Igualdade real

noviembre 20, 2009 at 6:43 pm 5 comentarios

Levo varios días dándolle voltas na cabeza a un post sobre a muller e a política. E non quero deixar pasar a ocasión, agora que teño algo de tempo, de dar a miña opinión sobre a representación femenina nos postos de responsabilidade, e máis despois de celebrarse o 76º aniversario do sufraxio femenino en España, ou da recente concentración de protesta das Eurodeputadas pola escasa presenza de mulleres nas institucións europeas.

Está claro que a política e o poder segue a ser machista e masculina. Os homes ocupan a meirande parte dos postos de poder e responsabilidade tanto nos partidos políticos coma nos gobernos e institucións; e, iso é algo incuestionable. Eu nunca fun un defensor acérrimo das cuotas nas candidaturas electorais, porque penso que as persoas que teñen que ir nas listas deben de ser as mellares e/ou as máis preparadas, independentemente de si son homes ou mulleres, heterosexuais ou gais, xóvenes ou vellos, guapas ou feos. Ben sei que esto é un sono, agora mesmo só é unha frase feita que soa moi ben, e que seguramente moitos dos nosos representantes din nos mítines ou en actos, pero á hora de elexir ou propoñer vanse a inclinar polo home, e apartar á muller.

Enfádame moitísmo que se poida chegar a eses extremos de machismo, ou de ignorancia e falla de responsabilidade; e, máis cando eso ocurre no meu Partido, que precisamente foi o que máis fixo en toda a historia de España pola igualdade de sexos e pola defensa da Muller. Pero, cando descendes á crúa realidade, ás diferentes delegacións da empresa matriz chamada PSOE, ves que non é así. É case imposible que unha muller sexa Secretaria Xeral, moi difícil que sexa Secretaria de Organización, …, pero case todas as secretarías de benestar social, ou asuntos sociais (o 95 %) están ocupadas polo sexo femenino. Digo eu que as féminas do PSdeG saberán de máis cousas que o benestar!!.

Pero, resulta aínda máis grave cando se escolle a unha muller para que ocupe postos “decorativos”, ou para saír na foto, out amén para rellenar e despois poder vender que se cumple a paridade. Se agora mesmo no noso país máis do cincuenta por cento da población é femenina, e as mulleres son porcentualmente e por bastante diferencia as que máis se licencian na universidade, é doado cegar á conclusión de que “habelas hainas” para ocupar cargos de importancia e de responsabilidade.

Pero, se todo isto me enfada terriblemente, o que realmente me pon de “mala hostia” –perdón pola expresión- é cando ves como as que enarbolan a bandeira da igualdade conseguen colocarse, e despois pechan a boca por medo a perder o seu status. E, por riba intentan non deixar destacar a ningunha outra por medo a perder o seu sitio, e só traballan bombardeando e boicoteando ás do seu mesmo sexo.

A igualdade é cousa de todos e de todas, porque vai en beneficio da sociedade que os mellores, sexan homes ou mulleres, ocupen os postos de responsabilidade.

AM

Anuncios

Entry filed under: BNG, Galicia, Goberno, Persoal, Política, PP, PSdeG-PSOE, PSOE, Xeral, XSG, Xunta. Tags: .

Os “Perros Ovejicidas” de El Correo 7 anos ás 7

5 comentarios Add your own

  • 1. cata  |  noviembre 20, 2009 en 10:41 pm

    pois non podías explicalo mellor: facemos un discurso cara afora que logo non aplicamos dentro. Unha estafa para a sociedade e sobre todo para a metade da población, e un desperdicio de enerxía e talento (que o hai).
    De todas formas, bendita lei de igualdade, se non fose por Zapatero nin á paridade de facto chegaríamos.

  • 2. Xabier Pita Wonenburger  |  noviembre 21, 2009 en 1:49 pm

    Si señor, así se habla. Correctísimo.

  • 3. xiabre  |  noviembre 23, 2009 en 1:12 am

    ¿cómo se fan a listas electorais por exemplo? poñense os nomes enriba da mesa ao rematar a frase é: ¡faltan mulleres para reencher ( eso xa temos o piso agora imos decoralo)

  • 4. Compañeira  |  noviembre 23, 2009 en 11:53 am

    Xiabre, a última frase é moi boa.

    Blas, tes toda a razón, eu o que levo comprobado dende que milito é que o noso partido (PSdeG-PSOE) é conservador e machista, de cara a galería intentamos demostrar que somos moi progresistas, o que pasa é que, si escarbas un pouquiño, xa comprobas como os postos de relevancia só os ocupan os varóns. Por iso que a realidade se demostra con feitos e non só con palabras.

  • 5. Manolo  |  noviembre 24, 2009 en 12:43 am

    Ademais de ser certo que as mulleres son porcentualmente as que máis se licencian na universidade, tamén é certo que son as que mais se adican ás labores do campo, ás labores de apoyo ó sector pesqueiro, nas explotacións do pequeno comercio, en moitos dos niveis da administración, dos hospitais, da educación, e ainda encima de todo elo, case todas seguen fora da xornada laboral cas tarefas do fogar, de coidado dos fillos e dos maiores.
    Polo que está claro que teñen ben merecido e lles corresponde unha maior participación tamén na vida política. Negalo explícita ou implicitamente é un gran erro, veña de donde veña.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

noviembre 2009
L M X J V S D
« Oct   Dic »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: