Mosbilízate contra a moción

diciembre 4, 2008 at 2:59 pm 8 comentarios

mos

Xa vos falei, e anticipei (grazas a Manuel Pombal) a moción de censura que o Partido Popular ía a poñer en Mos. E eu creo, que sempre que se produce un feito tan repugnante como este, intentar rematar cun goberno elixido polos cidadáns, grazas ao mercadeo de vontades (e votos), é dicir, a un indivíduo que se deixa mercar, e a un partido político que paga, non nos podemos quedar quietos, e temos que amosar alomenos o noso malestar.

Por tal motivo, invítovos á mobilización, tanto na rede como a asistir o vindeiro sábado 6 a Mos a amosar a vosa protesta en Mos.

Nunha carreiriña creei esta imaxe, que vos invito a poñer na vosa web e a escribir un post de rechazo a esta moción e a outras que se poidan producir. Ata o de agora en Galicia producíronse dúas mocións de censura con tránsfugas (Calvos de Randín e A Pobra de Trives), e as dúas auspiciadas polo Partido Popular con tránsfugas socialistas.

Sobre a moción de Mos vouvos a dar uns datos que amosan o estilo e a forma de actuar do Partido Popular e do seu presidente, tanto en Pontevedra como en Galicia:

Como podedes comprobar neste blog a moción de censura de Mos tiña data desde fai tempo, e a data non é por casualidade, senón para que coincidira con Núñez Feijoo fora de Galicia (de paseo por Arxentina) para así non ter que posicionarse sobre este tema, e intentar amosar que el non ten nada que ver.

A candidata á alcaldía de Mos é Nidia Arévalo, que foi deputada provincial na lexislatura pasada e na actualidade cargo de confianza do presidente da Deputación de Pontevedra e tamén do PP na mesma provincia, Rafael Louzán, ao que acompaña tamén como membro do comité executivo do Partido.

As declaracións do vicepresidente da Deputación de Pontevedra e vicepresidente do PP, Chema Figueroa, que lle dou cobertura argumental e “están lexitimados para gobernar o Concello de Mos”, dixo. Co cal defende e auspicia de xeito claro e manifesto a moción. Que se saiba polo de agora o PP aínda non desautorizou ao seu representante político.

Datos da concentración:
Sábado 6 ás 12:00 horas
Fronte ao Pavillón Óscar Pereiro
Petelos-Mos

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Política, PP, PSdeG-PSOE. Tags: , , , , .

Candidato a Presidente Desde a Blackberry

8 comentarios Add your own

  • 1. jandrescm  |  diciembre 4, 2008 en 4:01 pm

    por suposto

  • 2. Luis Valcarce  |  diciembre 4, 2008 en 5:46 pm

    Digo yo que irá siendo hora de hacer algo con el pacto antitransfuguismo, aunque sea darlo por roto.

  • 3. freiman  |  diciembre 4, 2008 en 6:27 pm

    * ¿Por qué se da ó transfuguismo? Hai dous motivacións principais: 1) por interese persoal e particular e 2) por estar en contra das directrices do grupo ou partido. Sen aprobar ó transfuguismo, e reixeitando a primeira a segunda ten algunha lexitimidade, aínda que se pode rebatir votando man á que a política a fan ós partidos ou grupos. Os Concelleiros non son elexidos nominalmeente senón nunha lista pechada. Aínda que está lista fose perchada, dentro dela debería ser aberta, pra que ós ciudadáns votasen a quen consideásen mellor, algo así como o que se fai pra O Senado.
    Os partidos e grupos deben ter moi claro que o transfuguismo perxudica principalmente a que ó exerce e a quen se sirve del e o aplaude. En este caso ó PP.
    Eu son crítico co PSdeG e algúns dos seus persoeiros máis mentras non vexa o contrario votarei por Touriño a veces que falla falta. Por certo, teño que pasar a comunicación a Arxentina, xa que ó interés dos galegos debe ser que sexa elexido Touriño.
    Sobre desto habría que falar. A conto de qué os fillos/netos e galegos votan é deciden que Goberna en Galicia. Xa ós axudamos dende aquí e non abonan impostos. Somos nós ós que abonamos ós impostos, pero parece que elles, ós de aló, van a decidir co seu voto. ¿Qué pasa cos galegos que por traballo están no mar? ¿Qué pasa cós emigrantes, fillos e netos de galegos do Estado Español? ¿Non teñen o mesmo dereito ós galegos do País Vasco, Catalunya, Asturies, País Valencia, etc. pra votar coma ós que están en Arxentina, Uruguay,… Núñez Feijóo vai facer, ágora dende a oposición, propaganda e promesas a conta dos galegos do interior, dos que estamos en Galicia. O voto dun galego da diaspora val máis co de un do interior.
    Outro troco que debería haber é ó das demarcacións ou circunscripcións eleitorais. Deberían comarcalizarse: Un que vive en Frades sabrá que é quén de oidas, pero ós da Coruña sabremos mellor que é o Sr. Losada ou a Sra. Marón ou Barcón.
    Un saúdo,

  • 4. Axouxere  |  diciembre 4, 2008 en 11:37 pm

    En vez de laiarvos tanto o que tendes que facer e mirar a quen metedes nas listas. Porque se metedes a xente deshonesta despois non vos podedes queixar de que vola xoguen.

  • […] Mosbilízate contra a moción […]

  • 6. polo » Blog Archive » Mosbilízate contra a moción  |  diciembre 5, 2008 en 3:15 pm

    […] Leia mais direto na fonte: blasgarcia.wordpress.com […]

  • 7. Encarna  |  diciembre 6, 2008 en 5:22 pm

    Se repite lo de siempre con el P.P. ya sabemos lo que pasó en Sada no hace tanto tiempo, es vergonzoso en los tiempos que corremos aun existan estos transfugas y que un partido politico quiera quitar tajada en el asunto.

  • 8. Froxán  |  diciembre 6, 2008 en 11:12 pm

    Está claro non é solo corrupto quen se deixa comprar sinon tamen quen fai a compra, e ainda é máis quen o consinte.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

diciembre 2008
L M X J V S D
« Nov   Ene »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: