DdC. O títrico de Touriño

febrero 9, 2009 at 11:39 pm 11 comentarios

Luns nove de febreiro. Hoxe é o primeiro día da semana na que comezan as eleccións; como di un veciño meu: “xa queda menos”.

Agora mesmo estamos en Culleredo -exactamente en Vilaboa, como dixo o alcalde-. O Presidente acaba de chegar da súa viaxe por Arxentina e Uruguai, e case sen descansar veu a mitinear, e aí está dalle que te pego, …, hai que ver o aguante que ten. Eu non sei si sería capaz de facer as cousas que el fai.

Pero hoxe, quero contarvos unha anécdota, aparte de que temos coche novo, un Voyager moi moderno e bonito, todo negro e cos cristais tintados. Cando chegamos ao mitin, saíron a recibirnos á porta, deberon de pensar que viña o Presidente, e cando nos viron baixar a nós dicían todos: bohh!!, mira quen son!!. Pero Castiñeiras está encantado co seu coche novo e co GPS que trae pegado con velcro porque lle perdiu o soporte. Pero iso non é o que vos quería contar, que por certo, xa vos contarei un día porque a Castiñeiras lle chaman o rei do velcro.

A anécdota que vos quería contar é unha que me pasou o sábado pasado nun mitin en Bertamiráns, a onde se me achegou un home de Padrón, agarroume dun brazo e díxome:

– Non tes un títrico?. Eu quero un títrico.

– Ehh!!. A min doume a risa, pero mordín o labio intentando que non me vira. Que é o que queres?, díxenlle.

– Quero un títrico, me dicía mentras batía unha man contra a outra intentando explicarme o que era. Un títrico, non sabes?.

– Eu non podía aguantar a risa, porque ademais este compañeiro é dos que fala sempre, en todos as charlas que hai ten que dicir algo, e encima vai de intelixente e superlisto.

– Un títrico de Touriño, dicía; e seguía batendo unha man contra a outra.

– Dos de propaganda, díxenlle eu mordendo o labio para non rirme, porque había que verlle a cara que poñía.

– Non deses non, dos que anuncian os mítines, porque eu quero ir a todos, a escoitar a Touriño.

Aí xa me matou, quería un “títrico” dos mítines, un calendario de actos do Presidente para seguilo na súa xira. Que mérito ten este home!!. Tanto me emocionou e tan bo momento me fixo pasar que voulle a facer o títrico.

A.M.M.M.M.M.M.

Anuncios

Entry filed under: Autonómicas 2009, Curiosidades, DdC, Galicia, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , , , .

Touriño en Bos Aires (Vídeo de Seba Lorenzo) DdC. Xa estamos en campaña!!

11 comentarios Add your own

  • 1. Antiacuicola  |  febrero 10, 2009 en 12:31 am

    Sin comentarios

  • 2. Alberto  |  febrero 10, 2009 en 8:21 pm

    Amigo Blas,

    soy un militante joven, que llevo en el partido para nada tanto tiempo como tu que debiste de fundar el partido.

    A pesar de mi inexperiencia al lado de la tuya, y de los otros grandes sabios del partido que habitais Rua do Pino, si me siento con la necesidad de recordarte que aprovecharse de la ignorancia, o falta de habilidad comunicativa, de otros para hacerse el simpatico es sencillamente deplorable.

    En tu estilo, muy difundido ultimamente, pretendes aparecer como el mesias al que debemos de adorar por “lo buena persona que eres con este hombre que te pedia la informacion”. Quiza es que la gran ilusion de tu vida es esa, sentirte por encima de los que, tanto o mas que tu, se sienten parte de este partido. Aquellos que con su quehacer diario dan fuerza a este partido y hacen que gente como tu, y todos los que contigo se sientan en Rua do Pino delante de los ordenadores, podais vivir de esto. Esos aires que te das de conselleiro provocan graves errores, pero permiteme desde mi humilde aportacion senalarte 2: comportarte como si estuvieras al frente de una conselleria y sentir que por ello eres mejor persona que los demas.

    Somos los que trabajamos dia a dia los que sostenemos el partido, y no los que os dedicais a tomar cafe y hablar como si estuvierais cerrando los pactos de la Moncloa. Habiles maniobreros de partido, sin duda, que vivis de crecer entre Xuventudes y cuyos unicos meritos son acumular cargos y hacer “carrera” de partido.

    Todo este lameteo conjunto que os haceis unos a otros resulta pastoso, y no hace mas que engrandar tu imagen de faldero del amigo Emilio, lo cual es lo unico que te permite seguir donde estas. Eso si, lo haces a sueldo de todos sabemos quien y haciendo nadie sabe que.

    Esos aires, en definitiva, hacen que otros puedan pensar: quien eres tu y quien te crees que eres, chaval?

  • 3. Rubin de Cendoya  |  febrero 10, 2009 en 11:23 pm

    Blas, ya te había adelantado que no pensaba seguirte mucho durante la campaña, pero hoy he entrado. Esos “compañeros” los hemos tenido en todos los lados, pero no le encuentro yo tanta gracia.

    Hay otro blog de un político que también sigo, este es más que director general. Presidente de una empresa pública que gestiona todo lo de la vivienda social, alquileres y demás. Su entrada del otro día me cabreó especialmente y así se lo hice saber.

    Está visto que no se os puede leer a los políticos en campaña.

    Salud y que por lo menos podáis gobernar sin los nacionalistas.

  • 4. robertoC  |  febrero 11, 2009 en 1:27 pm

    Rubín, eres un enterado. No soy político ni soy presidente de nada. Soy el director de área de una sociedad pública. Por encima de mi hay un director general, un consejo de administración y un presidente. Ya ves qué listo eres. Infórmate bien antes de hablar.

  • 5. blas  |  febrero 11, 2009 en 3:06 pm

    Compañeiro Alberto, se é que realmente es compañeiro, e si te chamas Alberto. Non o sei porque a túa cobardía faiche agacharte detrás do anonimato. Creo que falas por falar, e ao mellor por envexa ou simplemente porque non tes outra cousa que facer.

    Cando teñas un oco e queiras invítoche a vir a Rúa do Pino, e a comprobar o traballo que facemos aquí. Como ves este espazo que teño na rede é público e pode comentar nel quen queira, e en ocasións ata aguanto que persoas coma ti deixen comentarios insultantes cara a miña persoa, o cal me importa ben pouco, pero o que non tolero é que ninguén fale mal de persoas ás que non coñece, e moito menos dos meus compañeiros da Rúa do Pino. O xeito de que ti o fagas simplemente demostra como es.

    Quizais estés amargado por algunha cousa, pero ese é un problema que debes arranxar ti só, e plantearte porque chegastes a esta situación.

    Coidate moito, e estás invitado a opinar neste blog cando queiras, e incluso a insultarme si che apetece, pero pro favor, se máis valiente e dá a cara. Di quen es.

    Saúdos

  • 6. Sonia  |  febrero 11, 2009 en 5:50 pm

    Alberto, antes de falar hai que pedirlle permiso ao sentido común,
    algo do que parece que careces,infórmate e despois opina, non deberias falar dende a túa ignorancia.

  • 7. Alberto  |  febrero 11, 2009 en 7:16 pm

    Querido compañeiro Blas,

    como dicía enriba, son militante do partido. É dicir, coñezo Rúa do Pino. É certo que non tan ben coma moitos outros, pois non é a sede que máis visito. O tempo que podo visito a da miña humilde agrupación.

    Sí que son compañeiro de partido, pero supoño que iso non me ai nin mellor nin peor persoa, simplemente compañeiro. Como ves, non comparto a túa visión das cousas, e iso pode ser o que a ti te moleste. A miña amargura que ti dis, pois non che sei… eu non a noto, pero quen sabe, pode que teñas razón, ti sempre podes ter razón.

    Por certo, unha das cousas que conseguíchedes os que paseades polos mítines coma se forades o rey do mundo, é que a xente saiba que falar abertamente cunha postura que se opoña á “oficialista” trae consecuencias. Logo irías co conto ó teu xefe, para que ande metendo os ollos nas executivas locais e deixedes de vir a falar cos militantes ou esas cosas que facedes os que sodes (ou vos credes) importantes. Tes o meu e-mail, se queres algunha cousa en particular, pero a xente da miña agrupación non ten por qué verse afectada por cousas que eu fago ou penso. Así estamos, gracias aos maniobreros coma ti.

  • 8. Alberto  |  febrero 11, 2009 en 7:19 pm

    Sonia, ¿por qué asumes que non me informo? Que pense distinto que ti non me da pero tampouco me quita razón. Pode ser que iso é o que ti non teñas claro. Está ben que o feito de opinar diferente implique que non teño sentido común, son ignorante…

    Pero tranquilidade, que se é por iso, non volverei a escribir neste blog no que todo ten que ser rosa rosita, para que todos poidamos decirnos uns os outros que o estamos a facer de maravilla.

  • 9. Alberto Doce  |  febrero 12, 2009 en 12:41 am

    De casualidade, e non solo facelo, hoxe pasei a os comment e decateime que algún ainda chamándote compañeiro e amigo, e seguramente que sin coñecerte, atrévese a xuzgar o teu traballo e o dos teus compañeir@s da Rúa do Pino, que por certo eu sí que coñezo a sua labor dentro das siglas PSdeG., un traballo que moitos non seríamos capaces de levar a cabo.
    En fin, como ten que haber de todo, moitos manifestan a sua envexa criticando as cousas dos demáis, e sobre todo nun espazo aberto como este, no que calquera pode opinar, pero tamén calquera pode verse afectado pola cobardía de algúns que no son capaces de dar a cara, e ocúltanse detrás de seudónimos.
    Saúde pra todos compañeiros.
    Alberto Doce.

  • 10. Alberte  |  febrero 13, 2009 en 1:01 pm

    Na Rua do Pino deberiais de mirar que campaña vos están facendo os vosos propios aliados:

    ¿Alguen sabe por que os socialistas de Teo alentan comentarios contra Touriño?
    ¿Están enterados destas prácticas?
    Aqui o explican:

    http://www.compostelasolidaria.com/?p=155

  • 11. Juanjo  |  febrero 13, 2009 en 8:14 pm

    Antetodo un saludo desde Noalla, pienso que te acordarás de ese juanjo que participaba en el foro y que tuvo la suerte de participar con una opinión en el blog.

    De vez en cuando entro en tu blog y en algún otro más, hoy es una de esas veces y he sentido el hormigueo de opinar sobre este comentario.

    Resulta simpático el “paisano” que te pide el calendario de campaña, con la simple excusa de querer seguir a Touriño en todos los actos.

    Si quiere saber el calendario, mandale un sms el día antes, si tiene móvil claro y si no lo tiene, que lea los medios de comunicación.

    Un saludo y no hagas caso a ciertos “personajes” que entran en el blog desde el anonimato, para decir lo que no pueden decir en persona.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

febrero 2009
L M X J V S D
« Ene   Mar »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: