Archive for enero, 2009

Estrea no Facebook

Facebook de Touriño 

Touriño, O Presidente, decidiu dar unha primicia da campaña a través do seu Facebook. É a primeira vez que esto acontece nunca campaña electoral no noso país. A realidade de crer ou non nas novas tecnoloxías e o saber usalas ou non; mentres algúns usan o Facebook e as redes sociais como unha competición para ver quen ten máis amigos, outros úsanas para comunicarse e trasladarlle novas da campaña á comunidade.

Touriño quixo que fosen os seus case mil cincocentos amigos e amigas os primeiros en ter acceso á canción de campaña que interpreta Xoel López. Pero atención, que parece que esa non vai a ser a única primicia.

Escoita aquí a canción.

A.M.M.M.M.M.M.

Anuncios

enero 30, 2009 at 6:33 pm Deja un comentario

DdC. Programa … programa … programa

Día de programa. Touriño, O Presidente, presenta o programa electoral das Autonómicas, o programa que marcará o progreso e o desenvolvemento de Galicia, dos galegos e as galegas para os próximos catro anos.

O Presidente está contento, antes do comezo do acto estivemos falando -mentres esperábamos o momento da saída- e noteino relaxado, comentamos o que nos queda daquí ao un de marzo, e Emilio ten toda a axenda na cabeza; a verdade é que é capaz de estar en todo.

É a hora de saír, subimos as escaleiras do Multiusos do Sar, e avanzamos cara o escenario; varios centos de persoas, moitos representantes de asociacións e colectivos de Galicia –a maioría- esperan ao Presidente, aplauden, e mentres soa de fondo “Quen puidera namorala”, a sintonía desta campaña; sube ao atril, saúda, aplausos, …. e empeza a debullar o programa de goberno para o avance de Galicia, o programa que posibilitará a segunda etapa do cambio.

Esta semana percorremos con Emilio varios municipios mantendo encontros sectoriais con distintos colectivos: médicos e profesionais da sanidade, persoas vinculadas co mundo do mar, mestres e persoal docente, …; sempre co obxectivo e a intención de escoitar aos distintos sectores sociais e aos profesionais que fan posible que Galicia mellore e avance, xa que eles son os que están na primeira liña. Pero aínda nos queda moito por percorrer e moitos lugares nos que estar.

En todos estes actos, ou encontros, é de destacar a afluencia de persoas, pero é digno de destacar especialmente dous deles, que me sorprenderon especialmente: o de educación en Pontevedra, no que a pesares do mal tempo e do anuncio de temporal, arredor de trescentas persoas estaban presentes no acto; e hoxe en Santiago, no que tras a noite chuviosa e aireada que sufrimos, novamente foron moitas as persoas que quixeron estar co Presidente. Polo que é de destacar e de agradecer que nos acompañe tanta xente nestes actos, a pesares de que “chova ou vente”. Así que moitas grazas a todos e todas.

Programa de Goberno.

A.M.M.M.M.M.M.

enero 24, 2009 at 6:50 pm 7 comentarios

Touriño.net

Case en exclusiva quero adiantarvos unhas imaxes da nova web que creamos para esta campaña. Trátase da touriño.net, a web de Emilio Pérez Touriño, coa cal pretendemos mantervos informados das actividades do presidente, así como fomentar a vosa participación e colaboración.

Esta web que será presentada nunhas poucas horas, conxuntamente coa touriño.tv, pretende ser unha web que perdure no tempo, e sobre todo, que sexa unha canle de comunicación directa cos internautas.

Espero que vos guste, tanto a touriño.net como a touriño.tv.

enero 22, 2009 at 1:21 am 2 comentarios

DdC. Día de listas

O PSdeG continúa a dar os pasos necesarios de cara as eleccións autonómicas. A aprobación das candidaturas foi o derradeiro acto, e quizais o máis difícil e complicado; porque é o momento do proceso electoral no que se xoga coa esperanza e a ilusións de persoas, dos compañeiros e compañeiras que teñen lexítimas aspiracións para figurar nas listas socialistas, e poder aspirar a saír elixidos deputados e deputadas.

