Un soberbio recital de … tacos

agosto 11, 2009 at 6:54 pm 4 comentarios

Este fin de semana estiven de festa en Mazaricos; na famosa festa da Fervenza, á que acoden milleiros de persoas. Nunha explanada enorme no propio embalse da Fervenza, móntanse varios chiringuitos de bebida e comida, ademais dalgunhas atraccións típicas de festa, …, pero un dos grandes reclamos son as orquestras que actúan o sábado pola noite. Durante a noite do venres celébrase a festa da xuventude con actuacións de DJ´s. Paralelamente, celébranse durante o día varias actividades deportivas, como carreiras de cabalos ou de coches.

Pois como vos dicía, o sábado pola noite fomos a dar unha volta ata, e tamén de paso a gozar das superorquestras que actuaban esa noite: Panorama e Olympus, segundo din os entendidos nisto do mundo das festas e romarías, dúas das mellores orquestras de Galicia (xunto coa París de Noia e a Philadelphia, e non sei se algunha máis).

Teño que dicir que a montaxe de ambas as dúas é espectacular: Dous escenarios inmensos, monstruosos, cunha iluminación impresionante e do máis actual, e un son inmellorable. A escenografía, ademais de moi coidada, é carísima; xa que ambas montan varias cortinas de LED que ocupan todo o fondo do escenario, na que proxectan tanto imaxes, como fan xogo de luces ao ritmo das cancións que interpretan. A música, cada vez leva máis son enlatado, e tamén deriva cada vez máis a temas discotequeros; co cal entendo agora que á xente maior cada vez lle guste menos este tipo de orquestras espectáculo, e prefiran as máis tradicionais.

Pero, o que de verdade me sorprendeu, iso si, negativamente, foi a pouca dialéctica e vocabulario dos “presentadores-cantantes”, vamos, dos animadores de toda a vida. Tanto o da Panorama, coma o da Olympus, amosaban unha mala educación e unha falla de clase vergonzosa. Eu, que non me asusto facilmente, teño que confesarvos que en certos instantes sentín moita … moita vergonza.

Empezou o “delgado” da Panorama –non sei como se chama-, cun vocabulario no que non faltaban cada tres palabras as “ostias”, os “joderes”, os “coños”, …; esas palabras que empregan para animar, e que indican que o que as di carece doutro tipo de recursos léxicos. Entre cumbia e tema pop, gritaba o animador: “vamos ostia, esas mans arriba joder, non sexades mariquitas!!”. Ou un soberbio: “Cajo en Dios bendito”, ao iniciar o seu segundo pase

A segunda quenda chegou da man do animador da Olympus, o cal, como si sentise envexa do amplo vocabulario do delgado da orquestra Panorama, nada máis empezar xa abriu a boca de tal maneira, que cantar non cantaba moito, pero “xurar” como din na miña terra, non deixou un “taco” sen pronunciar. Ademais dos que dixo o da Panorama, aumentoulle os clásicos: “cago en mi madre” ou “cago en la puta”, non deixou sen citar o “carallo”, os “güevos”, ou a “cona”. Pero o punto álxido desta orquestra espectáculo chegou cando sacaron o seu punto homófobo, e mentres interpretaban unha canción –a cal non lembro agora- gritaba o animador: “este é un maricón, … si, si, un mariconaso; que perde moito aseite”, “e un gai, …, sale daquí maricón, …, que eres un maricón. Gai, eres un gai!!.

Realmente, debo confesarvos que foi vergoñento e alucinante; creo que estas orquestras espectáculo, que invirten varios milleiros de euros en montar unhas escenografías inmensas e de calidade; deberían de gastar algo, un pouquiño, en mandar ás súas estrelas a unha academia de lingua e de educación; porque actúan diante de moita xente ao cabo dun verán; e ademais actúan para todos os públicos, e creo que o exemplo que dan non é o mellor.

AM

Anuncios

Entry filed under: Curiosidades.

Sentencias, traxes, “amiguitos del alma”, e a tila de Rajoy Alucinadito con Santiago Rey

4 comentarios Add your own

  • 1. José-Luis Prieto  |  agosto 11, 2009 en 8:52 pm

    Pois sí. Fixeches unha perfecta descripción do concepto “vergoña allea”.

  • 2. Mikel zabaleta  |  agosto 16, 2009 en 9:19 pm

    Muy buenas, mi mas sincera felicitación por tu artículo
    Como parte de ese mundo que recorremos las localidades, villas y ciudades, ofreciendo nuestro trabajo.
    Pienso que los micrófonos son un arma de doble filo, depende de lo que digas y como lo digas así tendrá una repercusión entre el público.

    La educación y el respeto no esta reñido con el show o el espectáculo.

    Me siento avergonzado, por compañeros de profesión que utilizan ese tipo de lengua y en definitiva no les lleva a ningún lado bueno, sino todo lo contrario.

    Si fueran mas inteligentes, no se mofarían de los Gays, que yo lo soy, pero utilizan lo fácil para hacer reír al publico, no se dan cuentan que hacen mucho daño no a los que somos gays, sino que infunden en el fondo, homofobia y sectarismo….

    Deberían ser más inteligentes, pero la ignorancia es la antesala del atrevimiento.

    Saludos

    Mikel

  • 3. _ yo_  |  agosto 25, 2009 en 9:18 pm

    A min este xeito de opinar poñendo a pari as mellores orquestras xunto con Philadelphia, París de Noia ou Charleston Big Band é case un delito………….
    Cada orquestra fai o seu espectáculo e hai que respetalos…………..
    Se non che gusta o espectáculo non vais velos e queda na casa que hai programas máis educativos natele como DEC ou La Noria ou Sálvame onde por certo tamén poden chegar a dicir tacos moito máis fortes ou chegar a espirse ou facer exhibicións de outro tipo…..
    Se só che apetece chamar a atención para que veñamos os que seguimos das orquestras a opinar e a poñerche verde estás equivocado, porque en principio pode que veñan e opinen pero a nós danos igual o que poñas neste blog……..
    Máis ben traenos sen coidado e os membros das orquestras paréceme que tamén lles da igual……….
    Unha cousa eu non vou escribir máis mensaxes aquí, pero se me borras a mensaxe non creo que veñan outros a comentar isto.
    Ademáis recoméndoche que teñas un pouco de tacto porque tamén hai moita xente que se sacrifica polo espectáculo……..
    Se a tí non che gusta o espectáculo non quere dicir que a todo o mundo non lle guste……..
    Coñezo xente maior que lle gusta o espectáculo de Panorama, Olympus e das demais grandes, pero xa non poño os nomes debido a que comezaches a xulgar a Olympus e a Panorama e senón valoras o traballo que fan os cantantes estás moi equivocado……..
    E ademais as verbenas son para disfrutalas non para andar criticando…………

  • 4. Os Albertos  |  agosto 26, 2009 en 5:00 pm

    Como nos fixamos nas montaxes! Esperamos que non collas demasiadas ideas para futuras campañas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O máis ollado

Calendario

agosto 2009
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: