Un pouco de historia

noviembre 5, 2009 at 1:55 pm 13 comentarios

Foi polo ano 2000, nos mes de xullo, cando se celebrou o 35 Congreso Federal do PSOE no que os delegados e delegadas tiñas a difícil tarefa de elixir á persoa que ía a sentarse ao frente do Partido nos próximos anos.

Catro foron ás candidaturas presentadas: Rosa Díez, Matilde Fernández, José Bono e José Luis Rodríguez Zapatero. Pero dúas eran as que sonaban con máis forza, as que tiñan máis posibilidades; a do todopoderoso barón socialista, e Presidente de Castilla La Mancha, Pepe Bono; e, a dun xoven diputado leonés, Zapatero.

Todo indicaba que o presidente Bono ía a ser o novo Secretario Xeral do PSOE, sobretodo ao inicio da carreira precongresual. Bono era o gran favorito, e simbolizaba o poder, daquelas en decadencia no PSOE despois do varapau electoral, pero tamén simbolizaba a tranquilade e a moderación, a veteranía e a experiencia.

Pero despacio, e sin facer moito ruído xurdía a figura do xoven Deputado leonés, ao que moitos nin coñecían. Ese xoven, José Luis Rodríguez Zapatero, que se rodeou dun grupo de compañeiros e compañeiras que simbolizaban unha nova xeración de persoas con ganas de cambiar o Partido e as súas estruturas. Algúns vianos como un grupo de persoas irreverentes, con ambición política, e non os consideraban como un relevo axeitado, porque o que necesitaba o Partido nese momento era tranquilidade e estabilidade.

A prepotencia do candidato Bono, que ao xa creerse gañador, levouno nalgunha ocasión a cometer erros como a de presionar ou amenazar a Delegados e Delegadas, ou a representantes de Federacións; e chegou a vivirse un certo medo a posicionarse a favor doutro candidato que non fose el.

Os candidatos e candidatas visitaron as Federacións e Agrupacións presentando e explicando os seus proxectos para o Partido. Foi nesas visitas e nesas charlas cando o candidato Zapatero empezou realmente a chegar e a convencer aos compañeiros e compañeiras, principalmente porque despertaba e xeraba ilusión, e porque creía no que decía; e porque no fondo, a inmensa maioría do PSOE estaba convencida de que era necesario un cambio e quería ese cambio para poder volver a colocarse na liña de saída electoral con garantías de obter algo positivo.

Ao final, celebrouse o Congreso, e pasou algo inesperado, aínda que non sorpresivo, e o candidato Zapatero, o xoven irreverente leonés que tiña a desvergonza de enfrentarse ao aparato socialista que representaba o todopoderoso Bono, consigueu saír elixido Secretario Xeral por unha escasa diferencia de nove votos. E o tempo veu a demostrar que ás veces as apostas arriscadas, e os cambios son necesario e útiles. O candidato Zapatero convertiuse aos poucos anos no Presidente Zapatero, e o PSOE na primeira forza en España. E o resto da historia coñécemola todos e todas.

A que vén escribir hoxe sobre este anaco de historia do PSOE?. Pois a nada concreto, a que me apetece lembrar o que pasou fai algo máis de nove anos, a que un nunca pode estar convencido da victoria e actuar con prepotencia, a que ás veces –poucas- David gáñalle a Goliath, e que é bo reflexionar e saber o que queremos, e a onde queremos chegar e con quen.

AM

Anuncios

Entry filed under: Persoal, Política, PSOE. Tags: , , .

A Policía, o vello e a ovella Un “amor” especial

13 comentarios Add your own

  • 1. Pablo Santiago  |  noviembre 5, 2009 en 3:48 pm

    E por que non é claro e di que o escribiu pensando en Moreda e Lage? Tantas voltas… Para ser críptico ou un bo creador de parábolas non se pode ser político, senón iluminado. E iluminados xa temos bastantes, non cre?

  • 2. Delfín  |  noviembre 5, 2009 en 3:53 pm

    Si.
    Dacordo nas conclusións.

  • 3. Anónimo  |  noviembre 5, 2009 en 4:22 pm

    […] […]

  • 4. Bieito  |  noviembre 5, 2009 en 4:46 pm

    meu deus, Rosa Díez, xa nin me acordaba desta muller, menos mal que non gañou nin ela nin…
    ufff, en cuanto a Bono eu diría que il é o PSOE o que Gallardón ao PP

  • 5. XAN  |  noviembre 5, 2009 en 6:15 pm

    NON NOS ESTARÁS COMPARANDO A ZAPATERO CON LAGE ??? QUE ATREVEMENTO. NON HAI COLOR.

  • 6. Víctor Conde  |  noviembre 5, 2009 en 8:57 pm

    As veces existen persoas que non entenden que estamos nunha democrácia, e non saben comprender que todo o mundo ten dereito a participar en calqueira proposta que se faga neste mundo político, e máis no mundo Socialista, que é iso “Socialista”.
    O compañeiro Blas fixo un recordo daquel 35 Congreso, o queiras entender por unha banda ou por outra. Case sempre é bo lembrar a historia, e sobre todo para aprender dos erros. E si existe a semellanza do 35 con este 1º da Coruña, que pasa? Foi un delito ou un atraco ou foi un acto de democrácia e legalidade.
    Se Blas é un iluminado por escribir e facer o que fai:
    “Que vivan os iluminados que como este non temos moitos”
    Animo Blas e continúa facendo as tuas iluminacións tan ben como ata agora.

  • 7. blas  |  noviembre 5, 2009 en 10:19 pm

    Antes de nada, grazas por participar e opinar no blog. Dicirvos que o que escribín é o que está aí, nin máis nin menos; e que cada un saque as súas conclusións e poña os nomes que queira.

    Este post é un anaco da historia dun Partido centenario, un Partido que cometeu erros e acertos, e eu considero que en xullo de 2000 os delegados e delegadas acertaron de pleno. É bo lembrar o acontecido para acertar cando sexa necesario.

    Pablo, coincido plenamente que hai moitos iluminados, ti sábelo ben, verdad?.

    Víctor, grazas polo teu comentario, pero creo que te pasates un pouco. Déboche unha cea.

  • 8. Pablo Santiago  |  noviembre 5, 2009 en 11:04 pm

    Víctor: “existen persoas que non entenden que estamos nunha democracia”… iso entenderalo ti. O nome técnico é “partitocracia”, e os que estades nos partidos de listas pechadas sabédelo ben. Democracia son verbas maiores para vós. Eu adoito chamarlle a isto que practicamos por aquí “pseudodemocracia”. E son suave.

    A historia non vale para aprender, nin dos erros nin dos acertos, como se comproba cada día, a pouco que un lea os xornais.

    “Para ser críptico ou un bo creador de parábolas non se pode ser político, senón iluminado”, dixen. E repito. Blas non é nada críptico porque, sen eu ser do partido -non estou en ningún, non mo permite o meu carácter, o que non quere dicir que sexa apolítico-, só con ler as vosas bitácoras, sei o que hai. Só o critico por non dicir as cousas claras, e darlle voltas ao que non as ten. Poderiades aprender algo de Xabier Pita, que si chama ás cousas polo seu nome.
    En canto a coñecer iluminados, non sei a que se refire, Sr. Blas. Coñezo a máis vendedores de bombillas…

  • 9. blas  |  noviembre 5, 2009 en 11:21 pm

    Pablo, non te esquezas de apagar a luz ao saír. Grazas.

  • 10. Victor Conde  |  noviembre 6, 2009 en 1:45 pm

    Estimado Pablo:
    No meu Partido, no meu, non sei por ahí noutros, que xa hai uns cuantos, somos libres, ninguén nos apuntala cun coitelo para encher listas electorais, é máis, os nosos representantes nestas listas teñen a liberdade de entrar e sair cando o queiran.
    Os do Partido Popular, teñen outras maneiras de actuar, ideas un pouco máis achegadas ao teu pensamento. Os que rechean as súas listas van impostos por un dedo en determinado momento, e ademais teñen que cumprir un determinado perfil e acatar o mandato imposto.
    A historia non vale para aprender no caso de que non fagas caso dela. Se ti vas pola rua e pisas unha cagada de can seguro que cando voltes a pasar polo mesmo sitio lembraras que a ultima vez que pasaches por ahí pisaches merda. Se non o recordas non estas facendo caso a historia. Se o lembran e cambias de camiño ou corrixes o camiño, si estás facendo caso a túa historia.
    Os Socialistas as veces non facemos caso a historia, por iso as veces é bo, como ben fixo o compañeiro Blas, recordala.
    Seguramente, cando saliches apagaste a luz, se non foi así, sintoo moito.
    Eu si penso manter as lucen encendidas, non vaia ser que alguen de outros lares……

  • 11. MILITANTE DISOLTO DE CAMBRE  |  noviembre 6, 2009 en 2:52 pm

    ¿que pasa en Cambre?
    Ben co fixestes
    Mar Barcón ¿renovadora?
    Pobre Lage
    un saudo

  • 12. Demiurgo  |  noviembre 8, 2009 en 2:30 am

    Ben….ó final resultou ser iso, un anaco de historia. Dunha historia que é un orguio para todos os socialistas. E aínda así,, cun resultado tan claro, nunca me atrevería a comparar a Zapatero con Moreda nin a Bono con Lage.

  • 13. José Castro  |  noviembre 16, 2009 en 3:38 am

    As veces, coma dis, david se come a Goliath, sobre todo cando o primeiro ten ademais de máis intelixencia que o primeiro, máis iniciativa, frescura e orixinalidade … as veces, sobre todo nos momentos difíciles, recordar é necesario para saber quenes somos, de onde vimes e a onde vamos …. UNA APERTA DENDE BUEU BLAS

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: