Archive for marzo 2, 2009

DdC. Punto e final -inesperado-

Sigo estando por aquí. Sigo vivo, aínda que triste, non o vou a negar. A noite de onte non foi doada para ningún dos que estábamos no Puerta del Camino, e moito menos doado foi a noite e o día de hoxe. Algúns alégranse de que os socialistas non gobernemos outra legislatura, e eu entendo e respecto esa alegría. Eu tamén o estaría se fose á inversa. Pero o que non me gusta e a burla, o vacile e a falla de respecto cara o opoñente, cara o rival político.

Esta campaña traballamos moito, percorremos moitos quilómetros, e ao final a sensación que queda é a da decepción, a de roubarlle horas ao sono, á familia, a de pasar días sen comer, a de estar estresado, …, para nada. Queda unha sensación de baleiro impresionante. Pero o peor e mirar as caras do resto dos compañeiros, a cara de Castiñeiras, do meu compañeiro nesta campaña –grazas Casti, sen ti non sería o mesmo-; de Marquiños –sempre activo e alerta-, de Anxo –que bo eres meu!!-, de Dieguiño –sempre queixándose pero sempre cumprindo-, de Fernando, de Marcial, de Gonzalo, de Ánxela, de Eva –grazas por todo, es increible-, de Víctor –un fenómeno!!-…; ver as súas caras de pena, decepcionados e tristes foi o que máis me marcou, é algo difícil de esquecer. Eu intentei facer de tripas corazón e disimular a miña pena para intentar animalos, pero …

Por eso me “jode” que algúns individuos agora se atrevan a facer comentarios para facer dano, comentarios que doen, porque hai xente que non ten culpa dos erros cometidos por outros, hai persoas que son profesionais no seu traballo e cumplen, e en moitas ocasións dan o douscentos por cen. Hai persoas, compañeiros e compañeiras que quedan nunha situación complicada.

Pero, agora ven o momento de reflexionar, de analizar o que aconteceu e porque razón os galegos e as galegas nos deron as costas, e porque preferiron que gobernase o PP. Estou seguro de que o PSdeG sobrevivirá a esta situación porque xa o fixemos noutras ocasións, e porque ninguén é imprescindible. Hoxe –ou onte- rematou unha época, púsose fin a un anaco da historia do PSdeG, un anaco de éxitos e de fracasos, de luces e sombras, e espero que aprendamos a lección para no futuro non volver a cometer os mesmos erros. O importante é o Partido, e os millerios de persoas que forman parte da nosa organización, e os mellares activos están na casa.

Grazas a todos os compañeiros e compañeiras, a todos os militantes e simpatizantes deste bendito Partido.

AMMA

marzo 2, 2009 at 8:58 pm 8 comentarios


Calendario

marzo 2009
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.