Archive for enero, 2010
El Plural
Onte pola noite Javier Castelo mandábame un mail no que me dicía que o meu blog saía no dixital El Plural.
Confésovos que a nova alegroume e que é unha satisfacción que de vez en cando citen o blog nos medios. Pois eso, que só quería comentalo con vós, e de paso presumir un pouco.
Ahh!! A razón de que me citen é pola caricatura de Xosé Lois que censurou La Región.
Deixovos o enlace, por si queredes ler o resto da nova.
AM
Unha de censura!!
Chégame por mail un correo dun amigo de Ourense. Está claro que non vos vou dicir quen é, porque así mo pide. Este colega das burgas mándame un debuxo do Carrabouxo, e cóntame que disque «los poderes fácticos» non autorizaron a súa publicación no xornal La Región. O sea, o que se chama unha censura en toda regla, das de toda a vida.
A verdade é que o debuxo está ben, e ten a habitual retranca do xenial Xosé Lois. Pero, eu creo que ten feito cousas con bastante máis «maldade» ca esta. Semella que nesta ocasión o «Papi» está máis susceptible, pero é normal; tanto el coma o fillo atópanse en campaña electoral por manter o poder, e … coas cousas de comer non se xoga.
Para os que sexan de fóra de Galicia, e non entendan a gracia da viñeta recoméndovos este enlace do xornal El Pais.
ACTUALIZACIÓN:
13/01/2010. Xose Lois recoñece ao Galicia Confidencial que o censuraron «por considerar que podía ser malinterpretada en ámbitos políticos». Pero o que máis me sorprende é que afirma que o entendiu, e que non é a primeira vez. Con todos os meus respectos teño que manifestar que non entendo como un profesional progresista, e nos tempos que corren pode permitir que o censuren tantas veces. Pero, … cada un é cada un!!
In the ghetto … houlléaaaa!!
Elvis Presley, se vivise, cumpliría hoxe 75 anos. Nos Estados Unidos os seus «fans» están celebranbdo por todo o alto esta data, e eu non quería deixar pasar o día sen facerlle unha pequena homenaxe.
O vídeo que vos deixo é unha versión do seu famoso «In The Guetto», pero perpetrada polo fantástico Príncipe Gitano.
A razón de poñer esta versión é tamén para que os galegos e galegas nos vaiamos acostumando á lingua inglesa, porque dentro de pouco, e grazas ao decreto plurilingüe do noso amado presidente, Alberto Núñez Feijóo, en Galicia cantaremos en inglés coa soltura do … cantante? valenciano.
Fumar ou non fumar? Mellor non facelo!!
Eu son exfumador. Desde fai quince meses deixei de queimar Ducados; sobre dous paquetes consumía diariamente, en función dos nervios e do nivel de “stress”. E teño que confesarvos que é algo do que máis satisfeito me sinto, de ter a forza de vontade suficiente para poder aguantar todo este tempo sin levarme un pitillo á boca e, sobre todo, de non botar nada de menos ese horrible vicio.
Que gañei con deixar de fumar?. Pois máis saúde, un aforro económico importante (máis de 1500 euros ao ano), recuperei sentidos que antes tiña atrofiados: o gusto e o olfato, …, en definitiva, que deixar de fumar son todo vantaxes.
Teño que decir tamén, que eu non son agora un deses exfumadores talibáns, que non poden ver o tabaco e que non insultan e persiguen aos fumadores; non, para nada!! Pero, si teño que decir que apoio e respecto a prohibición total de fumar en lugares públicos, pero por unha sinxela razón: os fumadores son unha tremenda minoría (o 30% da poboación). E polo tanto, non é lóxico que os fumadores poidan campar ás súas anchas e reivindicar o seu dereito a fumar con total liberdade e impunidade.
Creo tamén, que a escusa dos representantes da hostelería non ten base, e carece de toda lóxica e razón. Resulta que estes poñen como escusa que con esta nova lei van a perder a súa clientela e moitos locais de hostelería terán que pechar, co cal se incrementará enormemente o paro; o mesmo que dicían fai catro anos, e por certo, por onde eu vivo non pechou ningún local hosteleiro por mor da prohibición de fumar. Ademais, todos e todas sabemos como aplicaron a legislación antitabaco a maioría dos locais hosteleiros: cunha permisividade total cara os fumadores. En cantos sitios que había o cartel de sitio sen tabaco deixaban fumar? En demasiados.
Lembro un día que fun a cear a Vigo coas miñas fillas (5 e 10 anos daquela) e nos sentaron nunha mesa ao carón dunha columna da que colgaba un deses carteis que poñían que non se podía fumar, e se había menores de 16 moito menos. Pois a realidade é que na mesa había cinceiros, e que podíase fumar con total liberdade, …, ata o camareiro che daba lume.
Remato, e digo que o que queira fumar que fume, pero que respecte aos que non queren respirar o seu fume. A liberdade dun remata onde empeza a dos demais. E quero darvos un consello aos fumadores: intentade deixar de fumar, custa traballo, moito, …, sobretodo os primeiros quince días. Pero vale a pena. E se necesitades axuda, aquí estou!
AM
As subastas do PP
Está claro que o goberno de Feijóo é un goberno de subastas. Á grandísima idea dos “cachorros” populares de subastar diversos obxectos dos seus mitos e referentes políticos: Alfonso Rueda, Rosa Quintana, Pilar Rojo, etc. Tamén teñen a brillante idea de sortear unha cea en MONTE PÍO co presidente da Xunta. E en palabras da voceira dos “cachorros e cachorras” populares, María Seoane, “en cuanto se lo propusimos al presidente, este accedió encantado. Todo sea por una buena causa”. Pero é que non se dan conta de que están subastando –os de Novas Xeracións– unha cea –que pagamos todos os galegos e galegas- co presidente da Xunta –de todos os galegos e galegas- e en Monte Pío –na residencia oficial que pagamos todos os galegos e galegas- A verdade é que todo esto é unha coña, eu creo que non saben que o día dos Inocentes xa pasou.
Está claro que ao goberno de Feijóo gústanlle as subastas, empezaron polos Audis e seguen con ceas en Monte Pío. E a subasta dos Audis non tivo moito éxito, xa que de vinte só se venderon tres.
Que pode ser o seguinte. Eu vou a dar unhas ideas: Unha noite de copas con Alfonso Rueda, un fular do conselleiro de Educación, uns tirantes de don Manuel, un paseo no Citroen “regalado” de Feijóo, ou dous no de Negreira, …, buff!! Non sei tantas cousas ten este goberno para subastar.
Pero, no canto de xogar coa frivolidade, e facer unha especie de supermaratón televisivo similar a aqueles que facían tempos atrás nas televisións; porque non abren a súa “chequeira” e fan un donativo do seu peto para tan noble causa. Por certo, medo me dá que o vindeiro ano non se lle dé por organizar un programa na TVG o día de nadal. Ufff, que medo!!. Xa o estou vendo … chamaríanlle “Superpopulares, o sea!!”, presentaríao María Seoane e o conselleiro de Educación (tal Esteban e Jorge Javier) e estaría dirixido e producido por Gayoso. Que marabilla de programa, estaría superguai.
Que barbaridade!!
AM
Comentarios