DdC. Programa … programa … programa

enero 24, 2009 at 6:50 pm 7 comentarios

Día de programa. Touriño, O Presidente, presenta o programa electoral das Autonómicas, o programa que marcará o progreso e o desenvolvemento de Galicia, dos galegos e as galegas para os próximos catro anos.

O Presidente está contento, antes do comezo do acto estivemos falando -mentres esperábamos o momento da saída- e noteino relaxado, comentamos o que nos queda daquí ao un de marzo, e Emilio ten toda a axenda na cabeza; a verdade é que é capaz de estar en todo.

É a hora de saír, subimos as escaleiras do Multiusos do Sar, e avanzamos cara o escenario; varios centos de persoas, moitos representantes de asociacións e colectivos de Galicia –a maioría- esperan ao Presidente, aplauden, e mentres soa de fondo “Quen puidera namorala”, a sintonía desta campaña; sube ao atril, saúda, aplausos, …. e empeza a debullar o programa de goberno para o avance de Galicia, o programa que posibilitará a segunda etapa do cambio.

Esta semana percorremos con Emilio varios municipios mantendo encontros sectoriais con distintos colectivos: médicos e profesionais da sanidade, persoas vinculadas co mundo do mar, mestres e persoal docente, …; sempre co obxectivo e a intención de escoitar aos distintos sectores sociais e aos profesionais que fan posible que Galicia mellore e avance, xa que eles son os que están na primeira liña. Pero aínda nos queda moito por percorrer e moitos lugares nos que estar.

En todos estes actos, ou encontros, é de destacar a afluencia de persoas, pero é digno de destacar especialmente dous deles, que me sorprenderon especialmente: o de educación en Pontevedra, no que a pesares do mal tempo e do anuncio de temporal, arredor de trescentas persoas estaban presentes no acto; e hoxe en Santiago, no que tras a noite chuviosa e aireada que sufrimos, novamente foron moitas as persoas que quixeron estar co Presidente. Polo que é de destacar e de agradecer que nos acompañe tanta xente nestes actos, a pesares de que “chova ou vente”. Así que moitas grazas a todos e todas.

Programa de Goberno.

A.M.M.M.M.M.M.

Anuncios

Entry filed under: Autonómicas 2009, DdC, Galicia, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , , , .

Touriño.net Estrea no Facebook

7 comentarios Add your own

  • 1. Freiman  |  enero 24, 2009 en 10:37 pm

    * O sinto pero nesta próxima festa da democrácia do noso país, Galicia, nón votárei po-lo Presidente Touriño, aínda que penso que é o mellor candidato e apoiarei onde poda a súa candidatura. Digo, mellor, non votárei po-lo PSdeG, tampouco po-lo BNG, e por suposto po-lo PP. Son libre-pensador, de centro-esquerdas. Encaixo ben na maioria social do noso país. ¿Por que non vatarei? Moi xinxelo, por que na lista po-la Coruña, en cabeza, vai a Sra. Barcón, hastra ágora concelleira do Concello da Coruña, que sempre estivo perto de “Sir” Paco Vázquez. Por principios non podo votar por unha lista en que figure esta Sra. ou a súa compañeira Sra. Marón.
    Nacín no Hospital Militar, meu pai traballou na construcción, vivin na “Cidade Vella” e aprendin nos Dominicos, logo mudei pra rúa Barcelona. Y este barrios están descuidados, masificados, sen zoas verdes e de esparcimento… i en parte é culpa da Sra. Barcón. E unha esperta en “Marketing”, pero pra min como cidadán é unha “indeseable” coma outros. Non entendo coma a poideron nomear Secretaria de Organización do PSdeG a non ser que sexa unha maniobra pra sacala do medio.

  • 2. Freiman  |  enero 25, 2009 en 9:54 pm

    * As enquisas de Sondaxe axudan a crarexar ó horizonte pero non se pode baixar a garda, eu quero que Touriño reválide o cargo de Presidente dos Galegos, máis en conciencia no podo votar polo PSdeG, precisamente por ir no primeiro posto da Lista a Sra. Barcón. Na Coruña moito paseo maritímo, moito pirulí do “Milenium”, moito tranvía turístico, moito ascensor-bola pra servicio do Restaurante do Monte de San Pedro, pero… ós barrios están descoidados, a miña rúa chea de escrementos dos cans, ós vehículos aparcados na rúa, cando é peatonal é nun sentido de dirección prohibida, pero ninguén fai caso. Os axentes da autoridade de “vacacións”…
    O BNG ten algúns Concelleiros interesantes, más ó Sr. Quintana está tocado ca “Cidade da Cultura” (Adeus, Sra. Conselelira, adeus) e dende onte coun novo problema. Na Residencia Asistida de Maiores de Oleiros (A Coruña) levan sin enerxía eléctrica dende onte sin que U.Fenosa se movilice. Onte votarón man dos xeradores, que son insuficentes. Os maiores está noite cearán en frío e non terán calefacción. Todo iso gracias ás inversións do Sr. Vicepresidente da Xunta que gastou cartos nunha campaña de “In-dependencia”, pero nada máis. A “Ley de Dependencia” no se ve por ningures. Touriño deberá galeguizar ó PSdeG para conquerir ó trasvase de votos dende ó BNG. O PSdeG debe recuperar ó que foi ó PSG de Beiras. Oxalá ó PSdeG conquirá unha vóa representación, aínda que sexa sin o meu apoio real. Sí poiderá votar en Lugo, Ourense ou Pontevedra votaría PSdeG. Esas son as miñas razóns. ¡Mar Barcón, NON!

  • 3. Castellote  |  enero 25, 2009 en 10:32 pm

    fixeronme chegar esto

    http://dediosesycaciques2.blogspot.com/

    idevos rir, seguro

  • 4. Antiacuicola  |  enero 27, 2009 en 8:41 am

    Demagoxia…demagoxia….. demagoxia.
    Comenta as mentiras que onte dixo ZP na TVE.
    -“No prometi el pleno empleo”
    -“No le di dinero a la banca”

    Demagoxia e mentiras, os dous pilares do PSOE.
    Resultados:crise

  • 5. Antiacuicola  |  enero 27, 2009 en 7:01 pm

    El Gobierno ZP gastará 30 millones del dinero destinado a paliar la crisis en hacerse autobombo

    http://blogs.periodistadigital.com/politica.php/2009/01/27/fondos-ayuntamientos-autobombo-5555

  • 6. Jacinto Parga  |  enero 27, 2009 en 11:07 pm

    A alternativa do PP

    Feij00 == http://usuarios.lycos.es/personajesdetebeo/newpage4.html

    Un saúdo

  • 7. Antiacuicola  |  enero 30, 2009 en 10:42 am

    http://es.youtube.com/watch?v=teN-Cz0sCS0

    O xogo do PSdG

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

enero 2009
L M X J V S D
« Dic   Feb »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: