DdC. Un comezo moi…moi frío
enero 11, 2009 at 2:11 pm 3 comentarios
Xa estamos metidos en faena, xa estamos en campaña. Onte comezamos en Vigo cunha sectorial sobre Economía e Territorio, e ao rematar collemos o coche con destino a Ourense, cunha paradiña de respostaxe na Cañiza, da que só poido dicir: “Que cocido!!”. Foi o mellor cocido que xamais comín, coa excepción dos que fai a miña nai, claro está.
Ourense recibiunos con moito frío, aínda que nada comparable co que facía hoxe pola mañá, cando viña andando cara o pavillón dos Remedios, pensei que me ían a caer a cachos as orellas, tiñas tan frías que creo que podía rallar os cristais con elas.
Xa no pavillón, o de sempre, o de todas as campañas, sobre todo ao principio, primeiras descoordinacións, falla de entendemento, …, pero algo normal e habitual ao inicio das campañas, que se solucionará co paso dos actos. Pero unha vez que empeza o mitin, xa vai todo de corrido.
Este é o meu primeiros post destas leccións autonómicas, das que espero manter un diario de campaña, e tervos informado do noso percorrido por Galicia, e a nosa acción diaria; sempre e cando sexa nos deixe o traballo.
Ademais de ter en mente algunha que outra idea para esta campaña, onde podamos participar na rede varios compañeiros e compañeiras.
Antes de despedirme, darlle as gracias aos compañeiros e Compañeiras de Ourense que nos axudaron no bo desenrolo deste acto: Eladio Osorio, Lalo, Conchi, Bea, Miguel Fidalgo, María Quintas, …, e a outros moitos. E especialmente a eles, a Víctor, Eva, Ánxela, …, que compartiremos moitos días de traballo e de anécdotas.
A.M.
Entry filed under: Autonómicas 2009, DdC, Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE, PSOE. Tags: Autonómicas 2009, PSdeG, PSOE, Touriño, Zapatero.
1.
José-Luis Prieto | enero 11, 2009 de 3:21 pm
Dices “leccións autonómicas”. Eso si que es tenerlo claro 😉
2.
Geli | enero 11, 2009 de 8:42 pm
A verdade que sí… xa estamos inmersos na voráxine!! eu gastei tanta adrenalina esta mañá que teño agujetas (maniotas, jejeje) bicos e a descansar
3.
Daniel Sueiro | enero 12, 2009 de 1:10 am
El frió que pasé el sábado en la reunión sectorial de Economía y Territorio acabo de enfermarme del todo y al final no pude ir al acto de Ourense, pero espero que sea el último al que falto en esta campaña.
Aprovecho para felicitarte por el acto de proclamación de Emilio como candidato. Cuando me acuerdo todavía me bailan los pies :-).
Nos vemos en el próximo…