Archive for noviembre, 2009

Igualdade real

Levo varios días dándolle voltas na cabeza a un post sobre a muller e a política. E non quero deixar pasar a ocasión, agora que teño algo de tempo, de dar a miña opinión sobre a representación femenina nos postos de responsabilidade, e máis despois de celebrarse o 76º aniversario do sufraxio femenino en España, ou da recente concentración de protesta das Eurodeputadas pola escasa presenza de mulleres nas institucións europeas.

Está claro que a política e o poder segue a ser machista e masculina. Os homes ocupan a meirande parte dos postos de poder e responsabilidade tanto nos partidos políticos coma nos gobernos e institucións; e, iso é algo incuestionable. Eu nunca fun un defensor acérrimo das cuotas nas candidaturas electorais, porque penso que as persoas que teñen que ir nas listas deben de ser as mellares e/ou as máis preparadas, independentemente de si son homes ou mulleres, heterosexuais ou gais, xóvenes ou vellos, guapas ou feos. Ben sei que esto é un sono, agora mesmo só é unha frase feita que soa moi ben, e que seguramente moitos dos nosos representantes din nos mítines ou en actos, pero á hora de elexir ou propoñer vanse a inclinar polo home, e apartar á muller.

Enfádame moitísmo que se poida chegar a eses extremos de machismo, ou de ignorancia e falla de responsabilidade; e, máis cando eso ocurre no meu Partido, que precisamente foi o que máis fixo en toda a historia de España pola igualdade de sexos e pola defensa da Muller. Pero, cando descendes á crúa realidade, ás diferentes delegacións da empresa matriz chamada PSOE, ves que non é así. É case imposible que unha muller sexa Secretaria Xeral, moi difícil que sexa Secretaria de Organización, …, pero case todas as secretarías de benestar social, ou asuntos sociais (o 95 %) están ocupadas polo sexo femenino. Digo eu que as féminas do PSdeG saberán de máis cousas que o benestar!!.

Pero, resulta aínda máis grave cando se escolle a unha muller para que ocupe postos “decorativos”, ou para saír na foto, out amén para rellenar e despois poder vender que se cumple a paridade. Se agora mesmo no noso país máis do cincuenta por cento da población é femenina, e as mulleres son porcentualmente e por bastante diferencia as que máis se licencian na universidade, é doado cegar á conclusión de que “habelas hainas” para ocupar cargos de importancia e de responsabilidade.

Pero, se todo isto me enfada terriblemente, o que realmente me pon de “mala hostia” –perdón pola expresión- é cando ves como as que enarbolan a bandeira da igualdade conseguen colocarse, e despois pechan a boca por medo a perder o seu status. E, por riba intentan non deixar destacar a ningunha outra por medo a perder o seu sitio, e só traballan bombardeando e boicoteando ás do seu mesmo sexo.

A igualdade é cousa de todos e de todas, porque vai en beneficio da sociedade que os mellores, sexan homes ou mulleres, ocupen os postos de responsabilidade.

AM

Anuncios

noviembre 20, 2009 at 6:43 pm 5 comentarios

Os “Perros Ovejicidas” de El Correo

El Correo Gallego

O de El Correo Gallego é como para facer un anecdotario de titulares, polo menos graciosos e orixinais. Se a semana pasada titulaban “La Policía esposa en el mercado de Amio a un octogenario con una oveja”, esta sorpréndennos co ataque duns cans “ovejecidas” que ademais deben de ser ateos, porque intimidaron ao cura.

O titular, que podedes ver na imaxe, di o seguinte: Los perros ‘ovejicidas’ de Figueiras huyen de nuevo e intimidan al cura

Vos valoraredes este soberbio titular, digno de estudio -e premio- dentro do mundo xornalístico e literario. Por certo, o adxetivo “ovejicida” non está contemplado no Diccionario da RAE, polo que estou pensando en crear un grupo no Facebook para que acepten este termo.

AM

noviembre 12, 2009 at 11:44 am Deja un comentario

Un “amor” especial

Non sei que é Toño. Se foi boa ou mala persoa. Se está vivo ou está morto. Pero o que si me imaxino é que contaba -ou conta- co cariño e o afecto dunhas “amigas” tan especiais que traballaron -ou traballan- neste negocio de hostelería e ocio nocturno coñecido como Bubus.

Está claro que esta amizade barata non lle debeu de saír ao tal Toño.

Esta pintada está na zona das Cacelas en Santiago de Compostela.

QM

noviembre 11, 2009 at 6:40 pm 2 comentarios

Un pouco de historia

Foi polo ano 2000, nos mes de xullo, cando se celebrou o 35 Congreso Federal do PSOE no que os delegados e delegadas tiñas a difícil tarefa de elixir á persoa que ía a sentarse ao frente do Partido nos próximos anos.

Catro foron ás candidaturas presentadas: Rosa Díez, Matilde Fernández, José Bono e José Luis Rodríguez Zapatero. Pero dúas eran as que sonaban con máis forza, as que tiñan máis posibilidades; a do todopoderoso barón socialista, e Presidente de Castilla La Mancha, Pepe Bono; e, a dun xoven diputado leonés, Zapatero.

Todo indicaba que o presidente Bono ía a ser o novo Secretario Xeral do PSOE, sobretodo ao inicio da carreira precongresual. Bono era o gran favorito, e simbolizaba o poder, daquelas en decadencia no PSOE despois do varapau electoral, pero tamén simbolizaba a tranquilade e a moderación, a veteranía e a experiencia.

Pero despacio, e sin facer moito ruído xurdía a figura do xoven Deputado leonés, ao que moitos nin coñecían. Ese xoven, José Luis Rodríguez Zapatero, que se rodeou dun grupo de compañeiros e compañeiras que simbolizaban unha nova xeración de persoas con ganas de cambiar o Partido e as súas estruturas. Algúns vianos como un grupo de persoas irreverentes, con ambición política, e non os consideraban como un relevo axeitado, porque o que necesitaba o Partido nese momento era tranquilidade e estabilidade.

A prepotencia do candidato Bono, que ao xa creerse gañador, levouno nalgunha ocasión a cometer erros como a de presionar ou amenazar a Delegados e Delegadas, ou a representantes de Federacións; e chegou a vivirse un certo medo a posicionarse a favor doutro candidato que non fose el.

Os candidatos e candidatas visitaron as Federacións e Agrupacións presentando e explicando os seus proxectos para o Partido. Foi nesas visitas e nesas charlas cando o candidato Zapatero empezou realmente a chegar e a convencer aos compañeiros e compañeiras, principalmente porque despertaba e xeraba ilusión, e porque creía no que decía; e porque no fondo, a inmensa maioría do PSOE estaba convencida de que era necesario un cambio e quería ese cambio para poder volver a colocarse na liña de saída electoral con garantías de obter algo positivo.

Ao final, celebrouse o Congreso, e pasou algo inesperado, aínda que non sorpresivo, e o candidato Zapatero, o xoven irreverente leonés que tiña a desvergonza de enfrentarse ao aparato socialista que representaba o todopoderoso Bono, consigueu saír elixido Secretario Xeral por unha escasa diferencia de nove votos. E o tempo veu a demostrar que ás veces as apostas arriscadas, e os cambios son necesario e útiles. O candidato Zapatero convertiuse aos poucos anos no Presidente Zapatero, e o PSOE na primeira forza en España. E o resto da historia coñécemola todos e todas.

A que vén escribir hoxe sobre este anaco de historia do PSOE?. Pois a nada concreto, a que me apetece lembrar o que pasou fai algo máis de nove anos, a que un nunca pode estar convencido da victoria e actuar con prepotencia, a que ás veces –poucas- David gáñalle a Goliath, e que é bo reflexionar e saber o que queremos, e a onde queremos chegar e con quen.

AM

noviembre 5, 2009 at 1:55 pm 13 comentarios


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

  • Este domingo comezou máis cedo do habitual, ás 7 da mañá, pero valeu a pena porque foi impresionante ver a... fb.me/3V3KtgtAb 21 hours ago
  • Esta semana comezou unha brigada municipal a limpar no rural, nalgúns núcleos non se fai limpeza desde fai varios... fb.me/1IWZgthXC 4 days ago
  • Estamos ampliando a rede de abastecemento en Ames para levar a auga a varias vivendas de Firmistáns, en Bugallido. 4 days ago
  • En Negreira segue ardendo o monte, e os medios son escasos. De Ames aportamos un tractor cisterna, tamén están os... fb.me/BmZ7Yc4q 1 week ago
  • AVARÍA AUGA. Xa está restablecido o servizo de auga na maior parte da rede afectada. Operarios de Espina&Delfín... fb.me/1Dnkvea17 1 week ago

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.