Archive for febrero 9, 2009

DdC. O títrico de Touriño

Luns nove de febreiro. Hoxe é o primeiro día da semana na que comezan as eleccións; como di un veciño meu: “xa queda menos”.

Agora mesmo estamos en Culleredo -exactamente en Vilaboa, como dixo o alcalde-. O Presidente acaba de chegar da súa viaxe por Arxentina e Uruguai, e case sen descansar veu a mitinear, e aí está dalle que te pego, …, hai que ver o aguante que ten. Eu non sei si sería capaz de facer as cousas que el fai.

Pero hoxe, quero contarvos unha anécdota, aparte de que temos coche novo, un Voyager moi moderno e bonito, todo negro e cos cristais tintados. Cando chegamos ao mitin, saíron a recibirnos á porta, deberon de pensar que viña o Presidente, e cando nos viron baixar a nós dicían todos: bohh!!, mira quen son!!. Pero Castiñeiras está encantado co seu coche novo e co GPS que trae pegado con velcro porque lle perdiu o soporte. Pero iso non é o que vos quería contar, que por certo, xa vos contarei un día porque a Castiñeiras lle chaman o rei do velcro.

A anécdota que vos quería contar é unha que me pasou o sábado pasado nun mitin en Bertamiráns, a onde se me achegou un home de Padrón, agarroume dun brazo e díxome:

– Non tes un títrico?. Eu quero un títrico.

– Ehh!!. A min doume a risa, pero mordín o labio intentando que non me vira. Que é o que queres?, díxenlle.

– Quero un títrico, me dicía mentras batía unha man contra a outra intentando explicarme o que era. Un títrico, non sabes?.

– Eu non podía aguantar a risa, porque ademais este compañeiro é dos que fala sempre, en todos as charlas que hai ten que dicir algo, e encima vai de intelixente e superlisto.

– Un títrico de Touriño, dicía; e seguía batendo unha man contra a outra.

– Dos de propaganda, díxenlle eu mordendo o labio para non rirme, porque había que verlle a cara que poñía.

– Non deses non, dos que anuncian os mítines, porque eu quero ir a todos, a escoitar a Touriño.

Aí xa me matou, quería un “títrico” dos mítines, un calendario de actos do Presidente para seguilo na súa xira. Que mérito ten este home!!. Tanto me emocionou e tan bo momento me fixo pasar que voulle a facer o títrico.

A.M.M.M.M.M.M.

Anuncios

febrero 9, 2009 at 11:39 pm 11 comentarios


Calendario

febrero 2009
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.