Archive for abril 26, 2009

Outro Congreso máis …

Louro, Mar e un cacho de Ricardo (os meus tres xefes)

Louro, Mar e un cacho de Ricardo (os meus tres xefes)

Outro congreso máis, e xa van … catro; unido ás moitas campañas realizadas -desde as autonómicas do 2001-, aos centos de actos organizados, e a tantas e tantas actividades, historias, anécdotas, e as moitas e moitas e moitas horas de traballo nestes oito anos na Rúa do Pino fixéronme plantexarme e pensar se non será o momento de cambiar de aires, de buscar outra actividade profesional. A verdade é que nestes anos traballando na Organización do PSdeG estiven feliz, porque traballaba no que me gusta, servíume para aprender, para coñecer xente, …, cantas boas persoas forman este Partido!!!, para madurar, para volverme máis agrio e borde no carácter, para coñecerche a ti, para disfrutar coas victorias, para sufrir coas derrotas, …, oito anos no PSdeG dan para moito!!!.

Antón Louro -noraboa Delegado- foi o que me levou para a Secretaría de Organización, aínda que Lage foi o que me levou para o Pino, para traballar nas XSG. Ricardo Varela foi o meu seguinte xefe e co que vivín a época máis gloriosa, e Mar Barcón a última e coa que menos traballei, por desgracia; de todos aprendín algo, cada un distinto no seu carácter e na súa forma de actuar; e agora vou a ser políticamente correcto e non vou a decir cal foi o mellor. Traballei só para un Secretario Xeral, para Emilio Pérez Touriño, hoxe emocioneime cando o vin no Congreso, e cando os asistentes posto en pé lle aplaudiron durante bastante tempo. Pero sen dúbida o mellor de todo foron e son os meus compañeiros e compañeiras de traballo, uns máis que outros, non cabe dúbida, porque houbo instantes de tensión, de alegrías, de desconfianza, de comentarios e cotilleos, de ceas e xantares, de risas e lágrimas, …, pero momentos que non son nada diferentes aos que se viven en calquera familia.

A verdade é que me estou poñendo triste e melancólico lembrando todo o vivido, e este Congreso Extraordinario, estes dous días en Pontevedra fixeron, como vos dicía ao principio, plantexarme moitas cousas sobre a miña vida laboral. Agora toca pensar, falar, reflexionar, … pensar no futuro persoal.

Este Congreso marca unha nova etapa no PSdeG, un antes e un despois para todos os que formamos esta gran familia, un momento no que hai que traballar a reo, máis que nunca. E no que non podemos pensar que vai a haber mesías ou que hai unha variña máxica que vai a resolver todos os problemas. Nin Pachi, nin Mar, nin Pablo, nin a nova Executiva van a resolver sós os problemas e a sacarnos desta situación, aquí todos e todas as militantes e simpatizantes van a ter que arrimar o ombreiro e traballar duramente. E eu estarei, coma sempre, traballando para o PSdeG, sexa onde sexa estarei dandoo todo, porque loitarei sempre por defender as miñas ideas.

A.M.

Anuncios

abril 26, 2009 at 12:35 am 7 comentarios


Calendario

abril 2009
L M X J V S D
« Mar   May »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.