Congreso Extraordinario

abril 15, 2009 at 5:56 pm 4 comentarios

logo_congreso

Falta pouco máis dunha semana para o inicio do Congreso Extraordinario. Nesta ocasión, e por primeira vez desde o ano 1998 (tamén nun Congreso Extraordinario) saímos fóra de Santiago; imos a Pontevedra, ao Centro Social Caixanova. Un sitio moi bonito, moi coidado, adaptado ás novas tecnologías, pero … non está preparado para a celebración dun congreso dun número amplo de asistentes; non é un pazo de congresos.

Aínda así, e dadas as limitacións existentes, seguro que vai a saír todo ben, porque o importante deste congreso non é a escenografía, nin o número de invitados e invitadas que asistan, …, o importante é que os Delegados e Delegadas participen e sexan capaces de elixir un bo –ou boa- Secretario –ou Secretaria- Xeral e unha Executiva Nacional que sexa traballe a reo, que escoite e sepa entender as necesidades do Partido e dos galegos e as galegas. En definitiva, un equipo de homes e de mulleres que ilusionen e sexan capaz, co apoio de todos nós, de que este Partido volva a gobernar o noso País.

Xa sabedes o venres 24 ás tres e media da tarde inauguraremos o Congreso Extraordinario, así que saúde e sorte.

A.M.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Política, PSdeG-PSOE. Tags: , .

Entrevista a Loli en PSdeGTV Pobra Socialista

4 comentarios Add your own

  • 1. mguevara  |  abril 19, 2009 en 9:57 am

    ¿se confirmará aquello de una persona un cargo? Lástima que algunos/as que daban palmadas en la espalda a Touriño anden ahora de locuaces presentadores/as del único que se ha presentado a presidir el PSdeG-PSOE.

  • 2. Charo  |  abril 19, 2009 en 10:20 pm

    A decisión de Gonzalo Caballero de presentar a súa candidatura á Secretaria Xeral sorprendeume. A verdade é que xa non a esperaba. Estaba convencida de que Pachi Vázquez ía ser o único candidato, o que , por outra banda, facía que todo o proceso me resultara moi pouco ilusionante.
    Pero a idea de que Gonzalo Caballero chegue a convertirse no novo Secretario Xeral do partido tamén me preocupa. O feito de que os socialistas de Vigo estean divididos e que Gonzalo o represente á minoría crítica pode non ser a mellor maneira de empezar esta nova andadura do noso partido.
    Non teño absolutamente nada negativo que dicir de ningún dos dous candidatos. Se ben considero que a aposta tiña que ser máis decidida. Na miña humilde opinión tanto Mar Barcón como María Xosé Caride son persoas de peso político dentro do noso partido. Son coñecidas e recoñecidas pola maioría dos e das militantes socialistas e por unha ampla maioría de galegos e galegas. Calquera delas podería liderar un proxecto realmente ilusionante. Na miña humilde opinión os militantes socialistas deberiamos animar calquera destas dúas mulleres a presentar a súa candidatura á Secretaría Xeral.

  • 3. xiabre  |  abril 21, 2009 en 5:36 pm

    Charo, curioso o que dis de Caballero, por ser minoría na súa agrupación que pareza que teña “menos cualidades”.
    Outra cousa que me sorprenda é que teñan que ser coñecidos ou recoñecidos por todos (o coñecemento faise co tempo).
    Ainda estando dacordo contigo en que estaría ben animar a outros a presentarse, eu xa me conformaría que ambolos dosu candiadtos tiveran as misma posibilidades e facilidades para que os coñeceran os militantes…que non as teñen polo que eu vin.

  • 4. charo  |  abril 22, 2009 en 3:53 pm

    A xiabre

    En ningún momento dixen que Gonzalo Caballero tivera nin máis nin menos cualidades por ser parte da minoría de Vigo. Eu mesma son minoría na miña agrupación. Pero non esquezamos que Vigo é unha agrupación moi potente e as súas divisións internas poderían extenderse ao resto do noso partido.
    Por outro lado, eu sí considero importante o curriculum político dos candidatos a liderar o noso partido. É importante ser coñecido (porque significa que o candidato ten unha proxección social) e ser recoñecido polo traballo desenvolvido, sempre é un aval. Sen dúbida o perfil académico e o carisma persoal tamén son importantes, dende logo.
    Estou dacordo contigo en que todos os candidatos e candidatas (de habelas) deberían ter as mismas facilidades. E ademais coincido con todos e todas os que opinades que a executiva ou xestora non deberían apoiar a candidatura de ninguén. Deberían colocarse totalmente á marxe.
    Desgraciadamente o triste de todo isto é que a sensación que che queda é de que todo está máis ou menos “cocido”, xa que unha vez que os “dirixentes” apoian abertamente a alguén hai que ser un valiente ou unha valiente para arriscarse a presentar candidatura…córrese o risco de non saír na foto.
    Eu non son delegada. E, agora mesmo, alégrome.
    Con todo, desexo que as decisións que se tomen no congreso sexan as mellores para o partido. Galicia e tamén España, necesitan un partido socialista forte.
    Un saúdo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

abril 2009
L M X J V S D
« Mar   May »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: