As bases

marzo 18, 2009 at 8:21 pm 10 comentarios

Militantes Socialistas

Estas últimas semanas no entorno do Partido, os medios de comunicación e os compañeiros e compañeiras non deixan de mencionar unha palabra: BASES. Todo o mundo as cita, ou as quere escoitar, ou incluso algúns se atreven a erixirse no seu portavoz. Bases, bases, bases, … e máis bases!!.

E é neste momento cando parece que todos –ou case- nos damos conta da importancia que teñen as denominadas bases. Pero, que e quenes son realmente as bases?. Que é ese ente etéreo que todos mencionamos?. Existen as bases, e para que serven?.

Segundo o diccionario da Real Academia Galega un dos significados da palabra base é o de elemento que sirve de apoio a un corpo, pero hai outros moitos que poñen de manifesto que unha base ou as bases, neste caso, son fundamentais para apoiar, cimentar, ou aguantar algo –ou a alguén-, e polo tanto canto mellor e máis forte e resistente sexa mellor

Polo tanto, é obvio que a todos nos interesa contar cunhas boas bases, pero ademais termos que coidalas e respectalas, porque se as maltratamos ou deixamos que se deterioren poden ocasionar que toda a edificación se desmorone.

As bases do PSdeG posuen unha forza enorme, unha forza tal, que levan aguantando deste Partido durante anos, e son os que máis soportaron e sufriron nos momentos máis difíciles e duros polos que atravesamos. Por iso é bo que as atendamos, as mimemos e as escoltemos, …, pero máis importante é que as entendamos e que interpretemos con claridade o que nos din, porque corremos o risco de que nos poidan levar a todos e a todas por diante.

As bases, afortunadamente habelas hainas.

A.M.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Persoal, Política, PSdeG-PSOE.

Só por picar …. PSdeGTV

10 comentarios Add your own

  • 1. Freiman  |  marzo 19, 2009 en 12:09 am

    * ¡As Bases! Podemos filosofar sobor do termo, pero o fin son ós militantes que non teñen responsabilidades ós que forman ese grupo maioritaria que é a Base. No vértice superior da pirámide está o líder é un pouco maís abaixo ós que teñen cargo. Moitos destes tratan de que ós que poden subir non suban. Fan dos seus cargos unha profesión é así non se vai a ningures. O Partido é un grupo que toma unha postura, pero son ós militantes ós que deben escoller ó seu representante, pra ó que non val compartimentar é utilizar ás maiorias. O que ai que facer é seleccionar o mellor líder posible, compartimentando por delegacións ou zonas pero respetando ás votacións: O Comité Local da Coruña votou a favor de X e a favor de Y e, ademáis, Z, tivo tantos apoios. Quizáis noutra demarcación Y ou Z teñan máis votos que X, por tanto, todos suman. Isto foi o que se intentou facer en “Foro, por la Innovación Social” de Eduardo Punset.
    Un saúdo, Blas.

  • 2. Charo  |  marzo 19, 2009 en 1:30 am

    As bases. ¿Qué somos as bases? ¿Para que valemos? ¿Quen nos escoita? ¿Cando? Asembleas, poucas. Debate, ningún.
    E cando tes unha opinión diferente á maioría ou simplente tes unha opinión, molestas. Ou algo queres ou o que queres é fastidiar, afundir o partido. E daste de conta de que o mellor é estar calado, non vaia ser que alguén lles recorde aos demáis o mal militante que sempre fostes e saque a relucir todos os teus defectos, que de seguro non son poucos. De non ser así podería ser que alguén dese creto ás barbaridades que se che ocorren. Porque as bases son bases. As bases non discrepan. Calan polo ben do partido.
    As bases.
    E cando o debate é de obrigado cumprimento e non interesa, non vaia ser que alguén fale máis da conta, algúns e tamén algunhas, que non son bases, facendo gala do seu espíritu democrátrico, primeiro te convocan á asemblea extraordinaria na que se elixe en lista pechada aos representantes para o congreso. E unha vez resolto o tema, xa as bases poden debater o que queiran. Ata o amanecer. Veña asemblea ordinaria para debater as autonómicas e que chova. Total. As tonterías que se nos van ocurrir ás bases.
    Pero con todo, segues sendo base. Porque o levas dentro. Porque o sintes. Porque o vives. Pero cada ano que pasa vas máis canso.
    Pasan os anos e ves como os que non son base son practicamentes sempre os mesmos ou están detrás dos novos. E daste de conta de que as cousas cambian moi pouco ou nada.
    E daste conta de que,tal vez, nin vala a pena achegarse a sede a cansar a ninguén coas túas tolerías. A fin de contas, ¿que vas saber ti sobre que pasou nas autonómicas nin de nada? Non es máis que unha militante de base.

