Archive for octubre, 2009
A Policía, o vello e a ovella
Non é novo que El Correo Gallego titule ás veces as súas novas dunha maneira un tanto sensacionalista, e en ocasións de tal xeito que as novas levan a confusión, ou fai falla leelas varias veces para poder entendelas ben.
Nesta ocasión titula: «La Policía esposa en el mercado de Amio a un octogenario con una oveja»; e a verdade é que non de primeira lectura dá a impresión de que os esposan aos dous, ao vello e ao animal. Que farían os dous polo mercado para ter que intervir a Policía??, pregunteime.
Unha vez que se lee a nova en profundidade, xa se observa a realidade.
AM
Para darvos envexa
Xa as temos!!. Chegaron hoxe. Beeeeen!!.
Nada, que só quería darvos un pouquiño de envexa coas entradas para o concerto de Fito & Fitipaldis na Coruña. O día 20 de novembro actuará no Coliseum, e a verdade é que non me dá chegado o día. Si gústame moito a música de Fito, e sobretodo as súas letras, porque máis que cancións, é pura poesía.
Pois eso, que alá nos iremos Eva e eu o día 20 (DM), a pesares de que ao día seguinte é o Congreso de Ourense, e durmiremos pouco, pero como di miña nai: «O corpo as fai, o corpo as paga».
Como despedida deixovos unha canción do novo disco. A canción titúlase «Catorce vidas son dos Gatos», e para min é unha das mellores, a pesares de ser «tristorra». Di cousas como esta:
«Que te traigan flores las mañanas
que no pases noches sin dormir
que el sueño se pose en tus pestañas
que uno de esos sueños me sueñe a mi»
Grazas. AM
É o momento moving
Levo varias semanas escoitando esta canción de Macaco; grupo que por certo non é dos meus favoritos, aínda que confésovos que esta canción ponme as pilas, cárgame de enerxía cada vez que a escoito.
Tamén, me trae lembrazas do pasado, daquel pasado -alá polo 2005- no que os socialistas decidimos movernos e saír á rúa, animar á xente, e movémonos, …, movémonos moito e ben e o resultado foi positivo.
Eu creo que agora tamén é o momento de moverse, de non quedarse quieto e conformarse, nen moito menos rendirse. As victorias hai que traballalas. Un antigo xefe, ao cal lle teño moito afecto e respecto, do que aprendín moito díxome unha vez: «O que queira algo ten que desexalo con forza, e estar confiado de que o vai conseguir. Se optas ou te presentas a algo e vas pensando na derrota, mellor que non vaias». Pois eso mesmo.
Eu esta noite soñei na victoria, e confío nela. Así que toca moverse.
É o momento moving
AM
SPM
Non quería deixar pasar a ocasión de publicitar unha das últimas creación da Rúa do Pino. Trátase do boletín da Secretaría de Política Municipal ao que decidimos chamar SPM.
Este é un boletín co que pretendemos poñer en contacto e trasladar os feitos que realizan os compañeiros e compañeiras nos distintos concellos de Galicia; e, sobretodo que sexa un escaparate aberto á participación e á colaboración de todos e todas.
Espero que vos guste, e se non vos gusta que tamén o digades para poder melloralo entre todos e todas.
AM
Canto tempo!!
Dios mío!!. Xa nin me lembro cando foi a última vez que entrei no blog. A verdade, é que o teño totalmente abandonado; non é que non escriba, é que nin entro a mirar como vai.
Imaxino que as visitas estarán polo chan, si alguén entra será por equivocación. Teño que volver a centrarme, en xeral; e volver a dedicarlle tempo ao blog: cambiarlle a imaxe, por exemplo; e escribir, escribir cousas. Antes, solía “pensar en blog”, leía, ou vía algo e pensaba: esto sírveme para o blog, ou, esto vai a gustar e ter moitas entradas. Pero agora, nin penso en blog, nin nada de nada.
Pero, non quero deixar pasar a ocasión de escribir algo hoxe, que é o día da Acción Blog (Blog Action Day), e ademais facer diante de todos e todas vós un propósito de emenda, que é o de dedicarlle máis tempo a esto da escritura cibernética.
Do cambio climático, permitirédesme que non escriba nada, sinxelamente porque non teño nin idea, pásame como a Rajoy, pero coa diferencia que eu non teño ningún primo que fale sobre iso; e, falando de Rajoy e o primo vou a deixarvos un vídeo co que o PSdeG triunfara en YouTube, e incluso chegara a saír nos informativos a nivel nacional. E aproveito para saúdar a Carnota, Patricia Falchi e Eva Tomé, que colaboraran na súa creación.
Que tempos aqueles!!!
AM
Comentarios