Archive for diciembre, 2008

Mosbilízate contra a moción

mos

Xa vos falei, e anticipei (grazas a Manuel Pombal) a moción de censura que o Partido Popular ía a poñer en Mos. E eu creo, que sempre que se produce un feito tan repugnante como este, intentar rematar cun goberno elixido polos cidadáns, grazas ao mercadeo de vontades (e votos), é dicir, a un indivíduo que se deixa mercar, e a un partido político que paga, non nos podemos quedar quietos, e temos que amosar alomenos o noso malestar.

Por tal motivo, invítovos á mobilización, tanto na rede como a asistir o vindeiro sábado 6 a Mos a amosar a vosa protesta en Mos.

Nunha carreiriña creei esta imaxe, que vos invito a poñer na vosa web e a escribir un post de rechazo a esta moción e a outras que se poidan producir. Ata o de agora en Galicia producíronse dúas mocións de censura con tránsfugas (Calvos de Randín e A Pobra de Trives), e as dúas auspiciadas polo Partido Popular con tránsfugas socialistas.

Sobre a moción de Mos vouvos a dar uns datos que amosan o estilo e a forma de actuar do Partido Popular e do seu presidente, tanto en Pontevedra como en Galicia:

Como podedes comprobar neste blog a moción de censura de Mos tiña data desde fai tempo, e a data non é por casualidade, senón para que coincidira con Núñez Feijoo fora de Galicia (de paseo por Arxentina) para así non ter que posicionarse sobre este tema, e intentar amosar que el non ten nada que ver.

A candidata á alcaldía de Mos é Nidia Arévalo, que foi deputada provincial na lexislatura pasada e na actualidade cargo de confianza do presidente da Deputación de Pontevedra e tamén do PP na mesma provincia, Rafael Louzán, ao que acompaña tamén como membro do comité executivo do Partido.

As declaracións do vicepresidente da Deputación de Pontevedra e vicepresidente do PP, Chema Figueroa, que lle dou cobertura argumental e “están lexitimados para gobernar o Concello de Mos”, dixo. Co cal defende e auspicia de xeito claro e manifesto a moción. Que se saiba polo de agora o PP aínda non desautorizou ao seu representante político.

Datos da concentración:
Sábado 6 ás 12:00 horas
Fronte ao Pavillón Óscar Pereiro
Petelos-Mos

diciembre 4, 2008 at 2:59 pm 8 comentarios

Candidato a Presidente

Emilio Pérez Touriño

A Executiva Nacional do PSdeG propuxo como candidato á presidencia da Xunta de Galicia a Emilio Pérez Touriño. A nova como tal, non é das que sorprende, posto que todos e todas sabiamos xa que Emilio ía a ser o candidato socialista.

Pero a nova si é un fito importante no proceso electoral que temos á porta. Se o Comité Nacional do PSdeG abría o proceso de selección de candidato o pasado venres, este luns a CENG da un paso máis e propón por unanimidade ao candidato, é dicir ao próximo presidente da Xunta, se os galegos e galegas así o queren.

Como dicía hoxe Mar Barcón na súa rolda de prensa: “é unha verdadeira honra presentar ante os galegos, non só o mellor proxecto de progreso social, senón tamén, o mellor candidato para seguir liderando o Goberno: Emilio Pérez Touriño”.

A carreira electoral xa empezou fai varios meses, e pouco a poucos os partidos políticos empezan a coller ritmo nesta competición, un ritmo que nos permita chegar con forzas ao último treito desta maratón e poder sprintar forte na liña de meta, aínda que a serán os galegos e as galegas os que decidirán na liña de meta quen queren que sexa o gañador.

Unha cousa é certa, o PSdeG está preparado para correr con todas as súas forzas, e estamos seguros de que somos a mellor opción para levar o triunfo, porque somos a forza de Galicia.

diciembre 2, 2008 at 12:56 am Deja un comentario

Entradas recientes


Calendario

diciembre 2008
L M X J V S D
« Nov   Ene »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.