    Gracias Blas por deixarme desafogar no teu blog.
    Un saúdo,

    charovarela@blogspot.com

  • 3. undetal  |  marzo 19, 2009 en 1:50 pm

    Benquerido Freiman,

    eu, despois do fiasco que ven de supoñer para o socialismo galego o experimento de Iniciativas21, e as tonterías de Fabiola Sotelo, Petenes y demáis, penso que hoxe máis que nunca o que hai que facer e reforzar o partido.

    É certo que dentro dos partidos os mecanismo de participación e renovación non son perfectos. E cumpre traballar neles. Pero fora dos partidos hai moi pouca cultura política práctica. realpolitik ou como a queiras chamar. E cho digo cun exemplo extremo que entendes porque moitas veces falas contra dela: dame vinte veces a Mar Barcón coma conselleira de Sanidade antes que a María José Rubio. Por qué? porque a primeira vai saber facer unah xestión política socialista real, daralle prioridade ós temas do programa electoral, consultara ós colectivos, apoiarse nos sectores áfíns, vender a xestión e encarar unhas novas eleccións. Vamos, que mesmo cando se trabuque, trabucarase dende unha óptica socialista En fin, que é política, mesmo se non nos gusta persoalmente. E María Xosé Rubio non é nin técnica, non coñece que se fixo en política sanitaria nos gobernos socialistas, non ten contactos cos colectivos, non participou na redacción do programa…. E o mesmo poderíamos decir de Educación, de Política Territorial ou de tantos outros departamentos

    Touriño é hoxe o primeiro presidente autonómico que perde a primeira reelección a que se presenta dende o poder.Todo o mundo, mesmo o problemático primer goberno de Montilla, repetiu. E boa parte da perda das eleccións fragouse en torno a crenza de que os partidos eran entidades serodias, corruptas e prescindibles, e que os grandes independentes da sociedades poderían xestionar mellor a cosa pública. O 1M vímolos resultados. Os independentes volven ás súas cátedras e nos á oposición.

    Eu quero máis partido, porque enfrente temos ó PP un partido moi ben armado, que non anda nas lerias de darlle alas a un Petene e que xa non precisa un Fraga para gañar. E Punset, con tódolo respeto do mundo, que faga libros e divulgación científica.

  • 4. Cromen  |  marzo 19, 2009 en 2:44 pm

    OTAN non, bases fora!

  • 5. Freiman  |  marzo 20, 2009 en 12:34 am

    * Undetal, non sei sí a Sra. Barcón será mellor que María Xosé Rubio. A primeira é unaha muller de partido con experiencia na laboura política, máis a súa labora no Concello da Coruña non diría que fose destacabe. Ai moitos puntos oscuros. Polo pronto iva de primeira na Lista e ó partido perdeu na provincia uns 75.000 votos. A Sanidade non é unha Consellería sinxela.
    A perda do poder non soio ben polos Conselleiros independentes do seutor socialista, ben polo que non se transmitiú ou se deixoú de espricar (coche, cadeiras, etc.) é a laboura negativa do BNG, principalmente do Sr. Quintana, que na Vicepresidencia, foi un fraude. A perda da Xunta pode sumarse a perda de algúns Concellos, como ó da Coruña polo que non se esta a facer, non por parte do BNG, senón por parte do PSdeG. O Sr. Losada non é o líder que era Paco Vázquez. De segundón podía ser boo pero de Álcalde non funciona, a meu entender. O PSdeG que faga ó que queira ós que votan, ós cidadáns, farán ó que estimen mellor.

  • 6. blas  |  marzo 20, 2009 en 2:58 pm

    Freima, vou a decirche unha cousa, e espero que non che sente mal, pero eres un “pouco” pesado. Sempre estás coa mesma cantinela e parece que non sabes falar doutra cousa.

    Semellas cos teus comentarios que estas obsesionado, tanto con Mar Barcón como con Javier Losada. Eu non son quen de xulgar a labor de Mar ou Javier ou o resto dos concelleiros de A Coruña. Nin xulgarei nunca a de Paco Vázquez, porque para iso xa están os cidadáns da Coruña. E ti o que non podes, nin debes é estar a diario criticando, e as veces ata insultando áas mesmas persoas, xa que é moi doado facelo a través da rede, e dar unha opinión e que quede aí para que a lea todo o que queira.

    Pero hoxe, xa ti, un experto analista político, tes a capadidade de saber cantos votos perdeu o PSdeG por encabezar Mar a lista de A Coruña, e encima os cuantificas alegremente. Eso, e perdoa que cho diga é ser un insensato e un -como din no meu pobo- falabarato. E dígocho sen acritude.

    Feima, grazas de todos os xeitos por visitar o meu blog.

    Un saúdo

  • 7. undetal  |  marzo 20, 2009 en 6:47 pm

    Home, Freiman,

    au non son quen de falar da xestión da Barcón na Coruña, que non vivo alí, pero o que non me parece xusto e decir que ela perdeu os 75000 votos da provincia.

    A campaña, se algo foi, foi sobre todo presidencialista. Non houbo nin unha foto que non fose do presidente, e non se fixeron, como se facían hai anos, carteis ou propaganda cas caras dos candidatos, por poñer un exemplo. Penso que con esta campaña, tanto tiña quen fose de candidato: Barcón, Sestayo, Méndez, Cerviño.

    Ademáis, e por conveniencia da mecánica dos partidos, os liderádegos de listas están difuminados: Negreira non foi a ningún debate e mandou ó número dous do PP; na área de Coruña Aymerich actuaba como número un do BNG pero en Santiago non, e así…

    Así que non sei se se lle pode achacar o incremento ou perda de votos a unha persoa concreta nunha lista

  • 8. Freiman  |  marzo 20, 2009 en 10:21 pm

    * Pues sí, quiza he sido un poco pesado, debido a que no me gusta la mediocridad ni las “chapuzas”.
    No diría tanto, pero no tengo cierta “teima”, ya que percibo que sí se cambian comportamientos y actitudes la Ciudad va a dar un vuelco. El tiempo dirá sí tenía o no razón. Cómo vivo en La Coruña habló (escribo) de lo que conozco, veo y percibo. ¿He sido pesado? Lo lamento, no volveré a serlo.
    Sí comento algo en tú blog lo hago con tú permisividad, lo que se agradece. Intento hacerós ver los problemas que existen. ¿Qué no queréis verlos? Será peor para vosotros, y para unos gallegos vinculados a la izuierda.
    No soy experto en nada. Pude equivocarme en la cifra y tendría que revisar la diferencias de votos entre las pasadas elecciones y las presentes. Lo que sí recuerdo es que el voto nulo y en blanco se duplicó. Sí me he equivocado, que creo que sí, pido perdón. No obstante, los datos están a la vista de quién quiera verlos. Intentaré revisar los datos.
    Perdona sí te he molestado u ofendido. No ha sido mí intención. Entiendo que la única forma de rectificar es aprender de los errores y corregir. Sí se hace bien, espero que para todos, de lo contrario, tendremos al PP por los Siglos de los Siglos ¿Eso queremos? Lo que no es de recibo es la inexistencia de autocritica y la complacencia.
    Reitero pido disculpas por ser “un pesado”.

  • 9. blas  |  marzo 20, 2009 en 11:18 pm

    Freiman, eu agradezo que ti e outras persoas que o desexen comenten no meu blog, e só pido que sexan correctos e respectuosos.

    Se che contestei ao comentario é porque creo que te equivocas enormemente nas túas apreciacións e valoracións, e aínda que ti teñas unha opinión, tamén hai outra moita xente que pode ter outra distinta á túa. E o que ten esto de dedicarse á política e ser cargo público -como é o caso de mar Barcón-, e que nunca chove a gusto de todos. Podes facelo moi ben, que sempre haberá alguén que che critique; ou ao revés.

    Estimado Freiman, de todos os xeitos estás invitado a participar e opinar neste blog cando queiras, pero tamén entenderás que eu poida revatir certos argumentos que dades. E non penses que tampouco estamos apartado no mundo real e da rúa, nos somos conscientes dos problemas que existen.

    Un saúdo, e moitas grazas polas túas opinións

  • 10. Freiman  |  marzo 21, 2009 en 12:13 am

    * El 13 de Marzo, dos días después del atentado del 11-M y vísperas de las elecciones comencé en el “Foro de Politíca” de “Expansión” a apoyar al PSOE y Zapatero. He apoyado el Gobierno Municipal de La Coruña y el Gobierno de la Xunta, aúnque en ambos casos voté al BNG. Estos me ha defraudado tanto en un lugar cómo en otro. Las listas son cerradas y miro la personas que componen las listas. En función de eso me muevo. A nivel de España no hay opción.
    Sé que marcar a una persona con la pérdida de “X” votos es exagerado, pero sirve para ilustrar. Nadie va a tener el apoyo incondicional de los ciudadanos, realizará obras buenas, regulares o malas, pero hay que valorar el conjunto. Yo aspiro a la excelencia, al buen hacer, a la honorabilidad de los representantes de los ciudadanos, a la responsabilidad. No tengo problema ni inconveniente en reconocer mis fallos o errores y lo mismo pretendo de los representantes de los ciudadanos. A mis años y habiendo militado en organizaciones de izquierda es dificíl que alguién me pueda vender algo imposible. Sé que no se puede contentar a todos, pero hay que procurarlo, buscando el equilibrio necesario. Hay que priorizar, gestionar y resolver de la mejor manera posible en beneficio de todos, no sólo de la mayoría. También hay que corregir los excesos, de ahí viene el problema financiero.
    Reconozco que he sido “pesado”. Aúnque comprendo la derrota me duele que no se haya podido continuar, en parte, por eso he sido “pesado”. Si no se toman medidas apropiadas, en las municipales veremos lo que sucede. Para la Generales aún falta mucho y para entonces quizá, eso espero, ya estemos en la senda de la recuperación. En contra de la opinión de algunos “amigos” yo prefiero a Zapatero y no a Rajoy en la Moncloa.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

marzo 2009
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: