La Feijooneta

marzo 6, 2009 at 2:42 pm 10 comentarios

feijoneta

A través dun mail chégame a foto do novo coche oficial de Feijóo. A verdade é que este debuxo plasama exactamente o que intento decir fai varios días no blog.

A verdade é que Feijóo, con esto de prometer e de mentir durante a campaña, non se deu conta de que na Citroen de Vigo só se fabrican furgonetas e monovolúmenes, así que agora toca blindar unha Berlingo, jejejeje. De todos os xeitos tampouco se lembrou de contarnos aos galegos e as galegas que Citroen lle regalou un C6; que sorte teñen algúns!!. E os galegos e as galegas poñendo cartos do peto para que Feijóo se pasease nun Citroen que lle regalamos entre todos. E meu pai nun Seat Toledo de fai 20 anos. Somos todos iguais, ou non?

SQCQM

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Humor, Política, PP. Tags: , , .

DdC. Punto e final -inesperado- 25 deputados/as. Por pouco!!

10 comentarios Add your own

  • 1. Eu  |  marzo 6, 2009 en 3:59 pm

    Non dades aprendido. metedelle mais lleñao lume.

    Hai que ser humildes na vicyoria pro tamén na derrota.
    Traballade doutro xeito. Se empezamos a non recoñecer a victoria do PP, mal imos. De momento Feijoo non ten coche oficial inda.
    De momento seguro que vai ser mais barato co de Touriño. Que por certo esta nas Canarias DESESTRESANDOSE. Mentras ti no coche de teu pai de 20 anos.
    Non sexas tan parvo,carallo. Cala a boca e fala de politica de verdade. JODER!!

  • 2. TRU TRU  |  marzo 6, 2009 en 8:08 pm

    Mire Eu, a min paresme que eres un pouco fachilla, ademais que carallo lle importa a ninguen se touriño ou feijo van as canarias ou as baleares, tamen teñen dereito a vacacions como todo ó mundo. Acaso a tua vida familiar e moito mais diferente que iso? teñen mulleres as que queren coma nos as nosas, fillos os que coidan como nos os nosos, compran pan todo-los dias, e ainda que non o creas mechan coma todos. A unica diferencia e a vida laboral que escolleron, quizais o parvo foches ti por non seguilos seus pasos, e dito sea que eu non son politico. Somentes son un mais.

  • 3. Anónimo  |  marzo 6, 2009 en 9:07 pm

    Agora que vaia o Sr. Feijoo, tamén chamado o parvo de Vilardevós por xente do mesmo PP, a Paris a PSA e que lle diga que é o novo presidente de Xunta e que fabriquen máis coches que xa os mercará el os cartos de todos os galegos. Agora toca comenzar a privatizar todo, facer de pago o tramo da autopista de Ourense a Dozón e que os nenos nas escolas públicas volvan a pagar os libros de texto. Eso é único que saber facer o PP joder os traballadores en favor dos seus amigos empresarios.

  • 4. Freiman  |  marzo 6, 2009 en 9:21 pm

    * Blas, entondo ó cabreo, pero… Certo que Fraga tiña ó Audi blindado porque estaba amenazado, é quizáis ó PSdeG no explicou ben ó tema este é outros que aproveitarón ós outros. O certo é que en Vigo non se fabrica ó C-6, que é un coche de representación non “representativo” coma dixo Feijóoo. Representativa é a que tí pos no blog.
    No BNG segue todo igual, e na Coruña seguen a non enterarse. Po-lo efecto da “Ley D´Hont” ós deputados seguen a ser ós mesmos, pero na cidade da Coruña ó BNG perdeú uns 10.000 votos que non vai recuperar. O PSdeG menos, pero ten que renovarse. As persoas presentes están amortizadas. Non sei que faría por Lugo Ricardo varela, pero sí sei bastante do que dixo nos medios Mar Barcón, número un na Lista pola Coruña. ¡Debería dimitir! Hoxe, sorpredeume a entrevista co Conselleiro da Presidencia. Dí cousas interesantes. Algúns debería tomar nota.
    O bipartito, que non era una Goberno en coalición, senón eran dous gobernos, mereceu perder ás eleccións, pra ver sí algúns aprenden. Os outros non merecían gañar, pero a xente esta moi gueimada, sobor de todo pola crise. Quizáis axude a baixada de tipos, pero… “Zapatóns” debe Gobernar, ter as cousas craras e deixarse de “ocurrencias”. Veñen ás eleccións europeas, que nin fun ni fa, é logo ás municipais. E teño craro que na Coruña o BNG vai baixar, no vai recuperarse. Tiveron a súa oportunidade é non a aproveitaron.

  • 5. Freiman  |  marzo 6, 2009 en 9:24 pm

    * Olvideime ó mellor coche pra Feijóo sería un URO, fabricado no Polígono do Tambre, en Compostela. Unha furgoneta non sería adecuada, quizáis unha “Piccaso”, có que podrían visitar a “Cidade da Cultura”

  • 6. Dordo  |  marzo 7, 2009 en 2:06 am

    Blas,
    esta chuscada é inxeniosa mais agora non debedes dedicarvos a isto. Fai falta valentía e moito esforzo para reconstruír unha alternativa de esquerdas desde xa. Renovación, renovación e renovación. Pachi Vázquez é unha decisión errónea, está queimado coma o resto do Goberno-Touriño ;valoro positivamente a súa labor ao frente de Medio Ambiente, pero en certos eidos (plan Acuícola, por exemplo), subeuse ao carro da Soberbia Touriñana. Malo.
    Como eiquí comentan outros compañeiros, baixade á rúa, escoitade á xente e entendede qué se fixo mal. Non foi a demagoxia do Audi o que vos leva a oposición. Foi o endeusamento dun mediocre profesor de economía que nunca estivo á altura das circunstancias.
    ¿Qué pasa na terra do fundador do socialismo, que non hai persoas capaces para liderar un proxecto político que de respostas aos desafíos do século XXI? Non o entendo .
    Por certo, o vindeiro asalto de importancia (as europeas non contan ) serán as locais, e antes diso precísase dar un golpe de timón a tódolos niveis. Manter a persoaxes como Quintáns Vila en Porto do Son non axuda a rexenerar a vosa imaxe. Cavilade sobre isto porque cando de novo soe a campana, esta vez podedes caer por KO.

  • 7. Freiman  |  marzo 8, 2009 en 2:41 pm

    * Di a Sra. Barcón no seu Blog que ó PP no subeu tanto: 4000 votos na Cidade da Coruña. O problema non é ó que subiró eles, o problema é ó que baixaron PSdeG y ó BNG, que ó fixo, en máis, númericamente, e demaneira moi importante poncertualmente. Pero á Sra. Barcón lle gusta ir polas ramas, ten sustificación pra todo, e dí que se fixo aquelo i o outro, tamén o PP comenzou a “Cidade da Cultura”, tamén se fixo “Palexco”, que segundo ela non lle gusta. Pero da dobre/triple fila de vehículos nas rúas, non di ren, da “caca” dos cans culpa ós “incivícos” ¿Pra qué está logo a Garda Urbá? Eva Tomé dí que é unha gran xefa, tamen escribe ben, pero ós mensaxes na TVG ou na Radio demostran outra cousa. Se cree en posesión da verdade e non acepta de bo grado ás críticas. Neste espacio non podemos desenrolar un tema.
    En España se xuntaron dous crises a do “ladrillo” e a financieira, que en parte, tamén, ben polo “ladrillo”, pero a xente necesita respostas, non un museo. A xente necesita ter algo que levar a boca e manter a suas familias, Dende 2007 se via vir. Ás Bolsas así ó indicaban (ver foros en “Expansión”) é no campo ós gandeiros están perdendo poder adquisitivo dado o baixo prezo do leite, á masa forestal se destruíu polos incendios e á mala planificación da concentracións agrarias da Xunta do PP. No rural se permite construir en calquer leira. Eso é o que conta. O museo está ben, pero hay que marcar prioridades. A Sra. Barcón pretende facer da Coruña unha cidade turística poñendo ascensores, pirulis, tranvías y… eso pra que sirve a moitos dos que vivimos na cidade. Se encherán ós hoteis´, restaurantes e cafeterías, habera traballo pra algúns, pero que problemas acarreará iso. O primeiro e mellorar a calidade de vida dos que viven e pagan impostos nas cidades, logo outras cousas. ¿Cantos coruñeses visitarón ós museos? ¿Cantos galegos visitaron ós museos? Naturalmente ó meu proyecto non pode ser ó da Sra. Barcón, desfesora do “ladrillo”. Do “Parque do Observatorio” no di nada no seu Blog. ¡Humildade!

  • 8. Lupe Álvarez  |  marzo 8, 2009 en 8:57 pm

    Blas:

    A xente necesita ver se que cambia, e hai moito que cambiar, desde abaixo, desde os concellos, porque algúns acadan un pequeno anaco de poder e xa non o soltan aínda que os seus propios compañeiros/as non estean de acordo, fan oídos xordos e perpetúanse, a pesar de quedar cada vez máis sós.

    Por iso, despois de vir oíndo hai anos que Jano Leis o único que fixo foi botar da agrupación aos socialistas de toda a vida, vexo con ilusión que xa se están a mover. Iso é o que a xente quere ver.

    Se esto non funciona, cortar polo sano, que é o que todos lle pedían a Touriño con respecto a algún “elemento”.

    Se non se moven as cousas a xente se desencanta porque se dá conta de que non hai posibilidade de facer nada.

    Hai que aproveitar que a xente quedou apenada, preocupada e alerta para ofrecerlles cambios que poidan apreciar e volver ilusionalos.

    Ánimo!!

  • 9. manuel  |  marzo 10, 2009 en 11:30 pm

    Coa vosa actitude seguiredes na oposición durante séculos,asumide a derrota,perdestes maís de 50.000 votos e con Pachi Vazquez no ides a ningueres,facer un congreso democrático e elexir a un líder aunque tedes tan pouca democracia interna que nin asi…
    saudos e sorte na fria solitaria e dura oposición

  • 10. loa  |  marzo 11, 2009 en 1:08 pm

    supoño que o audi de touriño non o comprou el, ou eso penso eu e creo que non me equivoco porque seino de boa tinta.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

marzo 2009
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: