Aminatou e o foco mediático

diciembre 15, 2009 at 7:15 pm 3 comentarios

Desde logo que non vou a ser eu o que lle quite méritos –faltaría máis- a Aminatou Haidar. Hai que recoñecer que é unha loitadora, un exemplo a seguir para todos e todas.

Pero, eu creo que todo o asunto que está acontecendo agora estase a desmadrar u pouco, e penso que ocurre esto porque os medios de comunicación colocaron o seu foco informativo sobre Aminatou, e como non hai máis carnaza informativa fai que todo xire ao seu redor. Sen dúbida esto é moi bo para a causa saharaui que ela defende; e é un tremendo erro que está a cometer o pobo marroquí, xa que está a permitir que se fale en todo o mundo dun tema que a eles nada lles convén, e sobre todo que a están a convertir nunha mártir.

A min o que me sorprende de todos estes días –hoxe fai un mes- é a enorme popularidade adquirida por esta muller, que se convirteu nunha atracción na que non pasa un día na que non haxa político, actor, escritor ou famosillo que se achegue a Aminatou para sacarse unha foto ao seu carón. Nestes días vimos espectáculos tales como que os republicános pedían a intervención do Rey Juan Carlos ou a políticos como Rosa Díez –pouco amiga do protagonismo- que se convertía nunha especie de Isabel Gemio; en definitiva unha especie de esperpento mediático nalgúns casos.

Desgraciadamente os humanos temos unha memoria débil, e lembrámonos do que queremos en función de se nos interesa. E a min, dame moita pena que agora esta muller e causa pola que loita sexan portada de todos os informativos e todos debamos de ser solidarios. Pero tamén me lembro dun tal chaval de 25 anos, chamado Diego P.V. ao que todos quixemos linchar por ser o asesino e violador dunha nena de tres anos. Os medios de comunicación xulgárono e condenárono, e todos e todas lle fixemos seguidismo e aplaudiamos o linchamento público ao que foi sometido; pero despois demostrouse que non era certo e o asesinato resultara unha caida accidental e da violación non había probas. E Diego P.V. pasou das portadas ás colas dos programas, e ningún xornalista lle pediu perdón, e ningún político, actor, escritor ou famosillo se achegou a este xoven de 25 anos para solidarizarse con el polo dano que lle causaron. Quince días despois xa ninguén se lembra de Diego PV?.

Aínda que os casos son distintos, eu espero que a Aminatou Haidar non a deixen soa cando os medios de comunicación decida apagar o seu foco mediático, e os buscadores de protagonismo localicen outro branco sobre o que “revolotear”

AM

Anuncios

Entry filed under: Medios de Comunicación, Persoal. Tags: .

Cayo Lara e o Rey Lage, un amigo. Intervención no Congreso de A Coruña

3 comentarios Add your own

  • 1. evatome  |  diciembre 16, 2009 en 12:30 pm

    Como xa che dixen, síntome profundamente “ofendida” porque non falaches do meu ídolo mediático “Moisés” o neno obeso de Ourense…, sen dúbida un dos grandes protagonistas destes dous últimos meses na televisión

  • 2. carmen  |  diciembre 16, 2009 en 11:05 pm

    Estou de acordo co que dís, Blas, pero a valentía que esta muller esta demosrando e moi forte. A puñetera política, intereses, orgullo, prepotencia, e tamén o puñetero protocolo, son algunhas das causas polas que pasan estas cousas, eu non sei o que faría se me separan dos meus fillos deste xeito………….

  • 3. Freiman  |  diciembre 31, 2009 en 6:17 pm

    * Ya se lo expuse a tus compañeros del PSOE (Madrid). Las noticias apuntan a una entente entre Marruecos y Madrid, aúnque podría ser consecuencia de los Acuerdos de la UE.
    El tema es que España abandonó el Sahara, en la transición, a su suerte. Con los acuerdos de Madrid, Marruecos y mauritania se repartieron el territorio, que trás la ´”cesión” de Mauritania quedó en su totalidad en manos de Marruecos.
    Marruecos no es un país democrático, su Monarquía es feudal, y ese territorio no es de Marruecos. España debe recuperar la soberanía sobre el territorio o ceder el territorio a los habitantes del mismo, aquellos o sus descendientes, que habitasen la Colonia y Provincia Española en el momento del abandono. España es responsable de lo que suce en el Sahara. El Gobierno debe actuar en consecuencia.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

diciembre 2009
L M X J V S D
« Nov   Ene »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Más fotos

A %d blogueros les gusta esto: