Galicia/Galiza é unha nación(cultural e política) para min é algo incuestionable, e milito no PSdeG. E non me considero nin nazi, nin violento, nin nada parecido…Supoño que coma min hai moita xente. Trátase de tender pontes e de convivir nunha realidade plural en termos de identidade como é o noso país, chamémoslle Galiza ou Galicia.
    Por outra banda, as pintadas e quen as fixo descalificanse por si soas. Non merecen nin comentalas porque vese que é obra de individuos bastante obtusos e que probablemente nunca leron máis dun ou dous panfletiños.

  • 19. Un Gallego  |  noviembre 16, 2008 en 9:49 pm

    Pois non vexo de que outra maneira se poden facer pintadas deste tipo, este eu mais ou menos en desacaordo con elas, si non é de noite. Si as fas de día igual che hinchan a cara de ostias, non hay que olvidar de que a orden é dada por os cargos que son do PSdG (Ameijeiras e os Subdelegados). Non fai moito en Camariñas nunha manifestación na apertura de campaña do PSdG nas xerales tivemos a mostra , 200 manifestantes contra o plano acuicola e 200 axentes coma roupeiros.
    Non creo que sexa tampouco esta a maneira de actuar duhn goberno que se chama a si mesmo de esquerdas, e ten por bandeira escoitar ao pobo.Por non falar de que o Presidente Touriño debiu de coller medo, senón ¿pra que mercou un blindado?,¿medo a quen?.
    Deberiades de escoitar un pouco mais a xente que vós vota, esto das pintadas sempre as houbo, e sempre as facian os mesmos (entre os que me incluyo) , os das esquerdas.

  • 20. O Lord protector do GdeB  |  noviembre 24, 2008 en 1:25 pm

    Vaia, vaia…A ninguén importalle a estética urbana ?

  • 21. xan  |  noviembre 25, 2008 en 9:18 pm

    salud y republica

  • 22. MANUEL POMBAL  |  noviembre 26, 2008 en 7:55 pm

    S.O.S.

    MOCION DE CENSURA EN MOS. SERA PRESENTADA O VINDEIRO VENRES.

    ESTES SI QUE SON PELIGROSOS. PASANSE A DEMOCRACIA POLOS FORROS E A DEMOCRACIA DEIXASE.

    DEIXASE, O PERMITIR QUE UN NON ADSCRITO “QUE ERA NOSO”, SE LEVE A SUA ACTA DE CONCEJAL.

    P.P. …………….BLACK MONEY …………………. FOREVER.

    ¿DEIXARA NUÑEZ FEIJOO QUE SE ENGANE A DEMOCRACIA?

    UN SAUDO SOCIALISTA E PERDONA PORQUE O TEMA NON TEN MOITO QUE VER CO TEU.

  • 23. Moción de censura en Mos? « Blas García  |  noviembre 27, 2008 en 12:06 am

    […] un comentario ao blog dun compañeiro de Mos, no que anuncia para o próximo venres a presentación dunha moción de […]

  • 24. Mosbilízate contra a moción « Blas García  |  diciembre 4, 2008 en 2:59 pm

    […] vos falei, e anticipei (grazas a Manuel Pombal) a moción de censura que o Partido Popular ía a poñer en Mos. E eu creo, que sempre que se […]

  • 25. Froxán  |  diciembre 6, 2008 en 11:01 pm

    O de Mos é un negocio máis do P.P.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2008
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: