Louro, Mar e un cacho de Ricardo (os meus tres xefes)
Outro congreso máis, e xa van … catro; unido ás moitas campañas realizadas -desde as autonómicas do 2001-, aos centos de actos organizados, e a tantas e tantas actividades, historias, anécdotas, e as moitas e moitas e moitas horas de traballo nestes oito anos na Rúa do Pino fixéronme plantexarme e pensar se non será o momento de cambiar de aires, de buscar outra actividade profesional. A verdade é que nestes anos traballando na Organización do PSdeG estiven feliz, porque traballaba no que me gusta, servíume para aprender, para coñecer xente, …, cantas boas persoas forman este Partido!!!, para madurar, para volverme máis agrio e borde no carácter, para coñecerche a ti, para disfrutar coas victorias, para sufrir coas derrotas, …, oito anos no PSdeG dan para moito!!!.
Antón Louro -noraboa Delegado- foi o que me levou para a Secretaría de Organización, aínda que Lage foi o que me levou para o Pino, para traballar nas XSG. Ricardo Varela foi o meu seguinte xefe e co que vivín a época máis gloriosa, e Mar Barcón a última e coa que menos traballei, por desgracia; de todos aprendín algo, cada un distinto no seu carácter e na súa forma de actuar; e agora vou a ser políticamente correcto e non vou a decir cal foi o mellor. Traballei só para un Secretario Xeral, para Emilio Pérez Touriño, hoxe emocioneime cando o vin no Congreso, e cando os asistentes posto en pé lle aplaudiron durante bastante tempo. Pero sen dúbida o mellor de todo foron e son os meus compañeiros e compañeiras de traballo, uns máis que outros, non cabe dúbida, porque houbo instantes de tensión, de alegrías, de desconfianza, de comentarios e cotilleos, de ceas e xantares, de risas e lágrimas, …, pero momentos que non son nada diferentes aos que se viven en calquera familia.
A verdade é que me estou poñendo triste e melancólico lembrando todo o vivido, e este Congreso Extraordinario, estes dous días en Pontevedra fixeron, como vos dicía ao principio, plantexarme moitas cousas sobre a miña vida laboral. Agora toca pensar, falar, reflexionar, … pensar no futuro persoal.
Este Congreso marca unha nova etapa no PSdeG, un antes e un despois para todos os que formamos esta gran familia, un momento no que hai que traballar a reo, máis que nunca. E no que non podemos pensar que vai a haber mesías ou que hai unha variña máxica que vai a resolver todos os problemas. Nin Pachi, nin Mar, nin Pablo, nin a nova Executiva van a resolver sós os problemas e a sacarnos desta situación, aquí todos e todas as militantes e simpatizantes van a ter que arrimar o ombreiro e traballar duramente. E eu estarei, coma sempre, traballando para o PSdeG, sexa onde sexa estarei dandoo todo, porque loitarei sempre por defender as miñas ideas.
Hoxe é deses días nos que teño tempo para escribir algo para o blog. Fai varios días que o Congreso me ten absorvido case todo o tempo. Dedicación case plena, e cando queda algo de tempo libre, pois o que menos apetece é sentarse a escribir algo.
De todos ps xeitos fai varios días que me propuxen escribir e recomendarvos un novo espazo que xurde na na rede socialista de blogs; ademais de aproveitar para falarvos duns compañeiros e compañeiras da miña comarca. Os compañeiros e compañeiras de A Pobra decidiron fai uns días sumarse a esto das novas tecnoloxías e aproveitar as facilidades da rede para dar un pouco de “doctrina”, e ao mesmo tempo informar, aos pobrenses -en particular- e a todos e todas as que o desexen, sobre o que acontece no seu concello, as súas actividades políticas e outras serie de cousas.
Eu, que son un defensor das posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías aplaudo sempre estas iniciativas, e apoioas en todo o que podo, e moito máis a uns compañeiros e compañeiros de comarca. E con maior motivo se se trata dun grupo de persoas cunha tremenda ilusión e gañas de traballar; polo tanto, non podo máis que felicitar e animar aos socialistas de A Pobra.
Ao fin, parece que están no bo camiño, despois duns anos dando tumbos, e cometendo infinidade de erros que nos levaron a todos a rozar o ridículo, e a decepcionar a moitos pobrenses. Agora, afortunadamente parace que estamos a dar un xiro de timón, e a convertirnos nunha alternativa seria; e, sen dúbida ese éxito débese a un grupo humano que está intentando xerar algo novo e fresco na Pobra, algo que esté afastado das tradicionais familias que nos levaron a pasar unha verdadeira odisea.
Borja, Pardavila, Berta, Andrés, Celestino, Teresa –a Secretaria Xeral-, …, e outros compañeiros e compañeiras son os artífices deste cambio, no que só buscan traballar en positivo, e camiñar cara adiante, sen torcer a cabeza para mirar ao pasado.
Falta pouco máis dunha semana para o inicio do Congreso Extraordinario. Nesta ocasión, e por primeira vez desde o ano 1998 (tamén nun Congreso Extraordinario) saímos fóra de Santiago; imos a Pontevedra, ao Centro Social Caixanova. Un sitio moi bonito, moi coidado, adaptado ás novas tecnologías, pero … non está preparado para a celebración dun congreso dun número amplo de asistentes; non é un pazo de congresos.
Aínda así, e dadas as limitacións existentes, seguro que vai a saír todo ben, porque o importante deste congreso non é a escenografía, nin o número de invitados e invitadas que asistan, …, o importante é que os Delegados e Delegadas participen e sexan capaces de elixir un bo –ou boa- Secretario –ou Secretaria- Xeral e unha Executiva Nacional que sexa traballe a reo, que escoite e sepa entender as necesidades do Partido e dos galegos e as galegas. En definitiva, un equipo de homes e de mulleres que ilusionen e sexan capaz, co apoio de todos nós, de que este Partido volva a gobernar o noso País.
Xa sabedes o venres 24 ás tres e media da tarde inauguraremos o Congreso Extraordinario, así que saúde e sorte.
Eu non quero que ninguén me vexa coma un talibán do galego, nin moito menos. Eu sinxelamente son un galego ao que lle gusta e defende que no noso País se fale en galego, sen prexuízo nin discriminación de ningunha outra lingua. Pero sen dúbida o noso idioma forma parte importante e esencial da nosa cultura, e polo tanto estamos na obriga de defendela e protexela, porque corremos o risco, co paso do tempo, se non é así que poida ser algo residual, ou aconteza como nos anos da represión franquista e de dereitas, que falar galego era síntoma de incultura e só a falaban, e ás agachadas, as clases sociais baixas.
Escribo isto, porque estou preocupado polo que está a acontecer co noso idioma, e chego a esta conclusión por algo que comprobei o pasado venres en primeira persoa. Isto que vos vou a contar non é nada científico, non é ningún estudo sesudo nin subvencionado por ninguén, é unha constatación propia e persoal. O pasado venres a miña filla Paula celebrou o seu cupreanos, e xuntou en torno a uns quince rapaces e rapazas da súa idade. Eu estiven por alí con eles, mirando como xogaban, charlando, …, e comprobei que agás Valeria, todos falaban en castelán. O noventa e nove por cen dos nenos eran castelán falantes, e alí había nenos e nenas do centro de Boiro, pero tamén de parroquias menos “urbanitas”, vamos o que se di da aldea.
A verdade é que estou sorprendido, porque eu pensei que o galego tiña máis aceptación entre os máis novos, pero polo visto, non é así. E quen pode ter a culpa de todo isto?. Pois fundamentalmente os pais, e eu entre eles –loxicamente-, porque a pesares de que na escola os nenos e nenas teñan clases en galego, cando chegan á casa falámoslle en castelán; e se me preguntades porque, pois non sabería respostarvos.
Eu son galegofalante desde sempre, e meus pais sempre falaron en galego, sobre todo miña nai, que ademais ten a teoría de que todo o mundo pode entenderse sexa cal sexa a lingua que fale, sempre e cando “teñan interese en facelo” –como di ela- . Meu pai estivo emigrado en Bélxica moitos anos, e fala francés e flamenco, e unha vez –aínda era eu pequeno- viñeron á casa uns amigos belgas de meu pai, e só estábamos na casa miña nai e eu. Pois miña nai falando en galego conseguiu dicirlle aos belgas que meu pai non estaba, que saíra de viaxe e que voltaría para cear, e eles conseguiron entendela perfectamente a pesares de que só falaban francés. Entendérona tan ben, que á hora da cea alí apareceron os franceses. Miña nai niso da lingua sempre tivo as ideas claras, ela ademais dicía: “porque vou a falar en castelán con alguén si non o falei nunca nin o sei falar; eu falo no que sei”.
Pois agora, os pais falámolle en castelán aos nosos fillos porque pensamos que é máis “chic”, e porque non queda “fino” falar en galego; pero o que si queda fino e elegante é falar o castelán con ese acento de Valladolid que temos todos. Eu creo, polo tanto, que entre o radicalismo dos membros da Mesa ou dalgúns nacionalistas, e a deixadez e a desidia da meirande parte dos pais e das nais, creo que hai un termo medio, e que polo tanto debemos de respectar e coidar algo que é noso, porque falar galego non exclúe que falemos tamén en castelán. A nosa riqueza é precisamente esa. Coidemos o noso!!
Comentarios