Archive for enero 24, 2009

DdC. Programa … programa … programa

Día de programa. Touriño, O Presidente, presenta o programa electoral das Autonómicas, o programa que marcará o progreso e o desenvolvemento de Galicia, dos galegos e as galegas para os próximos catro anos.

O Presidente está contento, antes do comezo do acto estivemos falando -mentres esperábamos o momento da saída- e noteino relaxado, comentamos o que nos queda daquí ao un de marzo, e Emilio ten toda a axenda na cabeza; a verdade é que é capaz de estar en todo.

É a hora de saír, subimos as escaleiras do Multiusos do Sar, e avanzamos cara o escenario; varios centos de persoas, moitos representantes de asociacións e colectivos de Galicia –a maioría- esperan ao Presidente, aplauden, e mentres soa de fondo “Quen puidera namorala”, a sintonía desta campaña; sube ao atril, saúda, aplausos, …. e empeza a debullar o programa de goberno para o avance de Galicia, o programa que posibilitará a segunda etapa do cambio.

Esta semana percorremos con Emilio varios municipios mantendo encontros sectoriais con distintos colectivos: médicos e profesionais da sanidade, persoas vinculadas co mundo do mar, mestres e persoal docente, …; sempre co obxectivo e a intención de escoitar aos distintos sectores sociais e aos profesionais que fan posible que Galicia mellore e avance, xa que eles son os que están na primeira liña. Pero aínda nos queda moito por percorrer e moitos lugares nos que estar.

En todos estes actos, ou encontros, é de destacar a afluencia de persoas, pero é digno de destacar especialmente dous deles, que me sorprenderon especialmente: o de educación en Pontevedra, no que a pesares do mal tempo e do anuncio de temporal, arredor de trescentas persoas estaban presentes no acto; e hoxe en Santiago, no que tras a noite chuviosa e aireada que sufrimos, novamente foron moitas as persoas que quixeron estar co Presidente. Polo que é de destacar e de agradecer que nos acompañe tanta xente nestes actos, a pesares de que “chova ou vente”. Así que moitas grazas a todos e todas.

Programa de Goberno.

A.M.M.M.M.M.M.

Anuncios

enero 24, 2009 at 6:50 pm 7 comentarios


Calendario

enero 2009
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.