DdC. Punto e final -inesperado-

marzo 2, 2009 at 8:58 pm 8 comentarios

Sigo estando por aquí. Sigo vivo, aínda que triste, non o vou a negar. A noite de onte non foi doada para ningún dos que estábamos no Puerta del Camino, e moito menos doado foi a noite e o día de hoxe. Algúns alégranse de que os socialistas non gobernemos outra legislatura, e eu entendo e respecto esa alegría. Eu tamén o estaría se fose á inversa. Pero o que non me gusta e a burla, o vacile e a falla de respecto cara o opoñente, cara o rival político.

Esta campaña traballamos moito, percorremos moitos quilómetros, e ao final a sensación que queda é a da decepción, a de roubarlle horas ao sono, á familia, a de pasar días sen comer, a de estar estresado, …, para nada. Queda unha sensación de baleiro impresionante. Pero o peor e mirar as caras do resto dos compañeiros, a cara de Castiñeiras, do meu compañeiro nesta campaña –grazas Casti, sen ti non sería o mesmo-; de Marquiños –sempre activo e alerta-, de Anxo –que bo eres meu!!-, de Dieguiño –sempre queixándose pero sempre cumprindo-, de Fernando, de Marcial, de Gonzalo, de Ánxela, de Eva –grazas por todo, es increible-, de Víctor –un fenómeno!!-…; ver as súas caras de pena, decepcionados e tristes foi o que máis me marcou, é algo difícil de esquecer. Eu intentei facer de tripas corazón e disimular a miña pena para intentar animalos, pero …

Por eso me “jode” que algúns individuos agora se atrevan a facer comentarios para facer dano, comentarios que doen, porque hai xente que non ten culpa dos erros cometidos por outros, hai persoas que son profesionais no seu traballo e cumplen, e en moitas ocasións dan o douscentos por cen. Hai persoas, compañeiros e compañeiras que quedan nunha situación complicada.

Pero, agora ven o momento de reflexionar, de analizar o que aconteceu e porque razón os galegos e as galegas nos deron as costas, e porque preferiron que gobernase o PP. Estou seguro de que o PSdeG sobrevivirá a esta situación porque xa o fixemos noutras ocasións, e porque ninguén é imprescindible. Hoxe –ou onte- rematou unha época, púsose fin a un anaco da historia do PSdeG, un anaco de éxitos e de fracasos, de luces e sombras, e espero que aprendamos a lección para no futuro non volver a cometer os mesmos erros. O importante é o Partido, e os millerios de persoas que forman parte da nosa organización, e os mellares activos están na casa.

Grazas a todos os compañeiros e compañeiras, a todos os militantes e simpatizantes deste bendito Partido.

AMMA

Anuncios

Entry filed under: Autonómicas 2009, DdC, Galicia, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , , , , .

Vai … e vota La Feijooneta

8 comentarios Add your own

  • 1. antiacuicola  |  marzo 2, 2009 en 10:50 pm

    Estimado Blas:
    Sinto que as tuas palabras están ditas dende o corazón.
    Sei que defendeches un proxecto no que ti creias, vos creiades.
    Pero hai algo que supera o Partido , o POBO. Un Pobo que vos por encima de todo , repito, DE TODO.
    Non cometades o mesmo ERRO pras proximas. O Pobo quere Gobernos progresistas, deso non hai dúbida. Aproveitade esta derrota pra pensar nos erros cometidos.
    Como un apunte , e eu fun militante do PSdG fai anos , ESCOITADE.
    Hai unha parte do himno Galego que define mui ben cal e a verdadeira politica que demanda un pobo:

    Os bos e xenerosos
    a nosa voz entenden
    e con arroubo atenden
    o noso ronco son,
    mais sóo os iñorantes
    e féridos e duros,
    imbéciles e escuros
    non nos entenden, non.

    !!Fartamosnos de recordarvolo!!. Fartamosnos de berrar , coma os nenos pequenos que queren unha atención de súa nai. Fartamonos tanto, que non nos quedou mais remedio que chamar o veciño do lado, PP.
    Replantexadevos a vosa política. Non todo a cambio do benestar do Partido. Todo a cambio do POBO. !Caia quen caia!

    Se en algo te ofendin , que sepas perdoarme. Non era con esa intención , senón de que as bases vos derades de conta o que estaba a acontecer.
    Antes de pasarvos a vos xa me pasou a min. No mesmo Partido.

  • 2. Freiman  |  marzo 2, 2009 en 11:19 pm

    * O sinto Blas, pero estou de acordo co comentario anterior. Tivechesdes información dende a rúa e non escoitachedes ou escoitaron. Fai tres anos e medio apostamos por un troco que non se levou a termino. Quizáis Touriño foi demasiado laxo con BNG, é istos se creeron que xa chegarán ó ceo é podía facer o que lles daba a gana. Non houbo abstención. Moitos no estaban de acordo cun pacto previo, quizáis ese foi un dos erros. O PSdeG no intentou conquerir máis, senón conquerir un resultado parecido ó anterior. No foi valente e decidido. O PP en parte fixo un campaña sucia, pero templada, cousa que non fixeron outros. Pra min ó BNG é Quintana perderón toda a credibilidade. Á obriga do PSdeG é captar ós apoios do BNG. Ai que renovarse, coma fixo o PP. Xente coma a Sra. Barcón, que está máis que fichado na Coruña, non pode ir de número UN na Lista pola circunscripción. É coma ó PSdeG no se mova, ágora ó testigo debería ir pra ó Vicesecretario Xeral, Varela, ós seguintes en caer en mans do PP serán ás cidades. Non se pode Gobernar, coma fixa Aznar, sen pisar a rúa, sen saber ó que pensan, queren, opinan ós ciudadáns. Nun despacho non se escoita. Se escoita na rúa. Ai que facer o necesario é útil pra ós ciudadáns, non ó que algúns creen necesario. O politíco debe ser un xestor, opinar, pero que manda son ós ciudadáns. O PP parece que aprendeu. O BNG non. Será capaz ó PSdeG. A próxima cita importante son ás eleccións municipaís ¿ou pensades arranxar ó tema dentro de 20 anos?
    O voto en branco e o nulo, o meu (pouco importante) se duplicou. A Rosa Díaz e Terra Galega arañaron algúns votos, pero a abstención foi, sen dubida, de esquerdas. A xestión do Goberno do Bipartito non foi a desexeda é tuvechesde información sobre cousas e actitudes. ¿Escoitachesdes?

  • 3. Rubin de Cendoya  |  marzo 3, 2009 en 12:02 am

    Blas, yo puse un post titulado Aleluya
    . Eran dos una por los resultados de Patxi López, que nos puede librar del nacionalismo decimonónico obligatorio y otra por los resultados de las elecciones gallegas.

    No voy mucho por Trives, sólo dos veces al año y no más de tres semanas en total. Te puedo asegurar que nadie es capaz de señalar el más mínimo cambio en todo el partido judicial que sea producto del cambio político producido en la Xunta hace ya cuatro años. Si no cambiaron ni las gaiteiradas de la TVG.

    Estoy de acuerdo básicamente con los dos comentarios anteriores. Especialmente en el error grave de no cuestionarse el pacto con los nacionalistas cada vez más influenciados por la UPG. Es una pena que no haya un partido en Galicia que pueda hacer de bisagra, como ya lo hubo hace años, pero esa carencia no debe llevaros a coincidir con los postulados nacionalistas y dejarles campar por libre.

    En fin, reponte del disgusto, dedícale más tiempo a tus niñas, y eso de que el partido es lo más importante, relativízalo un poco; el partido no es más que el instrumento para alcanzar el poder. Nunca puede ser un fin si queremos realmente vivir en democracia, otro cantar es el ansia totalizadora de toda organización humana.

    Sinceramente, un abrazo y ánimo que ya vienen las europeas y te caerán más kilómetros.

  • 4. Saul  |  marzo 3, 2009 en 3:18 am

    Estoy de acuerdo con los comentario anteriores. Toca autocrítica. El PSdG perdió una oportunidad de hacer progresar a Galicia, con decisione spolíticas. Zapatero será recordado por retirar las tropas de Irak y aprobar la ley del matrimonio homosexual, pero Touriño, por qué será recordado? Eso es, faltó valentía, faltaron decisiones y faltó política. Ni siquiera se dio un giro a la situación de la Cidade da Cultura.

    Repito, autocrítica.

    Un saludo, Saul

  • 5. Delfín  |  marzo 3, 2009 en 1:48 pm

    Compañeiro, os sentimentos son os mesmos, rabia e pena.
    Ánimo, hai que repoñerse, como me dixo a miña nai: ”
    -¿como che foi?”,
    — “Mal má, perdimos”,
    – “Hei, que non che afecte, eh!! que xa haberá máis veces”,
    –“Xa, pero nunca estivemos tan cerca de …”,
    -“Boeno, ¿e comiches?”.
    Nai non hai máis que unha, e PARTIDO un só.
    Ánimo PSdeG, que os valores son firmes e válidos.
    Apertas compañeiro. e sáudos para todos os da “O”.

  • 6. xoseantonlopez  |  marzo 3, 2009 en 2:06 pm

    Gracias Blas `por o teu traballo

    saudos

  • 7. REGADELES  |  marzo 4, 2009 en 1:24 am

    http://ferrolsuso.blogspot.com/2009/03/comparaciones-odiosas.html

    Por xesucristo, hai que parar isto

  • 8. vigo  |  marzo 4, 2009 en 1:52 pm

    Ola, que esperabas BLAS, como sabes xa me din de BAIXA como SIMPATIZANTE, pola prepotencia, chuleria, e demas, de TOURIÑO, e sobre todo no meu caso de ….. , que para pedir o voto, todo sonrisas, pero para escoitar o simpatizante, currante, votante fixo uns xestos cas mans de NON poder atender, que lle den polo c.. a moita xente.

    gastar 80 millons de ptas nun coche
    gastar xx millons de ptas en amoblar os despachos
    no meu traballo nos temos nin cadeiras para mober os pacientes

    o xerente do meu traballo (PSOE) tardo 18 meses en recibirme, e a politica que tedes vos os do psoe, coller un posto e a chupar, estou cabreado porque a dereita ganou, non fuchedes capaces de estar nin 4 anos, pero por outro lado espero que cambie a politica con respecto o traballo da xente que curramos na xunta

    un saudo

    pd. parece que no PSG so traballades 4 pero eu traballei bastante …..e a recompensa foi darme polo cu………asi que llevo varias eleccions votando a quen eu quero..

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

marzo 2009
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: