Archive for octubre 15, 2009

Canto tempo!!

Dios mío!!. Xa nin me lembro cando foi a última vez que entrei no blog. A verdade, é que o teño totalmente abandonado; non é que non escriba, é que nin entro a mirar como vai.

Imaxino que as visitas estarán polo chan, si alguén entra será por equivocación. Teño que volver a centrarme, en xeral; e volver a dedicarlle tempo ao blog: cambiarlle a imaxe, por exemplo; e escribir, escribir cousas. Antes, solía “pensar en blog”, leía, ou vía algo e pensaba: esto sírveme para o blog, ou, esto vai a gustar e ter moitas entradas. Pero agora, nin penso en blog, nin nada de nada.

Pero, non quero deixar pasar a ocasión de escribir algo hoxe, que é o día da Acción Blog (Blog Action Day), e ademais facer diante de todos e todas vós un propósito de emenda, que é o de dedicarlle máis tempo a esto da escritura cibernética.

Do cambio climático, permitirédesme que non escriba nada, sinxelamente porque non teño nin idea, pásame como a Rajoy, pero coa diferencia que eu non teño ningún primo que fale sobre iso; e, falando de Rajoy e o primo vou a deixarvos un vídeo co que o PSdeG triunfara en YouTube, e incluso chegara a saír nos informativos a nivel nacional. E aproveito para saúdar a Carnota, Patricia Falchi e Eva Tomé, que colaboraran na súa creación.

Que tempos aqueles!!!

AM

Anuncios

octubre 15, 2009 at 11:05 am 5 comentarios


O máis ollado

Calendario

octubre 2009
L M X J V S D
« Sep   Nov »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.