Hoxe foi o día das sonrisas e as bágoas, da ledicia e das decepcións, …; a min véñenme agora mesmo uns cantos nomes á cabeza de compañeiros e compañeiras que atravesar cada unha destas sensacións que vos digo. Pero, é a lei da política, e ningún posto é hereditario, en franquicia ou propiedade, … aínda que nalgúns casos poida parecelo; e disculparédesme se non dou ningún nome; verdade?. E, tampouco é menos certo que nas listas electoras non sempre están os mellores compañeiros e compañeiras, nin os que máis o merecen. Pero …!!!

Eu, que sabedes que suelo mollarme, direivos que non son as listas que máis me gustan, ou alomenos que non son as que eu facería, …, pero imaxino que esto é como coa selección de fútbol, cada un de nós facería unha … candidatura distinta. Eu boto de menos a persoas cunha enorme capacidade de traballo, e con moita valía, e desde logo hai outros que teñen un premio excesivo.

Pero, o bo desto das candidaturas é que unha vez pasado este trance, poñemos punto e aparte e poñémonos todos a trabajar co obxectivo de acadar o mellor resultado posible, que non é outro que conseguir que Emilio Pérez Touriño volva a ser presidente da Xunta de Galicia.

A.M.

enero 17, 2009 at 11:19 pm 4 comentarios

O prometido: Quen puidera …

A.M.

enero 15, 2009 at 8:56 pm 4 comentarios

O Presidente, e punto

Eu creo que despois de ver a liña de precampaña do PSdeG e do seu candidato, pouco máis queda que dicir. A campaña pode gustar ou non, pero o que non se pode poñer en dúbida é que Galicia ten un presidente, e que este é Touriño.

Seguramente, algúns dos opinadores asalariados criticarán a campaña por imitar a de Obama, e que?, todos os partidos nestas eleccións levan falando do fenómeno Obama, uns empregando e traducindo o célebre Yes we can, outros atribuíndose o papel do futuro presidente americano, e todos envexando o éxito do ex senador de Illinois.

A campaña é un acerto, aínda que seguramente pensedes que eu non sexa o máis obxectivo para valoralo, pero a min gústame polo sinxela e directa que é, e ás veces na facilidade está o éxito.

E outro acerto é a música que nos vai a acompañar durante esta campaña e que prometo que mañán vos colgarei para que a poidades descargar: Quen puidera namorala, de Luis Emilio Batallán (música) e Álvaro Cunqueiro (letra)

A.M.

enero 15, 2009 at 12:50 am 3 comentarios

Feijóo e Fraga na Arxentina

Feijóo, ese home que foi o axente 009, e que agora só é a persoa que quere re cargarse a Galicia; viuse na obriga de empregar unha foto de arquivo para facer campaña no exterior, e aparecer ao carón do seu avó político. Un Manuel Fraga, por outra parte, tremendamente rexuvenecido, como sempre que hai unha campaña electoral; eu non sei que lle fan a este home que sae tan guapo nas fotos.

Pois como podemos ver nestas fotos, que me enviou un amigo que se atopa na Arxentina, Fraga ten que acompañar ao axente 009, a pesares de que desde o PP de Galicia se afirmara en reiteradas ocasións que esta campaña ía a ser personalista e fuxindo do pasado, unha campaña que miraría ao futuro, …, o que significa que para os galegos e galegas do exterior o futuro aínda segue sendo Manuel Fraga.

Máis fotos no Flickr

enero 13, 2009 at 1:47 pm 6 comentarios

Entradas antiguas


Calendario

enero 2009
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

  • Este domingo comezou máis cedo do habitual, ás 7 da mañá, pero valeu a pena porque foi impresionante ver a... fb.me/3V3KtgtAb 21 hours ago
  • Esta semana comezou unha brigada municipal a limpar no rural, nalgúns núcleos non se fai limpeza desde fai varios... fb.me/1IWZgthXC 4 days ago
  • Estamos ampliando a rede de abastecemento en Ames para levar a auga a varias vivendas de Firmistáns, en Bugallido. 4 days ago
  • En Negreira segue ardendo o monte, e os medios son escasos. De Ames aportamos un tractor cisterna, tamén están os... fb.me/BmZ7Yc4q 1 week ago
  • AVARÍA AUGA. Xa está restablecido o servizo de auga na maior parte da rede afectada. Operarios de Espina&Delfín... fb.me/1Dnkvea17 1 week ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.