Unha idea. Un camiño. Un obxectivo

febrero 24, 2010 at 2:08 pm 1 comentario

Dous rapaces galegos: Juan Rivas “Coru” e Andrés Fraga queren dar 6 millóns de pasos. Ou o que é o mesmo, percorrer 6000 km, entre o cabo de Nordkapp en Noruega e Santiago de Compostela, seguindo un dos trazados do Camiño de Santiago.

A aventura é espectacular, xa que cruzarán toda Europa visitando as cidades e lugares máis representativos do camiño. E vivindo situacións tan extremas como poden ser os -15º da planicie polar de Laponia ou as terrazas soleadas de Praga. Pero ademais, todos nós poderemos compartir esta aventura con Coru e Andrés desde as nosas casas, xa que nos irán contando a través da rede as súas emocións, as súas vivencias, a súa experiencia. A través das redes sociais máis populares poderemos ir coñecendo e vivindo con eles os 6 millóns de pasos.

Pero esta viaxe necesita algo moi importante para poder realizarse, necesita axudas económicas e patrocinio. Así que aproveito para animar a aqueles que poidan patrocinar ou axudar económicamente a estes dous rapaces para realizar este duro camiño. Non estaría mal que o propio Xacobeo lles dera uns cantos euros, xa que ao igual que fixo con outras actividades e outras persoas, esta idea innovadora merecería un apoio institucional.

Remato felicitando a Coru, ao que non coñezo persoalmente, e a Andrés Fraga, ao que si coñezo a través da súa actividade profesional como fotógrafo; e desexándolles aos dous que teñan sorte e poidan realizar esta interesante viaxe coa que todos poderemos desfrutar.

Como podes seguilos:

Web
Facebook
Twitter
Flick
YouTube
Tuenti
Latri.ca
Vimeo

AM

Anuncios

Entry filed under: Curiosidades, Deportes, Enlaces, Galicia, Persoal. Tags: .

Probando WP no IPhone Sentidiño!!

1 comentario Add your own

  • 1. Andrés Salgado  |  febrero 24, 2010 en 9:06 pm

    Xa estamos con estas historias… xa postos, que o faga Juancho Armental a nado… Parece que non nos valeu o ridículo de David Meca no Ulla, que temos que repetir con estas parvadas. Como vostede pide na outra entrada (e estou totalmente de acordo, que xa os parlamentarios cobra abondo) SENTIDIÑO!
    E non lle digo “austeridá” para non molestalo…

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Calendario

febrero 2010
L M X J V S D
« Ene   Mar »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

O meu Twitter

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

A %d blogueros les gusta esto: