25 deputados/as. Por pouco!!

marzo 9, 2009 at 10:06 pm 15 comentarios

María Quintas

María Quintas

Confírmase que o PSdeG consigue o/a deputado/a número 25. Grazas aos galegos e galegas do exterior repetimos os resultados de fai catro anos, e María Quintas, a candidata número cinco por Ourense, é deputada no Parlamento de Galicia.

A sensación nestes intres é a de … “por pouco!!!”. Quedámonos ás portas de consolidar o goberno do cambio, pero non poido ser, os galegos e galegas decidiron que goberne o PP de Galicia.

De todos os xeitos, grazas, e a miña noraboa para María Quintas.

AM

Anuncios

Entry filed under: Autonómicas 2009, Galicia, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , .

La Feijooneta Só por picar ….

15 comentarios Add your own

  • 1. militantedisoltodecambre  |  marzo 10, 2009 en 10:51 am

    Benquerido amigo (e non sei se compañeiro)

    Hai que recoñecer a derrota e buscar as suas causas. E para min, non foi a causa o BNG, nin a crise electoral.
    As causas foron outras: o pasar da militancia, non respectar a democracia interna e certos actos que non deron a impresion de ser un goberno socialista quenos facía.
    Como ti ben sabes eu son un militante disolto, ainda hoxe ninguen nos explicou porque se disolveu a agrupación de Cambre. O Ricardo Varela (agora di que lle pediron as compañeiras e compañerios que se presentara para SECRETARIO XERAL, aínda que eu coido que eso argallouno él e o que lle pediron foi que se marchara para a casa) non tivo a humilidade de xuntarnos e explicarnos o que pasaba. Eu non me vou volver afiliar porque eu non me borrei, e o que me borrou que me volva afiliar.
    Debedes dimitir todos, ti tamén. Fuche prepotente, orgulloso e vanidoso, a túa colega (agora non se pon o telefono) tamén. Non soupestes entender este partido
    Un saudo

  • 2. blas  |  marzo 10, 2009 en 1:55 pm

    Gabriel (ou militantedisoltodecambre), que queres que che diga. Vouche dar a razón, porque seguro que é o que queres.

    Está claro que só xente coma ti entende ao Partido e ten a razón sempre, pero desde logo o que necesitas é aprender a rspectar aos demais, e sobretodo educación. E non cho digo por este comentario, que é bastante suave e normal. Dígocho por outros que tes feito en distintas ocasións e que demostran o tipo de persoa que eres.

    De todos os xeitos, moitas grazas por participar neste blog persoal, e como podes comprobar aquí non se censura a ninguén.

    Un saúdo

  • 3. militantedisoltodecambre  |  marzo 10, 2009 en 5:06 pm

    Non sei se te das conta que estas a violar a ley de protección de datos por por un nome no comentario (non digo que sexa o meu).
    Pero amigo (non sei se compañeiro) desde a prepotencia, a chuleria ou non porse o telefono non se poden gañar eleccións.
    Non che vou a permitir que ti me deas leccións de educación cando participaches nun golpe de estado en toda regla en Cambre. Como protestan disolvemos a agrupación.
    Mira son nado na provincia de Lugo e ben como simpatizante ou ben como militante traballei a reo para o PARTIDO.
    SOCIALISTA, sen percibir ningunha retribución por esto.
    Ainda que son funcionario nunca pedin nada estou onde estaba fai catro anos, o que me concede INDEPENDENCIA, non nson un bandullo agradecido
    Por certo ¿cando che dixen eu a ti algo con mala educacion?
    Tampouco pretendo ser o único que entendo ó PSdeG-PSOE, non que va, este partido ten milleiros de militantes (cos que pro certo so se conta para pegar carteis, ir de interventores e aplaudir nos mitíns) que estou seguro que entenden o partido moito mellor ca min e ca ti.
    Xa vexo que non se pode falar porque decir o que un pensa os dos despachos chámanlle mala educacion. Pedir que se vaian para a casa os que fixeron a desfeita non é mala educación, non home ¡que va¡
    Mira o noso Ricardo Varela, mais o desfacedor Moisés Rey (o pobre non da unha no clavo, esperemos que non sea este o que organice o CONGRESO, porque vamos o TACHO), máis algúns deses que andades de fontaneiros (non invento eu o término) debédes pensar o que fixestes e tomar a decisicón que consideredes máis oportuna. Pero Cambre, Abegondo….
    Cando se disolveu a agrupación de Cambre mandasteslle a CARDADOR que non enviara unha carta decindo que nos ía a convocar próximamente e ata hoxe, non somos nenas e nenos pequenos somos xente maior de idade
    Xa sei que tedes o poder de afiliar e de desafiliar no PSOE, pero non tedes o poder de decir quen e socialista ou non. Podedes disolver agrupacións pero nunca impor sentimentos, podedes dar e quitar carnets pero nunca roubar ilusións. Pasabos como a Rouco afortunadamente non ten poder para enviarnos nin o ceo nin ó inferno
    Quitastesme o carnet de militante do psdeg-psoe pero non me quitastes a decencia nin a utopía, porque sin utopía non hai esperanza e sen esperanza non se pode vivir.
    Parece que é un merito que neste blog non haxa censura, pero eu non espero eso, polo que nin dou nin quito mérito.
    Non te enfades porque che pida a demisión, ti mandas e os que mandan hai que pedirllela
    Dilles os xefes que se deixen de compoñendas e que chamen os militantes para que eles decidan ou ¿teñen medo as surprisas?
    Querido BLAS un forte saúdo dun socialista (disolto e sen carnet) que perdeu todo menos a decencia e a ideoloxia
    Ti xa ves, eu que queres que che diga pero o mais seguro e quen sabe

