Archive for julio, 2009

Grande Fito!!

Esta é a nova canción de Fito & Fitipaldis. Un adianto do próximo disco que sairá á luz o vindeiro mes de setembro.

«Antes de que cuente diez», así che chama esta canción que espero que disfrutedes.

Para ti, que me enseñastes a escoitar a Fito. AM

julio 28, 2009 at 2:33 pm Deja un comentario

As miserias do PPdeG

O Partido Popular de Galicia sacaba onte un comunicado de prensa no que se atrevía a denunciar e acusar a unha persoa, a unha cidadá galega de ser socialista –en concreto dicían que concelleira-, e de ter uns ingresos familiares de 75 mil euros; e eso inhabilitabaa, segundo o PPdeG, para formar parte da Plataforma Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto.

Esa é a actitude do PPdeG, esa é a estratexia do Partido de Feijóo: atacar aos cidadáns e as cidadás deste Pais, ás persoas anónimas por non defender o mesmo ca eles, e encima atreverse a criticalos e loitar para defender os seus dereitos. Ese é o novo PP!!.

Pero o peor de todo é que encima os Populares de Feijóo minten intencionadamente, xa que Charo Varela non é concelleira do PSdeG, pero que máis lles dá; o importante é facer dano. Pero ademais, atrévense a facer públicos uns ingresos familiares, que eu a verdade non sei se son certos ou non – e dame igual-, pero a pregunta que me xurde é: De ser certos, como sabe o PP que ten eses ingresos?. Acaso tamén puxeron en Galicia en funcionamento unha trama de espías que investiga aos galegos e galegas??. Hai límites que non se deben pasar nunca, e que o PPdeG está sobrepasando con creces, e eu creo que incluso está cometendo unha serie de delitos, e este é un deles. Se Feijóo tivese dignidade e respecto sairía públicamente pedindolle desculpas a esta cidadá que foi posta no disparadeiro por algún inepto do seu Partido

Todo vale para o PPdeG, pero eu animo a Charo a seguir defendendo e coitando no que cree, e sei que toda esta “merda” que están sacando o que fai é darlle moita máis forza. Ánimo Charo, e a seguir coitando.

AM

julio 27, 2009 at 1:39 pm 6 comentarios

Cuidado con el … timbre

Onte paseando por Noia con Eva descubrimos este cartel que non ten desperdicio, tal e como podedes ver na foto.

Unha casa en Barro puxo na porta este orixinal indicador no que nos avisa que teñamos coidado co ¡¡¡TIMBRE!!!, a razón descoñecémola. Non sabemos si será porque morde, porque dá corriente ou porque soa moi forte. Nós por si acaso non o tocamos.

AM

julio 15, 2009 at 11:15 am Deja un comentario

Unha de pastuqui

«Aqui hay pelas para todos. Una pastuqui importante». Este comentario podería estar relacionado coa financiación autonómica, e poderiao pensar ou decir calquera presidente dunha comunidade autónoma. Pero non, esto o dicía o famoso Correa, ese home que regalaba traxes, coches de luxo, viaxes, etc. e que tantas alegrías e bos momentos lle fixo pasar a ilustres Populares.

Non cabe dúbida de que Correa, o Bigotes, ou Pablo Crespo amasaron unha fortuna grazas a adxudicacións millonarias de CC.AA e concellos gobernados polo Partido Popular, e que esta historia do caso Gürtel ten moita tela que cortar –e vai con segundas-, e oxalá un día saia á luz toda a verdade; porque eu creo que detrás de todo esto non só están uns traxes para Camps, ou uns regalos en euros para Bárcenas ou Galeote, aquí hai máis chicha. Ou senón, porque aínda non cesou Rajoy a Bárcenas?, acaso ten medo que cante?.

Seguiremos esperando impacientes os acontecementos. Si dimite Camps, si cesan a Bárcenas, si salen as facturas da voda de Anita Aznar, si Rajoy dá a cara. Que fácil é predicar, pero cando hai que dar trigo, …, o Partido Popular nin está, nin se lle espera.

