15 de decembro do 2008

diciembre 17, 2008 at 12:54 am 1 comentario

O 15 de decembro do 2008 vai ser un día histórico para a comarca do Barbanza. Vai ser o día no que ao final as persoas que vivimos nesta comarca, as persoas de Ribeira, de Pobra, de Boiro, de Rianxo e de Dodro puxémonos a altura das comarcas mais importantes de Galicia, e por primeira vez un goberno nos ten en consideración e nos da a importancia que nos merecemos, un goberno que cumpre coas xentes do Barbanza.

O 15 de decembro do 2008, Emilio Pérez Touriño, o presidente da Xunta de Galicia, inaugurou a Autovía do Barbanza. Antes desta data só sufrimos humillacións e enganos, falsas promesas e escusas, desprezos, … e ata tivemos que comprobar durante moitos anos –demasiados- como morrían varias decenas de veciños destes concellos da comarca e de outros lugares; de comprobar con tristeza e con impotencia como moitas familias quedaban destrozadas ante a pasividade dun goberno e un partido que miraba para outro lado, un goberno e un partido que non facía nada, un partido que calaba.

O 15 de decembro do 2008, algo cambiou no Barbanza, e foi cando se quitaron a careta algúns políticos que preferiron boicotear o acto de inauguración da Autovía e a propia Autovía, antes que recoñecer que Touriño cumpriu a súa palabra e foi o presidente que nos colou na primeira división das comunicacións. Pero eso non é importante para eses políticos que prefiren antepoñer os intereses partidistas aos dos seus propios veciños, políticos que preferían que os milleiros de barbanzans tivesen que transitar por aquela vía da morte, a ter que desfrutar dunha autovía. Eses foron os políticos que estiveron obstaculizando desde o comezo esta obra, esta gran obra.

O 15 de decembro do 2008 foi o día no que se uniron o PP e o BNG para boicotear a Autovía do Barbanza, foi o día no que Torres Colomer, Isaac Maceiras e Xosé Deira se deron a man publicamente para deteriorar e danar esta importante infraestructura, e xuntos, cunha estratexia común, desprezar ao presidente da Xunta de Galicia. Pero non me cabe dubida de que a xente do Barbanza e intelixente e esta contenta porque xa temos Autovía. E eu so podo dicir: Grazas Touriño por cumprir!!. Oxalá outros cumpriran –e boicotearan- cando o tiñan que facer e seguramente nos aforrariamos moitas bagoas.

Anuncios

Entry filed under: Barbanza, BNG, Boiro, Galicia, Persoal, Política, PP, PSdeG-PSOE, Xunta. Tags: , , , .

Vídeo do domingo Nadal, nadal, nadal, …

1 comentario Add your own

  • 1. freiman  |  diciembre 29, 2008 en 8:58 pm

    * Xa era tempo que á famosa autopista (autovía) do Sr. Cuiña (Q.E.P.D.) fose rematada, xa que nunca estivo concluída. O que había era unha autovía ou seudo-autopista. Pra todos de seguro que mellorou, aínda, despois do grave accidente que houbo tras da inaguración. Os do teu pobo, de Boiro, Ribeira, deberían estar contentos po-la mellora conquerida.
    Habría que mellorar outras cousas entre elas, suprimir a peaxe, a lo menos, entre A Coruña é Arteixo na autopista (de peaxe) do referido Sr. Cuiña, que vai da Coruña a Carballo. Asimesmo, suprimir o peaxe de Audasa na conexión con a Autovía do Noroeste. Este foi un erro moi grave de Touriño, nos tempos que estivo de responsable das carreteiras na etapa de Abel Caballero e Borrel. Dende aquí veñen ás obrigas de Touriño co Sr. Caballero, outro lastre pra o PSdeG coma era ó “que está onde debe estar po-lo que está”, e decir, o ex-Alcalde, ex-Secretario Xeral, Sr. Vázquez, Francisco (a) Paco ou Pacochet.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

diciembre 2008
L M X J V S D
« Nov   Ene »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: