DdC. Un domingo en Lugo

febrero 1, 2009 at 2:34 pm 7 comentarios

lugo2

Son as sete da mañá e soa o despertador. Outro domingo máis a madrugar!!!. Que pereza!!!. Este primeiro domingo de febreiro toca inauguralo en Lugo, con Touriño e Zapatero. Ás nove recólleme Víctor, no coche ademais de nós os dous acompáñanos Ánxela, Eva Tomé e Esperanza.

O día non é fermoso –chove en Santiago e fai frío-, onte deiteime tarde –sobre as dúas da mañá-, xa que fomos con Mar Barcón a unha homenaxe a Lestedo. Polo cal, quero que notedes que non é un bo día, porque penso que mañá xa é luns, e despois martes, mércores, …, e outra vez a empezar.

O camiño ata Lugo é tranquilo, Ánxela dorme, Eva ven relaxada –segundo di ela- Esperanza pensando, Víctor conducindo atentamente coma sempre, e eu intentando escribir no Twitter, pero non hai cobertura 3G e vai moi lento. Diosssss!!!. Todo sae mal. Menos mal que na radio soa Fito e anímame un pouco.

Unha vez en Lugo o de sempre: protocolo, preparativos para a chegada, saúdos, stress e discusións con individuos de escasa calidade humana e carentes de toda seriedade. A xente comeza a entrar e a encher o pavillón, faltan uns ocos, aparecen os primeiros nervios postcomezo, pero alguén nos informa que aínda faltan autobuses por chegar. Chegan os líderes, e preparamos todo para o comezo, ….., xa está, xa arrancamos. E eu entre discurso e discurso propóñome actualizar o blog, e contar o mitin no Twitter do PSdeG.

Touriño remata agora mesmo remata a súa intervención e dalle paso a ZP, o pavillón posto en pé aclama ao presidente do goberno mentres soa “Que el tiempo no te cambie”; espectacular, hai que ver o cariño que lle ten a xente a Zapatero.

Remato este post dicíndovos que o día segue torcido, non mellorou demasiado; pero espero que o vaia facendo. De todas formas, debía de estar penado traballar un domingo.

A.M.M.M.M.M.M.

Anuncios

Entry filed under: Autonómicas 2009, DdC, Galicia, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , , , , .

Estrea no Facebook Vídeos de campaña

7 comentarios Add your own

  • 1. rosana  |  febrero 1, 2009 en 5:55 pm

    Noraboa !!!!!

  • 2. Freiman  |  febrero 1, 2009 en 9:43 pm

    * Moito traballo que esperemos sexa recompensado. O xoves, fixen dos viaxes. O primeriro, a zoa de Ferrol pra rematar nas Pontes e regresar á Coruña. Po-la tarde, tras comer, chamada é saída pra Lugo, de dónde regreséi ás 8 da noite. un día movidiño.
    Á dereita (o PP) necesita da abstención pra poder chegar á Xunta. Po-lo cal xa teño decidido, nunca fixen outra cousa, que ir votar. Nas anteriores eleccións ó fixen po-lo BNG, nesta ó farei po-lo PSdeG, pero… por principios, non podo votar estando de primeira na lista a Sra. mar barcón, po-lo que ó meu voto máis algún máis será nulo. Borrarei de roxo o nome da primeira da lista do PSdeG. O meu candidato é Touriño.

  • 3. Luis Pérez  |  febrero 2, 2009 en 12:07 pm

    Freiman, hay que ver lo pesado que eres. Siempre la misma cantinela: que si la señora Barcón, que soy de Touriño pero no de Barcón. Cambia el rollo, lo que pasa es que estás poniendo escusas; si realmente quisieras votar por el PSOE y por Touriño, lo harías, y no andarías con tantas historias.

    Además, si conocieras a Mar, no andarías con tantas tonterías

  • 4. Antiacuicola  |  febrero 2, 2009 en 4:36 pm

    “…..hai que ver o cariño que lle ten a xente a Zapatero.”
    Moitisimo, sobre todo os da banca.

  • 5. DdC. Un domingo en Lugo : soa  |  febrero 3, 2009 en 5:29 am

    […] Leia mais deste post no blog de origem: Clique aqui e prestigie o autor […]

  • 6. TSSDT  |  febrero 3, 2009 en 1:46 pm

    Moitos ánimos a Touriño, e a todalas persoas que traballan con el para que esta campaña sexa todo un exito. Eu non teño dúbidas, votarei polo PSOE, votarei por Pérez Touriño.

  • 7. Antiacuicola  |  febrero 4, 2009 en 8:07 am

    La «austeridad por norma» de la Xunta
    4 millones
    3.928.432 euros para ser exactos, los que ha invertido en remodelar dos salas de juntas y una sala de prensa, así como varias pequeñas dependencias anexas.
    2,2 millones
    Para redecorar su despacho y el área de Presidencia, alrededor de 560 metros cuadrados que han costado, en proporción, la mitad que las tres salas de reuniones.
    480.000
    Lo que costó su cuarto coche blindado oficial, un A-8 150.000 euros más caro que el Cadillac Stagecoach de Obama, pero sin el sinfín de medidas de seguridad del automóvil del primer mandatario del mundo.
    20.2 millones
    El gasto en asesores de la Xunta, dos millones más que el anterior presidente Fraga. En total, la actual administración cuenta con 228 personas para estas tareas. El PP acusa a Touriño y Quintana de tener tantos asesores como Lula.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

febrero 2009
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: