É moito o que nos xunta

diciembre 14, 2008 at 11:10 pm 7 comentarios

Non foi un acto calquera, foi o gran acto. Foi a proclamación!!. Fai varios anos que tiña gañas de abrir os dous auditorios do Palacio de Congresos para facer un mitin, sabía que as imaxes e a sensación ía a ser espectacular. E ao final puidemos facelo. Comentábame esta semana a Directora do Palacio, que ela cree que se abriron os dous auditorios nunha ocasión, fai xa moito tempo.

Fai unhas semanas que o PP fixo un acto no mesmo sitio, pero só no auditorio grande, e dixeron que meteran alí sete mil persoas. Que esaxerados!!, -por non dicir mentireiros-; xa que de ser así, nós entón, con todo o Palacio aberto, metemos dez mil persoas, aplicando a mesma proporción. Pero, escapando da guerra de cifras, porque iso é o de menos, este acto foi sobre todo espectacular: moita imaxe e colorido, moita música, moita xente e moi animada, e unha boa intervención de Emilio Pérez Touriño, que debullou os logros do seu goberno durante esta etapa de cambio que se desenvolveu en Galicia.

Hoxe é un deses días nos que un se sinte orgulloso do seu traballo, e dos compañeiros e compañeiras que ten. Como é habitual, na organización destes actos está moita xente, pero o éxito foi debido a persoas como Aceña, Luismi, Sergio, Tere, Rocio, Eloy, …, e como non, os camaradas da Rúa do Pino, os da O, que sempre están nos éxitos: Eva, Víctor, Diego, Castiñeiras, Marquiños, Chus, Cruz, Ánxela, Paula, Patricia, Xusto, …

É moito o que nos xunta, pero especialmente a ilusión, o traballo, o progreso e o cambio. Xa queda menos para as eleccións, e esta semana saberemos a data de celebración, e ata o “Día D” queda moito traballo e moitos quilómetros.

Podes ver máis fotos no Flickr

Anuncios

Entry filed under: Autonómicas 2009, Galicia, Goberno, Política, PSdeG-PSOE, Xunta. Tags: , , .

Domingo 14 Vídeo do domingo

7 comentarios Add your own

  • 1. Eladio Osorio Montenegro  |  diciembre 15, 2008 en 11:42 am

    Os meus parabéns a todos/as. Xa o dicía eu onte no meu blog, os do Pino cada día superádesvos. Foi o mellor acto do PSOE que vin ata o de agora.

    Calquera destes días fíchanvos para o Luar

    😉

    A ver se ese acto “secreto”, ese día “secreto” con esa persoa “secreta” que imos ter en Ourense sae así de ben.

    Apertas

  • 2. Nico  |  diciembre 15, 2008 en 2:00 pm

    Foi ben divertido,fíxome gracia ver bailar a compañeiros como Orozco ou Caride, en todos os xornais falan hoxe da cor e da animación do acto, por non dicir da selección musical.
    Parabéns

  • 3. Dani  |  diciembre 15, 2008 en 2:23 pm

    Foi o mellor acto do Partido. Todos bailando, cantando, xuntando as mans… Unha inxección de sentimentos e emocións.

  • 4. nieves  |  diciembre 15, 2008 en 3:18 pm

    Parabens Blas, foi un acto espectacular, moderno e sei que detras de todo esto está o traballo, esforzo e ilusión dunha persoa como ti.

  • 5. Manuel J. Fernández  |  diciembre 15, 2008 en 5:45 pm

    Blas, trasmítelle os meus parabéns a todo o equipo responsable da organización do evento. Eu paseino xenial.

    Apertas.

  • 6. VIGO  |  diciembre 15, 2008 en 8:46 pm

    Ola BLAS, eu o final non fun, teño que agradecerte que te lembres da XENTE que curramos nos ACTOS e o PARTIDO so se lembra de nos para os actos (seguridade, colocacions de cadeiras, etc, etc. etc), e non se acorde de nos para “outras cousas”, porque eu son un simple SIMPATIZANTE, pero levo currado moito mais que moitos AFILIADOS de fai anos, que soamente se lles ve nos ACTOS IMPORTANTES……………

    Un saudo

    e gostame eso de CAMARADAS ,

  • 7. freiman  |  diciembre 22, 2008 en 10:56 pm

    * Foi un acto de ilusión no futuro da nosa terra. Touriño é o que pode guiar ó país cara o futuro, máis fallan as Listas po-las circunscripcións. ¿Decidirán ó Goberno de Galicia ós “emigrados” en Arxentina? ¿Por qué non poden votar ós “emigrados” no País Vasco ou Catalunya?
    Apoiarei, coma teño dito, o PSdeG, na persoa de Touriño por conquerir a Presidencia do Goberno e Galicia, a reválida, máis no votarei po-lo PSdeG sí nas Listas po-la Provincia (Habrái que trocar as circunscripcións) da Coruña vai a Sra. Mar Barcón. ¿Por qué? Por principios, non podo votar a un persoa que estivo a caron de Paco Vázquez, apoiado ós seus proiectos, proiectos que votaba a dereita da cidade. Unha persoa que ágora dí que se fixeron cosas que non deberían facerse nos últimos 10 anos, pero defende a Planta de Reciclaxe, que non funciona; ó Tranvía Turistíco, que só serve pra estorbar; ó Ascensor ó Monte de San Pedro, pra tirar cos cartos, etc., pero que non atenden ás necesidades dos cidadáns, coma son un tráfico fluído, seguimos a ter dobre rigleira, merda dos cans nas rúas, gardas urbáns que fan a “vista gorda”, etc. E todo iso nun barrio que a Sra. Barcón di defender (ja,ja,ja,ja).
    Po-lo demáis meu candidato é Emilio P. Toruriño.
    O BNG non esta a altura do que se esperaba. Soio Medio Rural e Vivenda se salvan. A Lei de Dependencia lastra ó Sr. Quintana. ¡Os maiores non son tontos!
    En canto ó Sr. Feijóo que vai decir: ¡Qué estamos en crise! ¡Onde! Se fala de crise pero no se detecta. Os bancos seguen a ofrecer diñeiro aínda que con máis tino. En contra transfuguismo, Monte Gaiás (tocados coma o BNG), as Residencias da Terceira Idade (non fixeron ren po-los maiores). A Sanidade esta a mellorar, aínda que faría falla un mayor control do gasto, e decir, gastar con xeito e con calidade. Por contra, Feijóo foi ó que desfixo a Sanidade Pública Galega implantando as fundacións.
    En fin, Blas te desexo unhas Felices Festas e un Vindeiro Ano cheo de Ventura pra ti e os teus, así coma pra o PSdeG.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

diciembre 2008
L M X J V S D
« Nov   Ene »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: