Unha promesa electoral

julio 1, 2009 at 12:21 am 2 comentarios

Eu estaba na xuntanza na que acordamos propoñer a gratuidade dos libros de texto. Era un xuntanza electoral durante a campaña do 2005, e esta ía a ser unha proposta estrela, unha das chamadas promesas electorais.

Pero esa promesa nacida na efervescencia electoral fíxose realidade pouco máis de dous meses despois, no mes de setembro o Consello da Xunta aprobaba a gratuidade dos libros de texto. Creo que aquela xuntanza na Rúa do Pino, o apoio dos Galegos e das galegas e a decisión e o compromiso dun goberno progresista presidido por Emilio Pérez Touriño fixeron posible un dos avances sociais máis importantes no noso País.

Milleiros de pais e nais ían a notar nos seus petos un aforro importante, ademais de lograr que unha das súas reivindicacións se vise colmada. Sen dúbida, o sistema non era perfecto nos seus inicios, e creou confusión nos pais e nos centros, xa que algúns xa compraran os libros; pero despois dos habituais problemas dunha medida deste calibre o modelo foise mellorando e perfeccionando, ata que aquela promesa electoral xurdida no mes de xuño de 2005 se convirtiu nun dereito para as familias galegas. Convirtiuse nalgo tan normal que moitos pais e nais xa non lle daban importancia, é máis, moitos deles cando foron a votar o pasado mes de marzo nin se acordaron que antes da chegada de Touriño ao goberno había que pagar os libros.

Pero, por desgracia, coa chegada de Feijóo á Presidencia da Xunta este logro social vai a desaparecer. Ao PP nunca lle gustou que a educación estea ao alcance de todos, e agora decidiron cambiar un dereito por unha limosna; e só unha poucas familias terán acceso a un cheque-regalo. E encima atrévense a decir que a medida aprobada polo goberno anterior non era progresista, que a deles si o é. Ou que agora é cando os libros van a ser gratuitos de verdade. Que barbaridade!!. Que desfachatez!!!.

A realidade é que milleiros pais e nais imos a ter que desembolsar, novamente cada mes de agosto ou setembro, uns douscentos euros por cada fillo. Pero iso a Feijóo dalle igual, porque el está coa chamada política da austeridade, pero non pensa nas familias, nos galegos e nas galegas. Só pensa en facer política de escaparate e contentar aos sectores interesados en que os libros non sexan gratuitos.

Pero o peor de todo é que o sistema da esmola de Feijóo, é máis caro que o existente, e que implantou Touriño e o seu goberno no 2005.

A.M.

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Política, PP, PSdeG-PSOE, Xunta. Tags: , , , .

Como conseguir un coche gratis MJ

2 comentarios Add your own

  • 1. jlprieto.net »  En Galicia estamos forrados  |  julio 1, 2009 en 11:14 pm

    […] […]

  • 2. Freiman  |  julio 12, 2009 en 8:41 pm

    * Segundo teño entendido ós pais pagaban os libros que se devolvían ó ano seguinte, salvo que estiveran rachados. Swxa cómo fosé o asunto é que pais é cativos andan de cabreo. O Feijóo prometeu, por que non contaba gañar, i… ágora no sabe coma sair do atolladeiro. Có tema do galego meu a pata é ós resultados da fomosa enquisa quizáis non vexan a luz. Po-lo demáis anda a ver coma cumpre ó prometido sin meter a pata. Comenzoú cos Audi´s, aínda que pode que máis adiante merque un sí llo aconsellan ós de seguridade. Quizáis merque un Citröen, aínda que ó fabriquen nas Galias e non repercuta nos traballadores de Vigo. Postos a novedades, xa que eles o comenzarón, quizáis pode facer unha enquisa sobor da “Ciudade da Cultura”. Eu digo que ó Exército do Aire pode facer prácticas de tiro no Monte Gaiás. Mellor perder uns millóns que seguir perdendo máis millóns, por que por unha banda queren concluíla devandita é por outro ai que mantela ¿Con qué cartos? Ai moiti listiño pola política.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

julio 2009
L M X J V S D
« Jun   Ago »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: