DdC. Casti, ti vales moito!!
febrero 16, 2009 at 10:05 pm 8 comentarios

Javier Castiñeiras
Mitines, mercados, paseos pola rúa, etc. Desde o venres castiñeiras e eu levamos xa case mil quilómetros percorridos: Santiago, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Vilalba; tres provincias recorremos nestes catro días, hoxe as tres no mesmo día. E como comprenderedes tantos quilómetros dan para moito, e máis cando se viaxa con Castiñeiras, un compañeiro único e unha gran persoa.
Casti ten unha preocupación, pensa que non se valora o suficiente o seu traballo, e en ocasións ten razón, xa que cando está ninguén pregunta por el, pero cando falta todos andamos preguntando: “onde está Javier?, a onde foi?, Javieeerrr!!!!”. E seguramente non sexamos capaces de trasladarlle o importante que é para o equipo de Rúa do Pino, e eu son quizais o que máis lle esixa e lle pide, pero é que en ocasións consideroo como un irmán pequeno.
Ademais, é unha persoa coa que nunca te aburres, sempre tenn unha anécdota que contarche, e ademais ten esa gracia galega, esa sorna e retranca tan nosa. Pois i maxinádevos o que é subirse nun coche que consume máis que o transbordador espacial, e que é coma un microbús de tamaño, sin GPS e con Javi e carecemos de sentido da orientación. As horas e os quilómetros dan para moito. Pero agora estamos acabando o mitin, e non podo contarvos ningunha anécdota. Deixoas para mañá.
AAAAAA.MMMMMM.
Entry filed under: Autonómicas 2009, DdC, Familia, Persoal, PSdeG-PSOE. Tags: Autonómicas 2009, DdC, PSdeG, PSOE.
8 comentarios Add your own
Deja una respuesta
Trackback this post | Subscribe to the comments via RSS Feed
1.
loli | febrero 17, 2009 a las 1:18 pm
Sen dúbida, Casti é un dos mellores do Pino.
Querémoste, Casti.
Bicos
2.
Tamara | febrero 17, 2009 a las 1:40 pm
Yo me uno al club de fans de Castiñeiras!!!
3.
Diego | febrero 18, 2009 a las 1:45 pm
A primeira vez que fun á sede do Pino recibiume Javier e ensinoume as instalacións. El sempre está para atendernos da mellor maneira. Tanto é así que nos quedan ganas de volver pronto e de saúdalo e estar un ratiño con el!!! Como lle dixen a Blas no mitin de Lugo seguro que pronto vos farei unha visita. Dende aquí mándovos unha forte aperta a tod@s.
4.
CARMEN | febrero 18, 2009 a las 7:53 pm
Pois claro que é importante, e non só para os da rúa do Pino, tamén para aquelas que fomos atendidas con alegría e eficacia por Javier ao longo deste últimos anos. Unha aperta a Javi e a todo o equipo do Pino. CCajide.
5.
Pablo López | febrero 18, 2009 a las 10:33 pm
Sen dúbida unha gran persoa, como todo o equipo da rúa do Pino.
6.
María G. Jartín | febrero 18, 2009 a las 10:39 pm
Casti é, sen dúbida, unha das mellores persoas que conozco no mundo! Conocino fai tempo e demostroume que sempre está para facerche unha broma, botarche unha man e tamén darche toda comprensión nos malos momentos. É unha gran persoa, un gran traballador e un gran socialista. É xenial!
7.
María Torres | febrero 20, 2009 a las 11:42 pm
Canta razón tendes!!!! Casti é o rei do Pino.
É unha desas persoas coas que é imoposible que te enfades, que sempre che rouba un sorriso; que ten un sexto sentido para saber cando precisas que che animen un poco!!!É o mellor dos mellores; un crak!!!
8.
juan guillermo | julio 25, 2010 a las 5:25 pm
aguante mi primo javier castiñieiras