Archive for febrero, 2010

Esto solo lo arreglamos entre todos

Queremos arranxar isto, e non imos agardar a que alguén o faga por nós.

Porque, se non o arranxamos nós, quen o vai facer?

Levamos demasiado tempo vendo en todas partes o mal que está todo. É case o único que nos contan.

Pero a crise non só está aí fóra, tamén está nas nosas cabezas. Fixéronos perder a confianza, contaxiounos o pesimismo, o desánimo.

Isto é o primeiro que debemos arranxar, queremos recuperar a confianza.

Temos motivos para nos animarmos. Nesta web atoparás moitos. Historias de xente coma ti e coma min, que se enfrontaron ao momento, que demostran

que con ilusión, creatividade, esforzo e compromiso se pode conseguir todo.

Xente que cre en si mesma e o demostra a cotío desafiando a crise.

Por exemplo, sabías que cada mes se crean cinco mil empresas neste país? Non che parecen cinco mil poderosas razóns para crer?

Queremos que coñezas esas e outras historias, que te inspiren, que te animes, que as compartas, que formen parte das conversas e que consigamos que acaben chegando aos medios de comunicación, aos telexornais, aos editoriais, entre as noticias do malo e o peor.

Temos que contaxiar a confianza do mesmo xeito que se contaxiou o pesimismo.

Porque cando ti, e ti, e ti, e eu, nos convertemos en nós, non hai nada que non poidamos arranxar.

Esto é o texto dunha iniciativa que está impulsada pola Fundación Confianza, entidade sen ánimo de lucro nin afiliación política apoiada por 18 empresas españolas de envergadura (Telefónica, Iberia, El Corte Inglés, Banco Santander e BBVA, entre outras) que achegaron entre 150.000 e un millón de euros. A campaña publicitaria ten a súa peza clave na web http://www.estosololoarreglamosentretodos.org e apoiarase en anuncios en televisión, radio e prensa escrita. O seu obxectivo é informar aos cidadáns de iniciativas anónimas que tiveron éxito a pesar da crise. Conta cun orzamento de catro millóns de euros e destinaranse 600.000 a mellorar a imaxe de España no estranxeiro, co foco en Londres e Nova York.

Sen dúbida unha idea interesante e moi positiva, da que todos deberiamos coller bo exemplo. Eu xa o fixen, agora tócache a ti. Dalle unha visitiña a esta web e atende ao que nos contan persoas como Stella Pires, Pau García-Milà y Marc Cercós, Jacinto Oliva ou El Langui.

AM

febrero 26, 2010 at 2:30 pm Deja un comentario

Sentidiño!!

Pleno do Parlamento de Galicia

Non podo evitalo. Ao mellor esto que vou a escribir non gusta, pero teño que facelo. Pídemo a miña dignidade.

Estou en contra de que os parlamentarios e parlamentarias cobren dietas por asistir aos plenos e ás comisións. Porque? Porque é o seu traballo!! E ademais porque o seu salario xa está bastante ben, moi ben.

Un parlamentario ou parlamentaria cobra en torno aos catro mil euros ao mes, ademais de dispoñer doutra serie de vantaxas que non teñen o resto dos traballadores e traballadoras da pé. Polo que é excesivo que, aínda teñan como complemento o pago dos desprazamentos.

Cantos traballadores hai que a súa empresa lles pague o quilometraxe por ir a traballar?? Moi poucos!! Só uns privilexiados.

Sen meter o dedo máis na ferida, sobretodo porque non quero que ninguén se enfade co meu post, vou a rematar pedindo moito sentidito co que se fai, no que se di e como se actúa, porque xa a política está bastante devaluada …

AM

febrero 24, 2010 at 6:32 pm 7 comentarios

Unha idea. Un camiño. Un obxectivo

Dous rapaces galegos: Juan Rivas “Coru” e Andrés Fraga queren dar 6 millóns de pasos. Ou o que é o mesmo, percorrer 6000 km, entre o cabo de Nordkapp en Noruega e Santiago de Compostela, seguindo un dos trazados do Camiño de Santiago.

A aventura é espectacular, xa que cruzarán toda Europa visitando as cidades e lugares máis representativos do camiño. E vivindo situacións tan extremas como poden ser os -15º da planicie polar de Laponia ou as terrazas soleadas de Praga. Pero ademais, todos nós poderemos compartir esta aventura con Coru e Andrés desde as nosas casas, xa que nos irán contando a través da rede as súas emocións, as súas vivencias, a súa experiencia. A través das redes sociais máis populares poderemos ir coñecendo e vivindo con eles os 6 millóns de pasos.

Pero esta viaxe necesita algo moi importante para poder realizarse, necesita axudas económicas e patrocinio. Así que aproveito para animar a aqueles que poidan patrocinar ou axudar económicamente a estes dous rapaces para realizar este duro camiño. Non estaría mal que o propio Xacobeo lles dera uns cantos euros, xa que ao igual que fixo con outras actividades e outras persoas, esta idea innovadora merecería un apoio institucional.

Remato felicitando a Coru, ao que non coñezo persoalmente, e a Andrés Fraga, ao que si coñezo a través da súa actividade profesional como fotógrafo; e desexándolles aos dous que teñan sorte e poidan realizar esta interesante viaxe coa que todos poderemos desfrutar.

Como podes seguilos:

Web
Facebook
Twitter
Flick
YouTube
Tuenti
Latri.ca
Vimeo

AM

febrero 24, 2010 at 2:08 pm 1 comentario

Probando WP no IPhone

Imos camiño de Santiago, para a Rúa do Pino. Agora mesmo na Autoestrada de Lalín, e eu vou probando se funciona a app que me descarguei do ITunes para o IPhone.

Chove con forza e de fondo soa Sabina, aínda que Víctor ao principio púxonos a Diango. Que triste!!. Vimos de Portomarín de gravarlle unha entrevista a Silvia a alcaldesa. Sairá publicada no boletín.

Pois nada máis, como proba xa chega. A ver se funciona.

febrero 19, 2010 at 2:45 pm Deja un comentario

Liberdade de expresión

Dime con quen andas, e direiche que eres!!

Dime con quen andas e direiche que eres!!

Non estou dacordo compañeiros e compañeiras!! Non coincido coa campaña que se está a xerar na rede contra Adolfo Domínguez!!

Explícome: Primeiro quero deixar claro que non son nin admirador, nin cliente das súas tendas. Nunca comprei nada da marca de Adolfo Domínguez, alomenos que eu lembre. Pero, teño que decir, que en aras da liberdade de expresión á que tanto nos referimos, e pola que tanto loitamos, e da que tanto escribimos; creo que debemos de respectar as opinións realizadas por este cidadán e empresario –non entro a valorar si bo ou malo-.

Creo que non debemos de ser, precisamente os e as socialistas os que censuremos e/ou boicoteemos a persoas que expresen públicamente a súa opinión. Libres seremos despois cada un de nós, de xeito voluntario de mercar ou non as súas prendas.

Eu coincido coa maioría de vós en que o que Adolfo Domínguez dixo é unha barbaridade e un ataque ao sistema laboral, pero tamén coincidiredes conmigo en que non é o único empresario deste país que opina eso, o que si é o único que se atreveu a dicilo en público.

Ante todo, e sobre todo liberdade de expresión. Porque eso tamén axuda a que moitas persoas “celebres” deste país se quiten a careta.

É dicho!! 😉

AM

febrero 4, 2010 at 12:45 pm 1 comentario

Son un cibervago

Xúrovos que me está entrando un complexo de vago terrible. Cada vez que entro no Google Reader, onde teño «fichados» a todos os blogs de xente do Partido e das Agrupacións, entrame unha «depre» terrible.

Hai compañeiros e compañeiras que actualizan os seus blogs case a diario. Buffff!!!. E eu non son capaz de actualizalo con cousas serias nin unha vez á semana. Son un vago!?

O traballo ocúpame todo o día -como é lóxico-, e pola noite estou tan farto de ordenador que non poido nin achegarme a el. No traballo subo vídeos, fago e maqueto boletíns, actualizo as redes do PSdeG, …, varias cousas. E claro, cando quero facer algo teño os dedos e o cerebro entumecidos.

Bahh! que non me enrollo máis. Que si, que seguramente serei un «cibervago», pero tamen vos digo unha cousa: hai persoas que moito tempo libre teñen.

Aproveito para recomendarvos a lectura do novo número do Boletín SPM. Está moi ben.

AM

febrero 2, 2010 at 8:36 pm 1 comentario


Calendario

febrero 2010
L M X J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.