Archive for mayo, 2009

DdC. Outra campaña

Outra campaña, outra muesca máis paara o revolver. Nesta ocasión trátase dunhas eleccións europeas, unhas eleccións que pasan bastante desapercibidas para os cidadáns. E iso nótase na afluencia aos mítines, pero é normal se temos en conta que  fai tres meses estábamos facendo outra campaña –a das Autonómicas-, e fai un ano estábamos nas Xerais. En definitiva, que en pouco máis dun ano tivemos tres procesos electorais, e claro todo acaba cansando, e se nos cansamos nós, que vivimos desto, imaxínome o aburridos que deben de estar os  quecidadáns.

Aínda que non toca agora, e deixareino para outro día, creo que deberíamos de plantexarnos os procesos electorais, e analizar en profundidade a súa celebración e a conveniencia de que coincidan na mesma data distintos procesos.

Esta campaña tan pouco animosa e interesante, polo de agora, estanos a trasladar novamente por Galicia, e desde o xoves que arrancou a campaña en Santiago, estivemos xa en Ribeira, O Carballiño e Lugo. Pero, é o de sempre, máis ou menos; nesta ocasión volvemos ao equipo xeral de actos que compoñen Eva, Víctor e eu; e os tres vamos de acto en acto, facendo o de costume, e en ocasións xa chegamos a facelo cunha rutina que é preocupante. O equipo compóñeno, tamén, os Albertos, que son os responsables da montaxe. En definitiva, o de sempre!!.

Quero destacar durante estes poucos días de campaña, o descubrimento dun gran orador, dun bo mitinero. Unha persoa á que nunca escoltara, pero co que quedei gratamente sorprendido, e ademais é un galego de Cee. O ministro Fran Caaamaño estivo no mitin de Ribeira e no de O Carballiño, e tivo intervencións brillantes.

Escribo estas liñas en Lugo, mentres intervén a Vicepresidenta De la Vega, mentres fala de traxes e de leccións, …, de crise, e de corrupción, de 65 horas. Amigos e amigas, un mitin máis. Non vos vou a cansar.

A.M.

mayo 24, 2009 at 2:08 pm 1 comentario

Boa viaxe María Amelia

mariaamelia

Onte entereime dunha mala nova. Pola mañá chamáronme para dicirme que morrera María Amelia. Uffff!!. A sensación cando mo dixeron foi de tristeza, de profunda tristeza. Cando morre alguén, sempre é un momento triste, pero moito máis cando a persoa que nos deixa é alguén coñecido, e ademais María Amelia é –e digo é- desas persoas que se fan querer, e das que é difícil que un se poida esquecer.

Lembro cando descubrín o seu blog, e cando empecei a introducirme no seu mundo, nas súas anécdotas, na súa vida. Que bos momentos teño pasado!!. Pero lembro especialmente a primeira vez que falei con ela, foi por teléfono, e eu pensaba que estaba vivindo algo irreal, porque aquela señora de 95 anos estábame falando da banda ancha, de internet, … ; pero sobre todo chamoume a atención a ilusión coa que falaba, alguén que descubrira unha actividade, unha ocupación extra ao remate da súa vida.

“Mis nietiños”, así nos chamaba María Amelia a todos e a todas os que a seguíamos na rede, conseguimos que o seu blog pasara a ser en pouco tempo un santuario na rede, e demostrou que internet non ten idade.

Eu tampouco quero estenderme moito, só quero darlle as grazas a Daniel por compartir a súa avoa con todos nós, a Chelis por acercarme a ela, e por permitirme compartir con ela e con María Amelia un dos días máis felices no meu traballo. Pero, sobre todo, quero darche as grazas a ti. Grazas por coñecerche, por compartir a túa vida con nós, por ser como eras, por xerarnos ilusión, por facernos rir, por facernos chorar, …, moitas grazas avoa; porque sempre serás a nosa avoa bloguera.

Estés onde estés, coida de todos nós.

mayo 21, 2009 at 7:45 pm 1 comentario

D.E.P.

No cabe duda. Esta es mi casa
aquí sucedo, aquí
me engaño inmensamente.
Esta es mi casa detenida en el tiempo.

A.M.

mayo 18, 2009 at 8:17 pm Deja un comentario

Grazas, grazas, grazas!!!

En menos dunha semana escribo dous post sobre o Barça, e é a primeira vez que o fago. Teño que confesarvos que ao inicio da tempada non tiña demasiada confianza nos éxitos deste equipo, especialmente porque a excepción de Alves, o resto das fichaxes non prometían moito; e Guardiola, como entrenador non me entusiasmaba, sobretodo porque a súa traxectoria ao fronte dos banquillos era escasa, case nula.

Pero, afortunadamente, teño que dicir que estaba equivocado; sobre todo con Guardiola, o cal demostrou durante esta tempada que a experiencia é importante, pero non o é todo, ás veces o que importa é as gañas, a ilusión, o querer, a convivenci, o grupo, o equipo, …, e Pep supo xerar todo iso nun equipo que na tempada anterior carecía de todo.

Este Barça fíxonos desfrutar a todos e a todas, non só aos barcelonistas -ou cataláns-, a calquera persoa que lle guste o fútbol, sexa do equipo que sexa, seguro que lle encantou ver xogar ao equipo de Guardiola. Eu, como dicía, escribo dous post nun intervalo de cinco días, e ao mellor non volvo a escribir máis nesta tempada, pero o que non cabe dúbida é que este Barça foi o mellor equipo, pode ser que non gañemos nada, ou pode ser que o gañemos todo; pero ninguén poñerá en dúbida a clase de Xavi e Iniesta ou Messi, o pundonor e a forza de Puyol ou Piqué, a entrega de Alves ou Eto’o, o talento de Henry, en definitiva o estilo, a loita e o bo xogo do FCBarcelona.

Nós, por sorte, aínda podemos seguir soñando coa Liga, a Copa do Rey e a Champions; outros, por desgracia, só poden ter envexa e buscar escusas para as nosas victorias.

Grazas, grazas, grazas.

CCAMA

mayo 7, 2009 at 6:36 pm 2 comentarios

Escola de Formación

O Partido Socialista cumple 130 anos, e coincidiredes conmigo en que son moitos anos, moita historia, moitos compañeiros e compañeiras, moita vida. Pero o bo, é que o Partido Socialista segue con forzas e con ilusión para seguir traballando e defendendo os seus ideais. Eu non sei se cando o galego Pablo Iglesias fundou este partido, pensou que ía a chegar tan lonxe, pero aí está sobrevivindo ás persoas, porque nós marcharemos pero o PSOE seguirá aí.

O pasado sábado estivemos homenaxeando a Pablo Iglesias en Ferrol, e neste acto Pachi, o Secretario Xeral, falou da creación da escola de formación do PSdeG –xa a anunciara tamén no Congreso-, e anunciou o nome: Francisco Fernández García. Pachi explicou que este compañeiro ferrolán foi o primeiro concelleiro que tivo o PSOE en Galicia, e que promoveu e defendeu xunto con outros compañeiros o socialismo na cidade departamental.

Sen dúbida é unha boa nova, porque a formación é algo necesario e moi importante para o bo funcionamento do Partido, ir creando e formando aos cargos públicos, e aos cargos orgánicos fai posible que o futuro sexa máis claro, e con máis posibilidades. Un dos erros cometidos polo PSdeG nos últimos anos foi deixar de lado a formación, a pesares de que os militantes e cargos do Partido a solicitaban constantemente; tamén é certo que nos últimos tempos, da man de José Manuel Lage se organizaron varios cursos e actividades formativas, pero sen dúbida, o ideal e o necesario é a creación dun centro de formación permanente, precisamente o que Pachi anunciou o sábado en Ferrol.

A.M.

mayo 5, 2009 at 11:30 am 3 comentarios

2-6

Creo que sobran os comentarios. E sobre todo se vístedes o partido.

A.M.

mayo 2, 2009 at 11:57 pm Deja un comentario


Calendario

mayo 2009
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.