  • 4. Luis G. M.  |  marzo 10, 2009 en 5:37 pm

    Gabriel (militantedisoltodecambre), que cortiño eres.

  • 5. Eva Tomé  |  marzo 10, 2009 en 5:38 pm

    María a miña felicitación, o mereces. Bicos

  • 6. Freiman  |  marzo 10, 2009 en 11:36 pm

    * Felicidades, Blas. Non obstante son deputados, pero hai que ver ós votos, coma baixarón/medraron ós votos nas provincias atlánticas é por qué. Do PP se decía que gañaba no rural, pero ágora foi nas zoas industriáis. Algo ben pola crise, pero moito ben po-los días de campaña. Nembargantes, non se pode olvidar ó bi-goberno, etc. Votantes que non desexaban a coalición con BNG outros sí. O PSdeG debeu ir pra gañar, pra conquerir máis deputados, non pensar en reválidar pola mínima e seguir. Por outra banda, é a miña opinión e xa o expuxen algunha vez, hai que poñer persoas que sepan vender, que esten limpas. Tiven algunha crítica por algún comentario no blog de Eva, pero me considero “libre-pensador” é quero ó mellor pra ó País. É mellor sí quenes ós levan a término son ós “netos” de Pablo Iglesias, tamén galego. Da Sra. Barcón non vale a pena comentar máis. Sí vai nunha Lista nos primeiros votos eu non a voto. Xa cho dixen dende fai tempo. As persoas tamén contan, por iso ás Listas, aínda que de un Partido (pechadas), deberían permitir seleccionar ós representantes (abertas).

  • 7. militantedisoltodecambre  |  marzo 11, 2009 en 9:34 am

    Moitas gracias por contestar Eva.
    Non me tomedes a mal que critique a postura da executiva do PSdeG-PSOE con respecto a Cambre.
    Non me parece ben que cando os que mandan non están de acordo disolvan a agrupación.
    Hai que volver a época das primarias. Os militantes teñen a ultima palabra e deben ser os oidos e os ollos do que pasa na sociedade. Non se pode olvidar que son os que andan mezclados coa xente e, son os que saben o que pasa.
    ¿Cómo pretendedes

  • 8. anonimo  |  marzo 11, 2009 en 1:21 pm

    A obsesión de Freiman con Barcón e tal que penso que debería pedirlle unha cita para tomar un café. Do odio ó amor non hai máis que un paso, tamén en política.

  • 9. Bartolo  |  marzo 11, 2009 en 2:28 pm

    Hai que ter bemoles para andar buscando estímulos para seguir no machito. Ti sabes perfectamente quenes foron os culpables desta fiasco vergonzoso no que, si tiverades algun resto de vergonza, sairíades todos pola mesma porta que o inefable engreído Touriño. Ti querido Blas que firmas como “adxunto a Secretaria de Organización”, e os teus coleguillas, Ricardo Varela, Javier Carnota, Modesto Pose e Moises, sodes os culpables por acción e omisión do desbaraxuste do partido (desfeito agás nos favorecidos amiguetes) e do desastre electoral. O malo e que é o partido e os seus militantes de verdade os que sufrimos as consecuencias de tanto vago sin oficio nin benefico que vive de facela pelota e sorrirlle ao mandarico de turno. Ide rañala e deixade de buscar “éxitos” na provincia de Ourense. Touriño presentouse por Pontevedra ¿sonache de algo un menos…?

  • 10. militantedisoltodecambre  |  marzo 11, 2009 en 6:08 pm

    Benquerido BLAS:
    Xa ves, moitos mais pensan coma min. Tentouse un experimento que e facer un partido de cadros dirixido por profesores universitarios (de política nin idea) con diversos executivos na rúa do Pino que levaran a cabo as directrices emanadas dos “laboratorios de ideas”.
    E pasouse completamente das e dos militantes. ¿Para qué?. Pensouse que eramos parvos (algo moi grave) e secuestrouse a vontade da xente, agora vensenos con PACHI VAZQUEZ (está mais queimado ca pipa dun indio).
    Vai xurdir unha plataforma A PLATAFORMA POLO PARTIDO SOCIALISTA GALEGO que xa ten un candidato, rapaz novo e alcalde.
    Non votarlle culpas ó BNG a culpa tivo a dirección (catedráticos) do partido.
    Un saúdo e non te enfades BLAS

  • 11. blas  |  marzo 11, 2009 en 9:11 pm

    Estimado Bartolo, desde o teu anonimato é moi fácil facer crítica, e sobre todo de persoas as que non coñeces ou non sabes siquiera as tarefas que fan. Pero non vou a ser eu o que che explique as responsabilidades de cada un.

    A Gabriel de Cambre dicirlle que eu non me enfado con ninguén polo que diga neste blog; se me enfadase non publicaría os comentarios. Cada un é libre de pensar e escribir o que queira, e eu o que facerei sempre e respectar aos demais, aínda que non o comparta.

    Grazas por opinar e participar neste blog

  • 12. Ex-militante  |  marzo 12, 2009 en 8:19 am

    Deches no cravo, militantedisoltodecambre.
    Esa é a gran enfermedade deste “novo socialismo”, a prepotencia dos “cargos”. Cando realmente somos todos “compañeiros”.
    Cada día que esta a pasar evidenciase mais as “diferencias” entre as bases e as “executivas”. Perdiuse o Norde.
    Non se gaña nada asi, agas os mesmos votos cautivos.
    Eu coñezo alguns dos que nombras, en concreto a Modesto Pose. Tanto é asi , que inda nos esta a deber unha reunión , proposta por él fai mais dunh ano, os seus veciños de Barizo. Tema: piscifactoría de Seiruga.
    Non todo se arregla dende a Bluberry esa de marras, hai que pisar a lama, HAI QUE ESCOITAR O POBO.
    Tal coma ti , eu tamén fun militante (1982) inda que sigo tendo as mesmas ideas socialistas. A min non me borrarón , BORREIME EU.

    Magoa, a pana trocouse en seda.

  • 13. Freiman  |  marzo 13, 2009 en 10:21 pm

    * Hola Blas, comparto las manifestaciones de Fernández Moreda, en el sentido de que los pactos de Gobierno con el BNG no tienen por qué ponerse en duda. Yo en su momento los apoye. Lo que tiene que quedar claro es el proyecto de Gobierno y quién es la cabeza del Gobierno. En la Xunta había dos cabezas, dos Gobiernos. El mayoritario del PSdeG y el minoritario, aúnque con bastante ruido, del BNG. Yo los apoye, pero se acabó. Quintana, principalmente, y Henrique Tello, en La Coruña, han defraudado. En Coruña el BNG bajará y el PSdeG puede perder el Gobierno, a no ser que se renueve. “Sir” Vázquez, captaba los votos que el PP tenía en las autonómicas y generales, pero el Sr. Losada, no. Su equipo está cansado, sin ideas, y no tienen en cuenta las necesidades y anhelos de los ciudadanos, de los barrios. Van a “su bola”, ellos discuten y acuerdan sobre moqueta. En estas condiciones podrá incrementarse la abstención, el voto en blanco o el trasvase al PP. Quién decide las elecciones es el centro-izquierda. Y hay que pisar la calle y estar en contacto con la gente. El próximo lunes se abre al público la zona rehabilitada del Mercado de las Conchiñas, en La Coruña, pero debería estar abierta esa zona en Agosto del pasado año. ¿Qué ha pasado? ¡Incumplimiento!

  • 14. Ex nacionalista  |  marzo 14, 2009 en 2:28 am

    Por puco. Iso seguro que foi o mesmo que dixo Fraga fai case 3 anos.
    En fin, non se consola o que non quere, pero mellor lle iria ao PSdeG e ao BNG por qué tantos votantes lles demos as costas nestas elección.
    No meu caso non só me tiven que dar de baixa do bloque polas “chapuzas” que estaban a copiar ao máis estilo do PP de Fraga, se non que a súa “Democracia” a algúns aplicannola só para pegarlles carteis “bueno, dende que accederon á Xunta, diso xa se encargaba unha empresa) se non que tiñamos que ir a enchelos mitines para darlles “calor” aos aspirantes.

  • 15. +verdades  |  marzo 16, 2009 en 6:39 pm

    Non é de tolos sinalar a responsabilidade de Barcón en todo esto. De feito, creo que é moito maior aínda do que parece.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

marzo 2009
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: