Archive for diciembre 14, 2008

É moito o que nos xunta

Non foi un acto calquera, foi o gran acto. Foi a proclamación!!. Fai varios anos que tiña gañas de abrir os dous auditorios do Palacio de Congresos para facer un mitin, sabía que as imaxes e a sensación ía a ser espectacular. E ao final puidemos facelo. Comentábame esta semana a Directora do Palacio, que ela cree que se abriron os dous auditorios nunha ocasión, fai xa moito tempo.

Fai unhas semanas que o PP fixo un acto no mesmo sitio, pero só no auditorio grande, e dixeron que meteran alí sete mil persoas. Que esaxerados!!, -por non dicir mentireiros-; xa que de ser así, nós entón, con todo o Palacio aberto, metemos dez mil persoas, aplicando a mesma proporción. Pero, escapando da guerra de cifras, porque iso é o de menos, este acto foi sobre todo espectacular: moita imaxe e colorido, moita música, moita xente e moi animada, e unha boa intervención de Emilio Pérez Touriño, que debullou os logros do seu goberno durante esta etapa de cambio que se desenvolveu en Galicia.

Hoxe é un deses días nos que un se sinte orgulloso do seu traballo, e dos compañeiros e compañeiras que ten. Como é habitual, na organización destes actos está moita xente, pero o éxito foi debido a persoas como Aceña, Luismi, Sergio, Tere, Rocio, Eloy, …, e como non, os camaradas da Rúa do Pino, os da O, que sempre están nos éxitos: Eva, Víctor, Diego, Castiñeiras, Marquiños, Chus, Cruz, Ánxela, Paula, Patricia, Xusto, …

É moito o que nos xunta, pero especialmente a ilusión, o traballo, o progreso e o cambio. Xa queda menos para as eleccións, e esta semana saberemos a data de celebración, e ata o “Día D” queda moito traballo e moitos quilómetros.

Podes ver máis fotos no Flickr

diciembre 14, 2008 at 11:10 pm 7 comentarios


Calendario

diciembre 2008
L M X J V S D
« Nov   Ene »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.