Archive for diciembre, 2009
O Chorizo de Rajoy
Rajoy quixo quitarse unha foto facendo de bo samaritano, e el e os seus asesores decidiron ir a un comedor social. Disque Rajoy fixo un cocido galego (con unto?) e despois enfundouse nun «traxe» blanco inmaculado (coma unha virxe calquera) e púxose a repartirlle comida aos pobres. Que boa persoa é este Rajoy!!
Pero nin el, nin os seus asesores se deron conta que se puxo ao carón da fonte dos chorizos (normal, é do que entende), ata que alguén o avisou de que non era o máis apropiado que o fotografiaran rodeado de tantos chorizos (con todos os que ten no PP xa lle chega). Foi entón, cando o bo samaritano se cambiou de fonte e seguiulle repartindo comida aos pobres. Que santo Mariano!!. Mágoa de chorizos!!
Grazas a Lois García Carballido polo enlace do vídeo
SQCQM
Outra folga de fame
Acabo de leer en La Voz de Galicia:
«Catro traballadores despedidos inician unha folga de fame subidos a un guindastre do porto de Vigo».
Agora que van deixar marchar para o Aiún a Haidar, imaxínome que todo este séquito de buscadores de fotos e protagonismo sairán correndo para Vigo a apoiar a estes traballadores.
Uff!! como me gustaría ver a Rosa Díez colgada dun guindastre ao carón destes traballadores.
Aminatou e o foco mediático
Desde logo que non vou a ser eu o que lle quite méritos –faltaría máis- a Aminatou Haidar. Hai que recoñecer que é unha loitadora, un exemplo a seguir para todos e todas.
Pero, eu creo que todo o asunto que está acontecendo agora estase a desmadrar u pouco, e penso que ocurre esto porque os medios de comunicación colocaron o seu foco informativo sobre Aminatou, e como non hai máis carnaza informativa fai que todo xire ao seu redor. Sen dúbida esto é moi bo para a causa saharaui que ela defende; e é un tremendo erro que está a cometer o pobo marroquí, xa que está a permitir que se fale en todo o mundo dun tema que a eles nada lles convén, e sobre todo que a están a convertir nunha mártir.
A min o que me sorprende de todos estes días –hoxe fai un mes- é a enorme popularidade adquirida por esta muller, que se convirteu nunha atracción na que non pasa un día na que non haxa político, actor, escritor ou famosillo que se achegue a Aminatou para sacarse unha foto ao seu carón. Nestes días vimos espectáculos tales como que os republicános pedían a intervención do Rey Juan Carlos ou a políticos como Rosa Díez –pouco amiga do protagonismo- que se convertía nunha especie de Isabel Gemio; en definitiva unha especie de esperpento mediático nalgúns casos.
Desgraciadamente os humanos temos unha memoria débil, e lembrámonos do que queremos en función de se nos interesa. E a min, dame moita pena que agora esta muller e causa pola que loita sexan portada de todos os informativos e todos debamos de ser solidarios. Pero tamén me lembro dun tal chaval de 25 anos, chamado Diego P.V. ao que todos quixemos linchar por ser o asesino e violador dunha nena de tres anos. Os medios de comunicación xulgárono e condenárono, e todos e todas lle fixemos seguidismo e aplaudiamos o linchamento público ao que foi sometido; pero despois demostrouse que non era certo e o asesinato resultara unha caida accidental e da violación non había probas. E Diego P.V. pasou das portadas ás colas dos programas, e ningún xornalista lle pediu perdón, e ningún político, actor, escritor ou famosillo se achegou a este xoven de 25 anos para solidarizarse con el polo dano que lle causaron. Quince días despois xa ninguén se lembra de Diego PV?.
Aínda que os casos son distintos, eu espero que a Aminatou Haidar non a deixen soa cando os medios de comunicación decida apagar o seu foco mediático, e os buscadores de protagonismo localicen outro branco sobre o que “revolotear”
AM
Cayo Lara e o Rey
Cayo Lara é o novo Coordinador de Izquierda Unida. E Izquierda Unida e esa coalición de partidos de tendencia republicana, entre o que se atopa o Partido Comunista, do que precisamente ven o seu Coordinador.
Cayo Lara é, segundo ten manifestado abertamente, un republicano convencido. Tan convencido, que nunha xuntanza co Rey Juan Carlos I lle trasladou os plans de IU para rematar coa monarquía. Si, si, díxolle ao propio monarca como pretendían que voltase a III República a España (por certo, ao enemigos nunca se lle desvelan os plans).
O motivo deste post non é que eu esté xirando cara a IU –nin moito menos-, a razón desta introducción sobre Cayo Lara e a Coalición que representa é para comentar unha nova que percorre hoxe todos os medios de comunicación, e na que o Coordinador de IU pídelle, mediante unha carta, ao Rey Juan Carlos I para que interveña e medie no caso de Aminetu Haidar.
Hai veces que me dá a sensación de que o mundo está ao revés. E esta ocasión é unha delas: Cayo Lara pedíndolle axuda ao Rey. Ver para crer!!
AM
Rajoy 2.0 ou Rajoy de la Calzada
Rajoy acaba de convertirse no maior defensor da liberdade en Internet; pero non en todos os sitios, só en España. Porque ademais, España non debe de ser Europa nin para o PP nin para Rajoy.
Resulta que fai a finais de novembro o PP votou a favor no Parlamento Europeo do chamado “Paquete Telecom”. Este controvertido conxunto de medidas (composto por dúas directivas e un regulamento), permite o corte de internet aos usuarios e usuarias que descarguen contidos ilegais desde o seu ordenador sin que sexa necesaria unha orde xudicial previa. A que esto vos soa familiar? Pois si, é a mesma medida que orixinou durante esta semana tanto revuelo na rede, e fóra dela.
O internauta Rajoy, quixo sumarse a toda esta cibermovida e está intentando a toda costa sacar tallada política, algo que por outra banda non é novo, xa que o intenta facer sempre. Pero, porque esta normativa vale para un sitio (Parlamento Europeo) e non para outro (España)? É algo que aínda Rajoy non contestou, porque está tan ocupado en actualizar o seu vídeoblog e en organizar xuntanzas cos gurús 2.0, que non foi capaz de atopar a resposta. Por certo, unha vez que esta normativa se aprobou no Parlamento Europeo, nun prazo non superior aos 18 meses deberase de aplicar en España.
O “blogger” Rajoy, non quixo deixar escapar a ocasión, e ata bromeu co asunto durante unha rolda de prensa en Las Palmas de Gran Canaria:
“Yo voy a colgar, con el permiso del presidente del Gobierno de Canarias, esta rueda de prensa en mi ‘blog’, a ver si me da tiempo, no vaya a ser que el señor Rodríguez Zapatero, antes, me cierre mi página y me genere un problema”.
Non cabe dúbida de que Rajoy é un cachondo, porque non hai máis que mirar o seu vídeoblog. E eu aproveito para pedirlle a Zapatero que enlace o vídeoblog á web do PSOE, á da Moncloa, e que o publiciten todo o que poidan, porque ver a Mariano nos vídeos que colgan non ten prezo. É máis gracioso que un “sketch” de Chiquito de la Calzada. Esa imaxe de Rajoy mirando á cámara de frente, ou rodeado de nenos e nenas mentras pasa a lengua polos beizos, paseando pola praia, … Rajoy 2.0 é un monstruo … da interpretación!! Que gran actor se perdiu. E cantos votos lle da ao PSOE. Grazas Mariano!!
AM
Comentarios