Archive for junio, 2009
Como conseguir un coche gratis
Navegando por esos mundos de Deus, atopeime cun vídeo no YouTube sobre como conseguir un coche gratis. O vídeo está moi coidado, e recoméndovos que o vexades.
Producciones Frijito son os que o colgaron no seu espazo do YouTube, e son os mesmos que publicaron o programa das vacas tolas censurado polo PPdeG na Televisión de Galicia.
Fuera de aquí
Ultimamente estoume adicando a facervos recomendacións musicais, unha especie de Joaquín Luqui, salvando as distancias, claro está.
Nesta ocasión preséntovos a unha rapaza que se chama Ondina Maldonado e que sacará o seu primeiro disco a principios de xullo, e como avance deixovos esta preciosa canción, que ademais foi a elixida nun programa de radio como o primeiro single do disco.
Despegar é o nome do disco de Ondina, a cal participou en varios musicais –entre eles Hoy no me puedo levantar-, e foi descuberta polo cantante, productor e director musical Javier Limón durante o casting de Enamorados Anónimos.
Bahhh!!!. Que no me lío máis e lembrade que Ondina vai a ser tres, dous ou un; como dicía o gran Luqui.
Unha recomendación: Vocal Tempo
Fai uns días por Área Central escoitei esta versión de Fito y Fitipaldis, e a verdade é que me sonou un tanto rara. E onte no coche, escoitando os 40, puxeron novamente a versión «La casa por el tejado», e o sorprendente é que a fai un grupo chamado Vocal Tempo, sen instrumentos, todo coa boca.
Escoitádeos, son sobretodo orixinais. Pero de todos os xeitos, nada comparable a Fito.
A.M.
U-lo coche de Touriño?
Neste luns de resaca electoral venme á memoria a campaña das pasadas elecciónns autonómicas; a fantástica, a limpa e pulcra campaña desenvolvida polo PPdeG e Feijóo.
Pois si, hoxe véñenme lembranzas do coche de Touriño, o famoso coche do Presidente da Xunta que tanto xogo lle dou a Feijóo, a Rueda e aos dirixentes populares; e que decidiron popularizar e convertir nun ariete contra o Partido Socialista. Pero desgraciadamente, transcurridos tres meses, xa ninguén se acorda do Audi de Touriño, ninguén pregunta onde está, que foi del, que fixo Feijóo e o novo goberno co famoso coche, con ese exemplo do despilfarro e do luxo do bipartito –tal e como o dicían os populares-, ese coche que valeu máis de catrocentos mil euros, que era máis caro que o de Obama. Pero que en realidade foi máis barato que o de Ruíz Gallardón, o Esperanza Aguirre ou de Camps; e o de Obama só valeu tres veces máis, coa salvedade de que ten tres iguais. Pero que sen dúbida o PP lle supo quitar un enorme rendimento a base de falsedades, mentiras ao prezo do Audi A8 do presidente da Xunta de Galicia, e aproveitandose ademais dunha situación de crise.
Pasados máis de tres meses, e como suele pasar coas novas estrela, xa ninguén se lembra do “coche de Touriño”, a ninguén lle preocupa onde está esa máquina que custou tantos cartos, ou que fixo Feijóo con ela. O normal é que vendera o coche para non perder semellante gasto do bipartito, ou que, alomenos, se non conseguiu comprador, que o teña ben coidado. Pero, segundo me din, e espero que algún xornalista deste pais recolla o guante que lle lanzo e investigue se o que vou a decir é certo; parace ser que está abandonado nos garaxes de San Caetano, cheo de polvo e lixo, e agachado para que ninguén o vexa. Agora xa non é actualidade, o Audi A8 ficou no olvido, xa ninguén fala del nas tertulias radiofónicas, nos confidencias, nin nos diarios dixitais; xa non se acorda del nin o ABC.
Polo tanto, o símbolo do despilfarro do bipartito e de Touriño, segundo dicía o PP, agora convertiuse en abandono e deixadez por parte da Xunta de Feijóo, que sen dúbida foi o dirixente político que mellor rendabilidade lle quitou a un coche oficial, sin nunca montarse nel.
Ademais, non é que Feijóo decidira castigar ao Audi A8 presidencial e agachalo, senón que tamén retirou da circulación aos outros dous Audis que usaba a Presidencia da Xunta, e que foran mercados na época de Fraga, porque como todo o mundo sabe, Alberto Núñez Feijóo é fiel a Citroen, e prefiere viaxar nun C6 fabricado en Francia.
Agora xa ninguén fala do Audi de Touriño, nin do Citroen de Feijóo, ao que non esquezamos que a fábrica de Vigo lle regalou un C6 cando era aspirante á presidencia da Xunta. Por certo, a quen lle poida interesar, o Secretario Xeral do PSdeG viaxa nun Peugeot 607 mercado polo propio partido, en reting, para máis información.
Eu só espero que algún día se faga xustiza, e os que mentiron e enganaron paguen as súas débedas; e tamén me gustaría que os xornalistas políticos deste país non se queden en meros comunicadores ou simple mercaderes do cotilleo político, e fagan xornalismo de investigación. E a ver quen é o primeiro que consigue unha foto exclusiva do Audi A8 defenestrado por Feijóo.
SQCQM
Seguimento electoral na televisión
Nestes intres, cando son as oito e vintaecinco da tarde, estoume dando conta do profundo interese que teñen as eleccións europeas. dando unha volta polas cadeas de televisión, esto é o que te podes atopar a estas horas:
Na Primeira, España Directo, están a cociñar rabo de toro con zanahorias.
Na Segunda un programa titulado Trescatorce.
En Antena 3 a película Jerry McGuire, de Tom Cruise.
En Cuatro, o Zapping de Surferos.
En Telecinco o fantástico programa Pasapalabra.
Na Sexta as Noticias.
E na Televisión de Galicia a repetida película, creo que é a oitava vez, Greystoke.
Realmente apasionante a parrilla televisiva deste domingo electoral. E menos mal que rematou a liga de fútbol, senón eu creo que non lle facían nin caso.
A.M.
O programa censurado pola TVG
Xa vedes, dous post seguidos. E que non teño término medio, ou por moito ou por pouco. Hoxe achégovos os vídeos do programa censurado pola TVG, por esa dirección imparcial nomeada por Núñez Feijóo, que adoptou como primeira decisión a suspensión dun programa das vacas tolas.
A.M.M.A.
DdC. De mitin con Alejandro Cercas
Levo moitos días sen escribir no blog, a verdade é que me estou convertindo nun vago cibernético. Pero o que menos me apetece, despois de rematar a xornada laboral, e de chegar á casa tras o mitin do día, é sentarme diante do ordenador e escribir algo no ordenador.
Pero hoxe, que me entrou un sentimento de culpabilidade, por non terme conectado he escrito algo, pois aprobeito durante o mitin diario –por certo, hoxe estamos en Mos-, para contarvos que esta campaña europea é un tanto rara, distinta, … E nós, estamos vivindo unha sensación nova, xa que nos toca a acompañar e coordinar os actos do novo Secretario Xeral, de Pachi Vázquez. A campaña en si xa é máis apática ca calquera outra, e polo tanto a asistencia aos actos e menor. Aínda que si bos direi que a xente que asiste aos nosos mítines saen máis contentos e pásano ben, xa que Pachi ten un estilo distinto ao de Touriño. Pachi é moito máis directo no seu discurso, máis guerrilleiro, e eso aos asistentes aos actos gústalle.
Pero, o día de hoxe, é especial porque se une á nosa campaña Alejandro Cercas. Ao que non sepades que é direivos que é o Eurodeputado que loitou contra a directiva das 65 horas. Pero Alejandro, ademais de conseguir que no Parlamento europeo se aplicase o sentido común e respectaran os logros acadados ao longo de moitos anos no terreo laboral, é un socialista histórico; un socialista que leva anos loitando e traballando polos dereitos sociais; e que conseguiu, afortunadamente, o recoñecemento de todos.
Alejandro está intervindo agora mesmo, e nótase no seu discurso o claras que ten as ssúas ideas, os seus ideais, nótase que Alejandro é un socialista de verdade. E agora deixovos que vou a escoitalo.
A.M.
Comentarios