AM

julio 14, 2009 at 12:31 pm Deja un comentario

MJ

Michael morreu fai xa varios días, e eu levo outros tantos intentando escribir algo sobre el, pero a pereza e a falla de tempo son os culpables de que non o fixera aínda. Pero, hoxe é o día, de hoxe non pasa, e iso é debido ao que sentín onte pola noite disfrutando dun concerto do gran Jackson na 2 de TVE.

Vendo e escoitando a Michael lembrei os bos momentos que pasei co Rei do Pop; eu nunca fun deses fans, nunca fun moito de ídolos durante a miña xuventude. Só fun seguidor de MJ e de Mecano, ambos os dous desaparecidos, aínda que por circunstancias distintas.

Pois si, onte pola noite lembreime da miña xuventude, da primeira vez que vin o vídeo de Thriller e o impactado que quedei, era fin de ano e ademais emborracheime con champán –a miña primeira borrachera-, aínda que non por culpa do vídeo. Lembreime tamén de Manolo Casais, un amigo do Colexo Galaxia que estaba tolo por MJ; lembreime de Josecho e o ben que o imitaba bailando, algo que eu nunca puiden facer, porque o ritmo nos pés nunca foi o meu. Lembreime dos posters da miña habitación, …, lembreime do tempo que pasou.

Michael tivo unha vida difícil, unha vida chea de excentricidades e marcada pola súa infancia; podía gustarche ou non, pero o que ninguén podía discutir era a súa capacidade, o fenómeno que era. Cantaba, bailaba, compoñía, producía, e facía todo ben, e ademais foi un innovador en moitas facetas do mundo da música.

Michael, grazas por facerme lembrar, polo ben que o pasei véndoche, escoitándoche. Ti sempre serás o mellor.

AMMA

julio 13, 2009 at 2:29 pm 1 comentario

Unha promesa electoral

Eu estaba na xuntanza na que acordamos propoñer a gratuidade dos libros de texto. Era un xuntanza electoral durante a campaña do 2005, e esta ía a ser unha proposta estrela, unha das chamadas promesas electorais.

Pero esa promesa nacida na efervescencia electoral fíxose realidade pouco máis de dous meses despois, no mes de setembro o Consello da Xunta aprobaba a gratuidade dos libros de texto. Creo que aquela xuntanza na Rúa do Pino, o apoio dos Galegos e das galegas e a decisión e o compromiso dun goberno progresista presidido por Emilio Pérez Touriño fixeron posible un dos avances sociais máis importantes no noso País.

Milleiros de pais e nais ían a notar nos seus petos un aforro importante, ademais de lograr que unha das súas reivindicacións se vise colmada. Sen dúbida, o sistema non era perfecto nos seus inicios, e creou confusión nos pais e nos centros, xa que algúns xa compraran os libros; pero despois dos habituais problemas dunha medida deste calibre o modelo foise mellorando e perfeccionando, ata que aquela promesa electoral xurdida no mes de xuño de 2005 se convirtiu nun dereito para as familias galegas. Convirtiuse nalgo tan normal que moitos pais e nais xa non lle daban importancia, é máis, moitos deles cando foron a votar o pasado mes de marzo nin se acordaron que antes da chegada de Touriño ao goberno había que pagar os libros.

Pero, por desgracia, coa chegada de Feijóo á Presidencia da Xunta este logro social vai a desaparecer. Ao PP nunca lle gustou que a educación estea ao alcance de todos, e agora decidiron cambiar un dereito por unha limosna; e só unha poucas familias terán acceso a un cheque-regalo. E encima atrévense a decir que a medida aprobada polo goberno anterior non era progresista, que a deles si o é. Ou que agora é cando os libros van a ser gratuitos de verdade. Que barbaridade!!. Que desfachatez!!!.

A realidade é que milleiros pais e nais imos a ter que desembolsar, novamente cada mes de agosto ou setembro, uns douscentos euros por cada fillo. Pero iso a Feijóo dalle igual, porque el está coa chamada política da austeridade, pero non pensa nas familias, nos galegos e nas galegas. Só pensa en facer política de escaparate e contentar aos sectores interesados en que os libros non sexan gratuitos.

Pero o peor de todo é que o sistema da esmola de Feijóo, é máis caro que o existente, e que implantou Touriño e o seu goberno no 2005.

A.M.

julio 1, 2009 at 12:21 am 2 comentarios


Calendario

julio 2009
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.