Alucinadito con Santiago Rey

agosto 31, 2009 at 2:12 am 10 comentarios

“Alucinadito” estou, despois de ler o demagóxico artigo do inefable presidente-editor-censor-amo dese xornal que é exemplo de obxetividade e imparcialidade política. Si señor, este individuo, que ten no seu peto máis medallas e homenaxes ca calquera medallista olímpico, atrévese a erixirse na voz da rúa; pero, de que rúa?. Da rúa dos galegos e galegas que traballan máis de oito horas ao día –os máis afortunados- por un salario reducido, que pagan unha hipoteca polo seu fogar e que conducen un coche mercado cun crédito persoal, …. Ou dos galegos e galegas, coma el, que posúen un status alto, e son desos que declaran máis de cincuenta mil euros ao ano e atacan ao goberno, porque pretende que paguen máis impostos nun momento de crise.

De verdade o señor Rey fala por boca dos meus veciños de Cespón?. Acaso escoitou as queixas do Charro, de Joaquín, de Óscar, de …, no bar de Moncho do Correo. Ou chamouno por teléfono, ou mandoulle un mail Maruja, Pepa ou María del Mar, contándolle as dificultades que teñen porque os seus netos, fillos ou maridos non teñan traballo, e o Banco Pastor ou as caixas galegas os apreta, ou non lle dea un peso –perdón, un euro-.

Non cabe dúbida, que o señor Rey, atina en algunhas cousas que escribe, faltaría máis!!. Pero que sexa el o que as diga; e, que sexa el o que se erixa en voceiro dos galegos e galegas, e pregone aos catro ventos cales son os males dos gobernos, os erros dos políticos, as causas da crise, … Este “notario” escribe o que lle dá a gana, e di o que lle apetece, porque por eso o xornal no que escribe é seu; pero non di que somos os galegos e galegas de a pé, os da rúa, esos aos que nos quere dar voz, …, que somos nós os que financiamos o seu xornal. Non conta o señor Rey cantos cartos das arcas públicas recibe o seu poderoso Grupo en concepto de subvencións, publicidade, e pagos varios. Non di o señor Rey, que el tamén se beneficia –o seu Grupo– dos derroches e dispendios da Administración. E eu pregúntome se o poderoso Grupo Voz sería capaz de sobrevivir sen eses ingresos.

La voz de la calle é un claro exemplo de como hai individuos que se creen seres superiores. Señor Rey, despois de ler o seu artigo só podo dicirlle: Felicidades no seu 71 aniversario, e que cumpra vostedes moitos máis, …, para poder seguir poñendo a man para recibir máis axudas da Administración, pero que veñen do peto dos galegos e galegas. E por certo, ser un demócrata e ser un defensor da liberdade, da igualdade, de dereitos que vostede cercena no seu xornal, xa que a equidade, e a imparcialidade non son virtudes que vostede practique de xeito habitual.

AM

Anuncios

Entry filed under: Galicia, Persoal. Tags: , .

Un soberbio recital de … tacos Nove anos de Festa

10 comentarios Add your own

  • 1. Eden  |  agosto 31, 2009 en 6:58 am

    Diga que La Voz de Galicia non recibiu ren da Xunta bipartita e así poderemos entender un pouco a súa crítica a que reciba subvencións por parte do PP.

  • 2. blas  |  agosto 31, 2009 en 12:11 pm

    Eden, digo o que digo; e se leestes o post creo que está claro.

  • 3. jatanejra  |  agosto 31, 2009 en 2:01 pm

    A Voz sempre recibiu millóns de tódolos gobernos. So temos que recordar aquel crédito da Xunta Fraga de máis de 3.000 millóns de pesetas co cal os fillos de Rey lanzáronse a mercar radios, e xornais noutras comunidades. Aventuras que pagamos os galegos e que despois o papaito tivo que arranxar. Pero as cousas mudan e, cada vez que Rey escribe no seu xornal é para despois pedir ago. O fixo antes das autonómicas e agora volve a facelo. Algo vaille pedir a Feijoo.
    Do que non fala Rey e dos mileeuristas que ten traballando con contratos feitos na corporación esquivando o convenio colectivo do xornal.
    Salvapatrias temos moitos pero empresarios que construan pais moi poucos.

  • 4. mel  |  agosto 31, 2009 en 7:19 pm

    este impresentable manipulador,o medio máis mentireiro, que só fai, no seu panfleto do pp, terrorismo informativo contra o nacionalismo galego, pretende darnos lecións…. de?
    vai devolver as subvencións fraudulentas, que lle dan por usar o galego nesa “voz anti gallega” q só escribe en castelan.
    unha voz anti gallega q por sistema critica, marxina, ignora, e manipula todo o que ten que ver co galego.
    o mellor despóis de conquerir parar os eólicos agora esta definindo a quen llos hai que dar… e él ten bos amiguetes ..polo ben de galicia..

  • 5. xiabre  |  agosto 31, 2009 en 10:50 pm

    houvo moitos que creeron que este era “amigo”. Cando o carto manda non hai imparcialidade e xa non digo fidelidade, senon polo menos respeto.

  • 6. Freiman  |  agosto 31, 2009 en 11:42 pm

    * Pues yo estoy de acuerdo en lo que ha escrito, salvo alguna cuestión discutible, aúnque claro hay que leerlo y releerlo despacito. Critica a todos, y pone especial enfásis en el “pozo sin fondo del Gaiás”, obra iniciada por el PP, seguida por el BNG con permiso del PSdeG y seguida, no podía ser menos, con Feijóo. Rajoy aprovecha este andar para dar su apoyo a la gran obra a costa de todos los gallegos. Critica de manera especial a Quintana e indirectamente a Feijóo, sólo, a mí entender, se muestra compasivo con Touriño, A Zapatero y Rajoy les da un repaso, manifestando que ni el uno ni el otro están a la altura de las circunstancias, aúnque, para mí, el segundo está más que perdido y sin ideas. Hace oposición pero no de “líder”.
    No obstante, no hay que olvidar el “comunicado” del Sr. Fernández-Latorre antes de las elecciones, también razonable, pero, lógicamente, criticable.
    EE.UU, ha dado un cambio radical al elegir un Presidente negro. Japón lo mismo, aúnque se verá. Merkel en Alemania ha sufrido un frenazo en sus expectativas. Rajoy no supera a Zapatero en las encuestas y carece de tirón. Espera un golpe de suerte, que quizá, eso espero, no llegue. Feijóo está, pero no se le ve, excepto para seguir derrochando en el Gaiás y cambiando el nombre de la “galescolas”. El Sr. Negreira nada, critica, pero no acaba de convencer, ante un Javier Losada sin ideas. Mientras se tirán dineros en el Gaiás, se discute del gallego, nuestra lengua; de los aeropuertos, que sobran dos, de los puertos, que uno es de Arteixo. Vanalidades que no solucionan nada. Y seguimos sin Estatuto, por qué unos Señores quieren que diga que Galicia es una “nazón” y otros son unionistas y sólo quieren la autonomía para repartirse poder. Galicia, para mí, es una nación que forma parte del estado español o sí lo prefieren un país. La mayoría de las disputas son para marear la pérdiz y conseguir un puñado de votos. Les preocupa más conseguir el poder, gobernar, mandar, que resolver los problemas de los ciudadanos, de Galicia y de España. Mejor la socialdemocracía que el neo-liberalismo de Rajoy y Feijóo.

  • 7. GalizacapitalBraga  |  septiembre 1, 2009 en 10:34 pm

    Que se apresente às eleçons. Eu no seu caso faria-o,

  • 8. cata  |  septiembre 3, 2009 en 9:59 pm

    e qué decir da edición do DOG? Teño entendido que tamén lle caen algúns cartos por ahi

  • 9. Freiman  |  septiembre 4, 2009 en 12:17 am

    * Sabéis que en Vigo hay una serie de infracciones urbanísticas en la ciudad debido a las licencias otorgadas y con edificios “condenados” a ser derribados para devolver la situación de ilegalidad, pues bien en A Coruña también ha aparecido uno de esos casos, aúnque habrá alguno más. Este es el Edificio “Conde de Fenosa”, dónde estuvo la sede de Fenosa y que adquirió fadesa, osea, Manuel Jove, el gran empresario, el “no va más”, con urbanizaciones y promociones rozando la “ilegalidad” en diversas partes de España, que traspasó al Séñor de Martinsa.
    Desconozco exactamente el motivo, pero el TSXG ha fallado para que el edificio sea derribado por haberle concedido una licencia “ilegal” ¿Quién le concedió la licencia? En ese momento estaba de Alcalde el Sr. Vázquez, actual Embajador ante Dios y de Concejal de Urbanismo, el Sr. Fernández Moreda, actual Presidente de la Diputación Provincial. En su etapa se concedían licencias de obras y reformas sin velar demasiado por la legalidad o no de la licencia. Del Sr. Vázquez habría mucho que hablar: Rosales, Matogrande, Puentes,… para cumplir con la legalidad se ausentaba del Pleno cuando se aprobaban licencias u obras vinculadas a su familia politíca o amistades, pero su “socios” votaban según “su” voluntad.

  • 10. Marga  |  septiembre 6, 2009 en 2:08 pm

    Pero de verdade que mercades La Coz? Eu xa hai moito tempo que nin no formato dixital. Un xornal ten que ser obxectivo. A Coz sabe o poder que ten, así o demostrou nas últimas eleccións e cada día médrase mais. Cos meus impostos recibiu unha cuantiosa subvención pero nin un euro do meu peto. Boicoz

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

agosto 2009
L M X J V S D
« Jul   Sep »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

O meu Twitter

Error: Twitter no responde. Por favor, espera unos minutos y actualiza esta página.

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: